Luns, 16 de Febreiro de 2009

Hoxe é o Big Culo Day

O rei Nikochan co seu criadoPor iniciativa de Jotacé hoxe celébrase o Big Culo Day ou Grande Día do Cu Comiqueiro, algo que nun principio só seguían catro blogs frikis, pero que este ano evolucionou a todo un fenómeno ao que se apuntaron varios centos de blogs hispanos.
Ante tal marabunta non me queda outro remedio que buscar algún cu comiqueiro, para o que o normal sería buscar entre comics de Adam Hughes ou de Al Río, pero que este ano perderon algo de peso e coido que a serie da JLA e os comics de Frank Cho serían os máis representativos do xénero.
Postos a elixir entre a Liga da Xustiza e Cho, teño que admitir a miña debilidade polo ilustrador de Liberty Meadows (tira cómica que seguín de principio a fin), do que atopei unha historia das The Many Worlds of Tesla Strong, que podería ser moi relevante para unha data como a de hoxe.
O cu de Tesla Strong
¿E por qué elixín o traseiro da filla de Tom Strong? Pois porque na historia que aparece poñen dúas viñetas semellantes en páxinas consecutivas, polo que a pose resulta moi descarada:
páxina 1páxina 2páxina 3páxina 4páxina 5páxina 6
De todos os xeitos admito que Ed Benes na JLA gañou a pulso o seu status coma autor de referenza para o Big Culo Day (Jotacé xa comentou a súa mestría ao ser capaz de facer planos nos que a mesma moza amosase cu e escote). Coma mostra, un botón:
tremenda splashpage do número 14 da JLA
Canario Negro berrando
Os puristas, que perdoen por non pór a Mafalda nesta escolma gráfica ;)

2 comentarios realizados

a gravatar

1. ghanito escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 22:08

Frank Cho é un crack debuxando mulleres, Brandi namora desde o minuto 1. E ademais escribe uns guións divertidísimos.
Un amigo meu gábase de que lle publicaran un correo na edición orixinal americana de Liberty Meadows en comic book (que ten completa, claro)
Están reditándo en España agora mesmo Liberty Meadows nun formato coidado (algo caro) é bo momento para recomendala, porque a edición que fixera lacolla de la pessigolla en español era inatopable para poder comezar a serie había que ler eses números en inglés.
(isto foi algo off topic) ;-)

a gravatar

2. Marcus escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 23:59

Ghanito, pois eu teño enteira a colección na edición de Lacolla de la Pessigolla (tamén a de University2) e paréceme moito máis axeitada que a versión de luxo. Non esquezamos que estamos a falar dunah serie de tiras cómicas, polo que o formato actual non lle acae moi ben.
A min non me publicaron nada na edición impresa de Liberty Meadows, pero Cho ten respondido a comentarios meus na súa web, e iso é todo un luxo. Alédame moito que lograra saltar do cómic independente (aínda que sindicado) ás grandes editoriais aínda que iso supoña a perda da miña tira diaria favorita (con perdón a Garfield).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios