O trepamuros salva a Barack Obama

Dáme un pouco de vergoña ver coma están a facer uso político dos superheroes para quedar ben e, de paso, vender máis exemplares, e o número 583 de The Amazing Spider-Man é o mellor exemplo. Sobra dicir que a historia ten un final feliz:






Nin me molesto en avisar do spoiler porque quitando o exotismo histórico do exemplar, queda claro que a trama está metida con calzador. E o que aínda é peor, leva a debuxantes coma Rob Liefeld a facer unha portada alternativa do número de febreiro de Youngblood:

As series de comics deberían deixar de lado a actualidade para non ter unha cronoloxía tan confusa, pois hai personaxes que levan 70 anos coa mesma idade, polo que se cruzan con tantos presidentes que fan que a continuidade sexa imposible de soster.
Agora que falta un mes para o comezo da campaña electoral en Galicia aproveito para declarar que non quero ver ningún cómic con Touriño, Quintana ou Feijóo acompañando aos Bolechas (nin a outros personaxes de cómic). Coido que xa chegou con que Superlópez visitase a Paco Vázquez cando loitou contra o Monster Chapapote (Superlópez, non Vázquez), aínda que admito que os políticos deberían ser máis tolerantes coas súas parodias (unha mágoa que non teñamos galenecos na TVG).






9 comentarios realizados
1. Particular escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 10:44
Las fotos, ejemplo las de estos comics, deberian tener pie de foto, constando: autor del comic, editorial, etc. Las fotos de periodicos el nombre del autor de la foto, etc.
Es facil copiar y pegar.
O es como youtube?
2. Marcus escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 11:51
Coido que as imaxes que publico teñen carácter promocional. Sen ir máis lonxe, a portada do cómic e a última páxina apareceron publicadas incluso na prensa española. Vaia, que a xente tende a adquirir este tipo de exemplares como recordo, polo que a súa publicación na Internet non afecta en absoluto ás vendas (se fose así non se vendería ningún cómic las librarías especializadas, pois pola Rede é doado atopar escaneos a saco).
E a autoría das páxinas está clara (puxen a páxina que contén os créditos). O de pór pé nas imaxes é o máis atinado na prensa, pero nun blogue é algo complexo e considero que están clarexado o asunto ao incluír unha ligazón á fonte da información (vaia, que as imaxes estarián acreditadas indirectamente, o que dista bastante dun copiar e pegar).
3. Particular escrito o 16 de Xaneiro de 2009 ás 11:04
Indirectamente? O sea que cualquier imagen que sale internet la puedes colgar en tu blog. Sin saber seguro que el autor o autores estan de acuerdo.
4. Marcus escrito o 16 de Xaneiro de 2009 ás 13:00
A ver: si publico un extracto de una noticia incluyendo una fotografía, y enlazo a la fuente original, entiendo que la fotografía está acreditada indirectamente. Lo que está mal hecho es lo que hacen en los programas de televisión de zapping, en los que pillan imágenes de otras cadenas y las acreditan a YouTube cuando saben de sobra la fuente de los vídeos.
Si llevásemos el copyright a rajatabla la web sería un espacio vacío (es técnicamente inviable contactar directamente con los propietarios del copyright del material, o al menos hacerlo a tiempo para poder publicar una información antes de que caduque), pero el derecho de cita también hay que tenerlo en cuenta, y hay bastante diferencia entre citar un artículo para escribir otro a copiar y pegar.
La verdad es que no sé si estás haciendo una crítica general a los blogs o a esta entrada en particular. Si es por esta entrada reitero que las imágenes tienen carácter promocional (fue la Marvel quien las hizo rular) y están debidamente acreditadas. Yo no fusilo comics enteros en este blog, principalmente porque soy un seguidor de los mismos (pero publicar un pequeño extracto es muy positivo para la industria, pues puede animar las ventas).
5. lauren escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 1:28
Particular te agradeceria me indicases el artículo de la LPI, donde se contempla dicho deber en este caso particular: “-deberian tener pie de foto, constando: autor del comic, editorial, etc”
Gracias de antemano.
6. Marcus escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 13:04
Lauren, o dos pés de foto non é algo da LPI, senón que se trata dunha reivindicación histórica dos fotógrafos dos xornais, que actualmente está recollida en distintos textos (convenios colectivos, manuais de estilo, etc.) porque ata hai poucos anos as fotografías de moitos xornais eran bastardas pero na Internet poucos son os medios que non veñan do papel que fagan tal.
7. lauren escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 15:35
Eu acostumo ler e documentarme antes comentar algo, por eso non atopei nada o respeto…logo falar de “deber” é moito falar…
“Ignorantia facti, non iuris excusatur”
8. Particular escrito o 20 de Xaneiro de 2009 ás 11:09
Esta bien como leo poco y me documento poco, dejare de escribir cualquier comentario, en este blog. Adios.
Y no necesito mas respuestas. Gracias
9. p escrito o 20 de Xaneiro de 2009 ás 11:10
.