Venres, 16 de Xaneiro de 2009

A campaña do presidente Touriño

O PSdeG xa estrou na súa canle de YouTube o vídeo promocional de Emilio Pérez Touriño de cara á campaña electoral que comeza o 13 de febreiro:

O de “é moito o que nos xunta” parece un xogo de palabras un tanto rariño, e o de “Touriño Presidente” semella unha adopción do Zapatero Presidente que lle valeu ao presidente do Goberno de España o alcume de ZP, o que agardemos que non pase en Galicia, porque podería dar lugar a malos entendidos:
Touriño Presidente

Incluso de cambiar a orde dos factores poderíamos ter problemas:
pete

Pero todo iso non evitou que o Partido decidise iniciar unha campaña presidencialista na que se poden ver carteis coma os seguintes (que odemo tardou pouco en parodiar):
carteis do presidente Touriño

¿A alguén non lle queda claro que Touriño é o actual presidente da Xunta e opta a revalidar o seu cargo? Por repetición que non quede.
Eu, pola miña banda, quedo coa canción que acompañará ao PSdeG durante a vindeira campaña, e que tamén puidemos escoitar na banda sonora de Pradolongo:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Ah, e o sábado pola tarde o BNG celebra a súa Convención Electoral Nacional. Supongo que desta volta os seus carteis non utilizarán coma lema “O vicepresidente” :P

ACTUALIZACIÓN: Sen ter que agardar ao sábado os do BNG xa colocaron en Quin TV unha homenaxe á película Espartaco na que a xente apoia a Anxo Quintana:

Ver versión en YouTube ▼

Destacaría do vídeo a cantidade de rostros coñecidos do mundo da televisión e o teatro, así coma o feito de que me pareceu que cantaba bastante que Quin non estaba presente durante a gravación do anuncio (e que se incrustou a posteriori), aínda que de pór unha pega sería que eusonanxoquintana parece unha frase en éuscaro (probade a dicilo varias veces seguidas) :P

10 comentarios realizados

a gravatar

1. Brigantium escrito o 16 de Xaneiro de 2009 ás 14:20

Conste que as fotos do Torito parécenme a os**** máis se se ven nun cartel grande na rúa. A de “O presidente que nos une contra a crise” que vin onte en Linares Rivas é espectacular.

En aspectos de propaganda, aínda que todas resultan ao fin me resultan, vomitivas, hai que dicir que PP e BNG están moi lonxe de PSOE.

a gravatar

2. Marcus escrito o 16 de Xaneiro de 2009 ás 14:41

A min os carteis que me daban bastante repelús eran os que empregaban un fondo vermello plano, que eran a tónica habitual do PSOE, e quedaban bastante mal. Agora parece que todos os partidos tenden a degradados e uso da iluminación para que as fotografías non queden coma un pegote.

a gravatar

3. Animaliño escrito o 17 de Xaneiro de 2009 ás 16:24

Jejeje, a mín tamén me fixo gracia a campaña. Os cartaces son de coña, sobre todo ese no que semella pensativo… NATURALIDADE TOTAL!

Está claro que todas as campañas teñen unha idea básica detrás. O que pasa é que está ten unha idea MOI BÁSICA detrás, diante e polos lados… Está claro que Touri non busca compartir éxitos co seu equipo.

O mellor, un anuncio na radio no que un fulano di: “eu miro aos outros dous e penso: Touriño ten que ser presidente!”. XDDDDDDDD.
Iso de venderse como o mal menor é, aparte de ofensivo, algo triste.

a gravatar

4. Brigantium escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 0:57

RECTIFICO. Non cartel que hai en Linares Rivas só pon “O presidente que nos une”… será que non quedaron convencidos co eslogan orixinal?

a gravatar

5. Juan Castro escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 22:09

Creo que é a primeira vez en moitos anos que os tres partidos presentan os seus líderes locais como gran activo electoral. Nada que ver co que pasou hai catro anos, cando Touriño tiña pouco que facer ante o ‘efecto ZP’, Quintana non se consolidara totalmente como relevo de Beiras e o PP non sabía aínda se levar a Fraga como candidato era unha virtude ou un defecto.

Iso si, máis alá do acertado dos carteis ‘TP-PT’ ou o ‘FEIJ009′ (a lo James Bond galaico) o ‘culto o corpo’ quintanista chega a uns extremos que non sei se me da repelús ou algo de medo…

a gravatar

6. Marcus escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 22:35

Juan, non deas a Fraga por desaparecido, que segue en campaña polas Américas ;)
Fraga e Feijóo xuntos na pre-campaña sudamericana

a gravatar

7. Juan Castro escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 22:46

¿Dalo por morto? Érache boa. Don Manuel vainos sobrevivir a todos!

a gravatar

8. lola escrito o 20 de Xaneiro de 2009 ás 16:54

A Juan Castro.
Non entendo o que queres dicir co de “culto ao corpo” qintanista. Non vin aínda ningún cartel del polo que non acabo de entender o que queres dicir con esa expresión.
Agradezo contestación.

a gravatar

9. Juan Castro escrito o 20 de Xaneiro de 2009 ás 21:04

#8 Lola, refírome a diversas accións de imaxe ‘ultrapersonalistas’ que dende o círculo de Quintana se levan a cabo dende o seu acceso á vicepresidencia da Xunta.

Non digo que todo sexa así, de feito, recoñézolle o mérito por parecer un líder cercano que se apoia na Rede. Aí están exemplos como Quin.tv ou diversas accións na blogosfera e redes sociais pioneiras na política galega, que nada teñen que ver cos torpes intentos do PSdeG ou do PPdeG.

O problema é cando esas accións de imaxe se pasan de freada e do líder ‘cercano e molón’ pasamos a un culto esaxerado ó líder. ¿Exemplos? Pois o propio anuncio que ilustra este post cun Anxo Quintana ‘Mesías’ ante o malvado Imperio españolista (sinceramente, ¿non é un “pouquiño” esaxerado?)

Tamén recordo aquel bochornoso anuncio institucional que vendía as bondades da ‘Vicepresidencia de Anxo Quintana’, algo que non lembraba nin nos nos escuros días ‘pseudo-goebbelianos’ de Pérez Varela.

E que quede claro que aquí critico (e sempre dende o buen rollo) certos aspectos da súa política de imaxe e non entro a valorar a súa xestión nestes catro anos.

a gravatar

10. luz escrito o 22 de Xaneiro de 2009 ás 16:50

Informar (para quen lle interese sabelo) que nas candidaturas do PSOE e do BNG ao Parlamento vai xente de Melide. Na do PP,… nin res….¿Como debemos interpretar isto? ¿Feijoo abandona a Ánxeles, ou xa pasan do PP de Melide?

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios