Xoves, 29 de Xaneiro de 2009

O meu refresco favorito cambia de imaxe

Boas tardes, chámome Marcus, e son adicto… á Pepsi Max. Non porque sexa anti-Coca-Cola, senón simplemente porque o sabor da Pepsi Max paréceme insuperable (entre os refrescos carbonatados). E teño que incidir no feito de que é a Pepsi Max e non a Pepsi normal a que me mola, pois a segunda non me convence dende que cambiou de sabor hai uns 15 anos.
Agora estou un tanto flipado, porque os de Pepsi volven cambiar a súa imaxe. Digo volven porque antes as cores da Pepsi eran o branco e vermello que cambiaron polo azul (o que custou unha pasta gansa no seu día); e aínda que o cambio do seu logotipo non é moi radical, parece que o fan con elegancia:

A Pepsi normal conserva a súa cor azul, pero a Max ¡cambia a gris escuro! Eu agradezo o cambio, pois así será máis doada de atopar nos supermercados. Pero o mellor de todo é o anuncio para a SuperBowl que preparan (está sen confirmar) para anunciar a nova lata de Pepsi Max:

¡Estou ben! ¡Estou ben! Aínda que debín levar un golpe na cabeza, pois non deixo de pensar que as novas latas de Pepsi parcen deseñadas por Apple.

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Juan Castro escrito o 29 de Xaneiro de 2009 ás 22:36

Non sei onde vin que acusaban a Pepsi de plaxiarlle o logo á campaña de Obama. ¿Por ser redondo azul e vermello? Pois xa hai que ter imaxinación…

a gravatar

2. Marcus escrito o 30 de Xaneiro de 2009 ás 3:05

A acusación é unha chorrada polo mero feito de que o logo de Pepsi só foi reestilizado, pois xa era das mesmas cores metidas nun círculo.
De todos os xeitos, comparar o vello logo tipo co novo e co de Obama ten o seu aquel:
comparativa de logos
Eu no logotipo de Obama vexo un O decorado coa bandeira dos EE.UU., mentres que nos logotipos de Pepsi non vexo nada que se lle pareza (agás o mero feito de seren logotipos redondos).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios