Luns, 12 de Xaneiro de 2009

¿Combat School para Wii?

Jillian Michaels' Finess Ultimatum 2009Cando era cativo e veraneaba en Rianxo estaba enganchadísimo á recreativa Combat School que era unha mestura entre as películas tipo El Sargento de Hierro ou Oficial y Caballero cos xogos de olimpíadas (Hyper Sports, Daley Thompson’s Decathlon…) e ao ver o avance de Jillian Michaels’ Ultimate Fitness 2009, que se anuncia coma un xogo de fitness (ou sexa, unha especie de Wii Fit) aproveitando a imaxe dunha tía que imaxino que será coñecida para os seguidores das teletendas nocturnas (aínda que teña libros e DVD con programas para perder peso, o que dubido que dea sona a ninguén agás a Jane Fonda) e no que eu vexo un xogo coma o Combat School pero coa interface da Wii, o que fai que o seu uso non se limite a axitar o joystick ou darlle aos botóns a toda velocidade, o que xa cansaba bastante no seu día.
Xulgade vós mesmos:

E agora, a lembrar o Combat School:

Sinceramente, ¿non parece que o xogo de Wii está inspirado na recreativa de instrución militar?

Sábado, 10 de Xaneiro de 2009

Planeta pecha o proxecto detrás de ADN.es

Planeta pecha ADN.es
En xullo de 2007 a diario gratuíto ADN deixaba o seu dominio diarioadn.com por unha nova web, ADN.es, nun interesante proxecto no que se buscaba crear un medio dixital que chegaba moito máis aló da súa edición impresa e que incluso era responsabilidade doutra empresa, Planeta Medios Digitales, que esta semana iniciou o seu proceso de peche, o que levará a ADN.es a volver ao que era no pasado, un reflexo da súa edición impresa.
Explico isto para comezar porque me parece importante destacar que a web ADN.es non pecha nin desaparece, como anunciaban os titulares que daban algúns xornalistas (o que me parece moi irresponsable, pois os corpos das novas que se podían ler non se correspondían cos seus titulares), o que pecha realmente é a empresa Planeta Medios Digitales.
Cuenta atrás a Crisis Final 5¿E por qué saco este tema que xa se comentou sobradamente en moitos blogs esta semana? Non porque a prensa estea en crise, senón porque o Grupo Planeta está a facer recortes, o que me mete o medo no corpo porque nos últimos meses os afeccionados aos comics de DC xa tivemos que padecer uns insufribles retrasos nas publicacións (que superaban os 3 meses nalgún caso) que supostamente se arranxará en 2009, aínda que xente bastante ao día asegure que o que pasa non é máis que un reaxuste editorial (reestruturación do cadro de persoal).
Polo momento a crise xa se fai notar do xeito máis desagradable: suba de prezos. Parece paradoxal que nun momento no que a xente contén o gasto os xornais teñan os huevos de subir de 1 euros a 1,10 euros, e que os comics de 2,95 e 3,50 euros pasen a valer 3,50 e 3,95 euros respectivamente (por sorte os de 1,95 euros manteñen o tipo).
Este tipo de xogadas podería pór aínda máis en perigo o futuro de Planeta DeAgostini Comics, e aseguro que non me apetece nada que se repita o que pasou con Zinco hai anos, pois son fan das publicacións de DC, e me fastidia que se editen mal as coleccións que sigo regularmente. Agardemos que a Cuenta Atrás a Crisis Final (casualmente a serie que acumulaba máis retraso) non sexa un mal agoiro.

Venres, 9 de Xaneiro de 2009

A Marta Landín sáenlle seguidores en Madrid

Andrés Milleiro tivo a ben compartir cos seus coñecidos unha anotación do blog do xornalista Arturo J. Paniagua que fai mención a unha MILF (MQMF, para os que viran American Pie) que resulta ser melidense, Marta Landín:

Oda a Marta Landín

No suelo ver Telemadrid, de hecho trato de estar lo más alejado posible de cualquier sitio en el que aparezcan Curry Valenzuela, Fernando Sánchez Dragó, Hermann Tertsch o Cristina Tárrega. Pero siempre ha habido un programa clave en la programación de la televisión autonómica: Madrid Directo.

Hace unos meses, la presentadora insigne del programa -Inmaculada Galván- partió a TVE a presentar las mañanas. Le ha sustituído Marta Landín… y créanme, no quiero ser superficial, pero mis hormonas lo agradecen. El problema es que los constantes escotes y cruces de brazo de Marta, no me permiten concentrarme en esos restaurantes curiosos, obras de teatro de tercera categoría o iniciativas montadas por abuelos, niño o inmigrantes. Vamos, que no me concentro en el programa ni en sus contenidos habituales.

“Joder, que acabe la pieza pronto para verle las domingas a Marta” pensará el espectador masculino promedio. No se alarmen, los chicos -por configuración de fábrica- nos sentimos atraídos por los abultamientos pectorales a pares. Así es la naturaleza, que en el caso de la sonriente presentadora -para que vean que no sólo le miro las tetas- es muy bondadosa…

Y así todos los días. Por primera vez, admito públicamente que veo Telemadrid. Que tomen nota en los despachos directivos del canal y siempre tomen este tipo de decisiones. Gracias Marta, eres la hermosa representación de cómo hacernos olvidar ideologías y quedarnos grapados a la caja tonta durante unos cuantos minutos, incluso olvidando a esos seres derechosos que habitan Telemadrid.

Só agardo que a Carlos Landín non lle moleste que falen así da súa filla, e que tome o texto de Paniagua coma un piropo á súa filla.
Unha mágoa que Marta tivera que ir buscar o éxito profesional a Madrid.

Steam Trek: The Moving Picture (parodia de Star Trek)

Steam Trek
Dennis Sisterson fixo en 1994 unha parodia de Star Trek en plan steampunk, ou sexa, coma se fose unha película muda, que agora vive unha segunda vida en YouTube:

Incluso hai detalles desta obra no seu propio blog, e podemos descargar a película completa (12:15 minutos) en formato FLV para quen queira conservar esta peza audiovisual tan orixinal. ¿Animaranse algún día a facer Steam Trek: A Nova Xeración?

Xoves, 8 de Xaneiro de 2009

¿Están a pasarse coa publicidade na web?

Onte comentaban en Chuza! que a web de La Voz estaba invadida por publicidade de Opel:
La Voz invadida por Opel

E si, a cousa parece excesiva, pero queda en nada se o comparamos coa publicidade da película Crepúsculo na web da revista Ragazza:
web da revista Ragazza

A publicidade de Crepúsculo en Ragazza ocupa o mesmo que a de Opel en La Voz, pero resulta que a metade dos recadros da película corresponden a vídeos, polo que resulta sumamente intrusivo e dificulta a lectura (aínda que non creo que haxa moito que ler na web de Ragazza).
Ah, e para os que non o saiban, a revista Ragazza vén de editar o seu derradeiro número, polo que é toda unha incógnita o que farán coa súa web. ¿A manterán coma soporte publicitario ou a pecharán sen máis?

Pero, ¿por qué falo realmente da publicidade na web? Pois simplemente para quitar de enriba o mosqueo que teño cun anuncio en concreto, que leva dous días perseguíndome, e do que estou farto (anuncia a web do Test de la muerte) non porque sexa unha chorrada, senón porque usa como reclamo unha risa que molesta cada vez que pasas o rato sobre o seu banner. ¡Un pesadelo! Se a invasión na pantalla xa é unha molesta, ¿cómo deberiamos chamar á invasión dos altofalantes? ¿Tocada de huevos?

Velaquí tedes o anuncio en acción:

¿Non o odiades a morte? E o peor de todo é que serve para promocionar unha web que agocha servizos de subscrición a través do móbil.
O que non entendo é cómo dende Google están a machacar ao personal cunha publicidade deste tipo, que deberían rexeitar por molesta e por promocionar unha web cun contido moi discutible.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios