Venres, 16 de Xaneiro de 2009

A campaña do presidente Touriño

O PSdeG xa estrou na súa canle de YouTube o vídeo promocional de Emilio Pérez Touriño de cara á campaña electoral que comeza o 13 de febreiro:

O de “é moito o que nos xunta” parece un xogo de palabras un tanto rariño, e o de “Touriño Presidente” semella unha adopción do Zapatero Presidente que lle valeu ao presidente do Goberno de España o alcume de ZP, o que agardemos que non pase en Galicia, porque podería dar lugar a malos entendidos:
Touriño Presidente

Incluso de cambiar a orde dos factores poderíamos ter problemas:
pete

Pero todo iso non evitou que o Partido decidise iniciar unha campaña presidencialista na que se poden ver carteis coma os seguintes (que odemo tardou pouco en parodiar):
carteis do presidente Touriño

¿A alguén non lle queda claro que Touriño é o actual presidente da Xunta e opta a revalidar o seu cargo? Por repetición que non quede.
Eu, pola miña banda, quedo coa canción que acompañará ao PSdeG durante a vindeira campaña, e que tamén puidemos escoitar na banda sonora de Pradolongo:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Ah, e o sábado pola tarde o BNG celebra a súa Convención Electoral Nacional. Supongo que desta volta os seus carteis non utilizarán coma lema “O vicepresidente” :P

ACTUALIZACIÓN: Sen ter que agardar ao sábado os do BNG xa colocaron en Quin TV unha homenaxe á película Espartaco na que a xente apoia a Anxo Quintana:

Ver versión en YouTube ▼

Destacaría do vídeo a cantidade de rostros coñecidos do mundo da televisión e o teatro, así coma o feito de que me pareceu que cantaba bastante que Quin non estaba presente durante a gravación do anuncio (e que se incrustou a posteriori), aínda que de pór unha pega sería que eusonanxoquintana parece unha frase en éuscaro (probade a dicilo varias veces seguidas) :P

O primeiro número de Hexed pola cara

Mark Waid convida á xente a descargar de balde o primeiro número de Hexed:

¿Qué importancia ten ese cómic en cuestión? O feito de que se poida descargar en CBZ (formato ZIP coa extensión modificada para que a acepten as aplicacións de lectura de comics) é de agradecer, así coma o feito de poder botar un ollo a un primeiro número completo sen pagar un can, pero o realmente relevante é que a súa debuxante é Emma Ríos, ilustradora galega á que coñece de sobra calquera que se pasase por Viñetas desde o Atlántico ou estivese atento ás publicacións da xente de Polaqia. Agora publica nos EE.UU., aínda que na pequena BOOM! Studios, o que é sempre unha boa nova para o sector en Galicia. Haberá que seguir con atención o blog de Emma para ver cómo vai a súa carreira internacional, e crucemos os dedos para ver se remata facendo algo da liña Vértigo (iso si que molaría mazo).
Velaquí as páxinas no primeiro número de Hexed (por se non queredes descargalo):
Portada de Emma Ríoscréditospáxina 1páxina 2páxina 3páxina 4páxina 5páxina 6páxina 7páxina 8páxina 10páxina 11páxina 12páxina 13páxina 14páxina 16páxina 17páxina 18páxina 19páxina 20páxina 21páxina 22páxina 23páxina 24
Pinta ben, ¿verdade?

Xoves, 15 de Xaneiro de 2009

Algúns anuncios televisivos son a goma

Só podo escachar coa risa ao ver este anuncio:

Aínda que fáltalle unha banda sonora como a seguinte:

O trepamuros salva a Barack Obama

Portada do The Amazing Spider-Man número 583
Dáme un pouco de vergoña ver coma están a facer uso político dos superheroes para quedar ben e, de paso, vender máis exemplares, e o número 583 de The Amazing Spider-Man é o mellor exemplo. Sobra dicir que a historia ten un final feliz:
páxina 1páxina 2páxina 3páxina 4páxina 5páxina 6
Nin me molesto en avisar do spoiler porque quitando o exotismo histórico do exemplar, queda claro que a trama está metida con calzador. E o que aínda é peor, leva a debuxantes coma Rob Liefeld a facer unha portada alternativa do número de febreiro de Youngblood:
portada alternativa do nº 8 de Youngblood
Superlópez contra Monster ChapapoteAs series de comics deberían deixar de lado a actualidade para non ter unha cronoloxía tan confusa, pois hai personaxes que levan 70 anos coa mesma idade, polo que se cruzan con tantos presidentes que fan que a continuidade sexa imposible de soster.
Agora que falta un mes para o comezo da campaña electoral en Galicia aproveito para declarar que non quero ver ningún cómic con Touriño, Quintana ou Feijóo acompañando aos Bolechas (nin a outros personaxes de cómic). Coido que xa chegou con que Superlópez visitase a Paco Vázquez cando loitou contra o Monster Chapapote (Superlópez, non Vázquez), aínda que admito que os políticos deberían ser máis tolerantes coas súas parodias (unha mágoa que non teñamos galenecos na TVG).

Mércores, 14 de Xaneiro de 2009

Quitade os adhesivos dos dispositivos electrónicos

Hoxe descubrín un corte do programa de Buenafuente no que Berto reflexiona sobre a patética práctica de deixar os adhesivos e os plásticos protectores nos trebellos electrónicos despois da súa compra, coma se servise para algo:

Comparto ao 100% a opinión de Berto, e o outro día lembro o noxo que me deu ver a PSP dun curmán, cun plastiquiño cheo de burbullas de aire sobre a súa pantalla porque “así se vía mellor”. ¿Mande? Coido que se ve mellor unha pantalla chega de rañaduras que unha con burbullas sobre a mesma.
adhesivos de portátilIso si, os adhesivos teñen unha utilidade moi boa, unha grande prestación que consiste en que, cando o equipo vai algo vello e o adhesivo se desgasta, tes que quitalo, de xeito que descubres o cambio de cor que tivo a carcasa na súa vida. Ou sexa, que os adhesivos que non se quitan ao estrear o equipo (dende un portátil ata unha cámara de fotos) deixan a súa pegada para a eternidade.
¡Morte aos adhesivos que veñen de fábrica! De pór adhesivos aos trebellos, que sexan cousas persoais que simbolicen algo, como os adhesivos do Eu.gal… ¡ou mesmo de Hello Kitty! Pero pasade dos Intel Inside (Idiot Outside), os Windows XP/Vista, os Zoom 4x e cousas polo estilo, que son de tan bo gusto coma non quitar o prezo a un agasallo.

Martes, 13 de Xaneiro de 2009

¡Cítanme nun libro de galego de 2º da ESO!

Lingua e Literatura 2º ESOCando hai ano e medio escribín unha colaboración para a revista Tempos Novos falando dos blogs galegos para chamar á reflexión sobre a opción lingüística dos blogueiros (que nuns casos escriben en galego para chegar á xente máis próxima, e noutros casos prefiren universalizar a súa audiencia co uso do español) non agardaba que o texto acadase unha repercusión especial, pero comentáronme que saía unha referenza ao mesmo do libro de Lingua e Literatura 2º ESO (2008) de Edicións Xerais, o que me deixou bastante flipado.
Finalmente tiveron a ben mandarme un escaneo da páxina para que vese que era certo:
Extracto do libro de galego de Xerais

Son consciente de que iso non pasa de ser unha anécdota, pero fíxome ilusión que os mozos galegos vaian ler un texto meu no instituto. Poderíalles caer peor castigo… ;)

ACTUALIZACIÓN: Este tema tamén estase a comentar en Chuza e no blogue de Manuel Bragado.

Luns, 12 de Xaneiro de 2009

¿Combat School para Wii?

Jillian Michaels' Finess Ultimatum 2009Cando era cativo e veraneaba en Rianxo estaba enganchadísimo á recreativa Combat School que era unha mestura entre as películas tipo El Sargento de Hierro ou Oficial y Caballero cos xogos de olimpíadas (Hyper Sports, Daley Thompson’s Decathlon…) e ao ver o avance de Jillian Michaels’ Ultimate Fitness 2009, que se anuncia coma un xogo de fitness (ou sexa, unha especie de Wii Fit) aproveitando a imaxe dunha tía que imaxino que será coñecida para os seguidores das teletendas nocturnas (aínda que teña libros e DVD con programas para perder peso, o que dubido que dea sona a ninguén agás a Jane Fonda) e no que eu vexo un xogo coma o Combat School pero coa interface da Wii, o que fai que o seu uso non se limite a axitar o joystick ou darlle aos botóns a toda velocidade, o que xa cansaba bastante no seu día.
Xulgade vós mesmos:

E agora, a lembrar o Combat School:

Sinceramente, ¿non parece que o xogo de Wii está inspirado na recreativa de instrución militar?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero