Mércores, 14 de Xaneiro de 2009

Quitade os adhesivos dos dispositivos electrónicos

Hoxe descubrín un corte do programa de Buenafuente no que Berto reflexiona sobre a patética práctica de deixar os adhesivos e os plásticos protectores nos trebellos electrónicos despois da súa compra, coma se servise para algo:

Comparto ao 100% a opinión de Berto, e o outro día lembro o noxo que me deu ver a PSP dun curmán, cun plastiquiño cheo de burbullas de aire sobre a súa pantalla porque “así se vía mellor”. ¿Mande? Coido que se ve mellor unha pantalla chega de rañaduras que unha con burbullas sobre a mesma.
adhesivos de portátilIso si, os adhesivos teñen unha utilidade moi boa, unha grande prestación que consiste en que, cando o equipo vai algo vello e o adhesivo se desgasta, tes que quitalo, de xeito que descubres o cambio de cor que tivo a carcasa na súa vida. Ou sexa, que os adhesivos que non se quitan ao estrear o equipo (dende un portátil ata unha cámara de fotos) deixan a súa pegada para a eternidade.
¡Morte aos adhesivos que veñen de fábrica! De pór adhesivos aos trebellos, que sexan cousas persoais que simbolicen algo, como os adhesivos do Eu.gal… ¡ou mesmo de Hello Kitty! Pero pasade dos Intel Inside (Idiot Outside), os Windows XP/Vista, os Zoom 4x e cousas polo estilo, que son de tan bo gusto coma non quitar o prezo a un agasallo.

10 comentarios realizados

a gravatar

1. Carlos Callón escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 22:03

xDDDDDDD

a gravatar

2. Luisma escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 9:01

Hai un par de semanas eu tamén siguín a doutrina de Berto e quiteille as pegatas ó portatil. A de intel moi ben, pero a do W. Vista deixonme un manchón de pegamento tremendo! encima pégaseme porcalladas nela!
Marcus, non viches a segunda parte do video na que aparece unha foto da raíña Sofia cunha cámara con pegatinas e Berto di que, bueno, que é indiscutible que as pegatinas fan de elemento protector induicutible do elemento sobre o que se colocan… :)

a gravatar

3. Marcus escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 10:39

Luisma, normalmente cun algodón ou un pano mollado en alcohol é doado eliminar os restos de adhesivos. Se non chega con iso, tamén se pode usar unha goma de borrar (e lembra que aínda que poña Nata non é para comer ;) ).

a gravatar

4. Luisma escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 13:19

Xa é tarde Marcus!, a Nata sempre me gustou moito…
Xamais fun quen de conseguir esa forma tan sinuosa obtida polo exaustivo borrado ata chegar ó fin. Un anaquiño no pelo do compañeiro de diante, outro para compi do lado… unha ruina, a goma toda esnaquizada!
Eu sempre fun máis de tachar. Que ral iría poñerlle tipex encima á pegata?

a gravatar

5. Marcus escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 13:35

En caso de necesidade xa sabes que unha pegata pode tapar a outra, e así tuneas o equipo de paso.

a gravatar

6. lauren escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 13:57

home…a ver…unha DPA coa pegatiga non se raia, senon calquer cousiña;moedas, chisqueiro que teñas no peto, na guanteira do coche, vana raiar.O que eu fago é mercalas no carrefour un pack de 10 pegatinas para cambiala cando se deteriora, se está ben posta, a min molestame menos a pegatina qeu unha pantalla raiada.Incluso se queres vendela o cabo de un ano na rede, pagarancha moitisimo mais da segunda forma, pq estará coma nova.Non deixa de ser algo moi particular meu. :
Saudos

a gravatar

7. Marcus escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 14:24

Lauren, con adhesivos estou a referirme aos que veñen de fábrica coma logos (que non protexen absolutamente nada) ou plásticos trasparantes, que non teñen nada que ver coa protectores de pantalla que se venden nas tendas.
Acaso, ¿nunca viches un reprodutor de DVD co plastiquiño sobre o seu display? Ridículo. ¿E qué me dis ce cando se forman burbullas? Odioso. E iso sen comentar que os plastiquiños non hai dios que os limpe (mentres que co vidro chega con botar o alento e pasar un pano).
De todos os xeitos, o asunto das rabuñaduras indica normalmente que as pantallas son moi malas. Por exemplo, o iPhone o podes ter sen fundas nin protectores no peto, e se non fas ningunha barbaridade o normal é que un ano e pico despois estea case coma novo.

a gravatar

8. Laura escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 14:52

Berto é o meu ídolo!

“Es como si dejas el andamio puesto para que no se ensucie la fachada”

a gravatar

9. lauren escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 1:35

Sempre podemos facer coma Homer que cando se lle encende un piloto no coche ponlle unha pegatina enrriba. :)
Eu teño un Homer dentro de min.

a gravatar

10. seo escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 3:56

este tio es lo mejro que hay en televisión ahora. te partes de risa con el en cada sección. os dejo un ejemplo:
http://www.youtube.com/watch?v=_p5agqsy4es

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios