¡Cítanme nun libro de galego de 2º da ESO!
Cando hai ano e medio escribín unha colaboración para a revista Tempos Novos falando dos blogs galegos para chamar á reflexión sobre a opción lingüística dos blogueiros (que nuns casos escriben en galego para chegar á xente máis próxima, e noutros casos prefiren universalizar a súa audiencia co uso do español) non agardaba que o texto acadase unha repercusión especial, pero comentáronme que saía unha referenza ao mesmo do libro de Lingua e Literatura 2º ESO (2008) de Edicións Xerais, o que me deixou bastante flipado.
Finalmente tiveron a ben mandarme un escaneo da páxina para que vese que era certo:

Son consciente de que iso non pasa de ser unha anécdota, pero fíxome ilusión que os mozos galegos vaian ler un texto meu no instituto. Poderíalles caer peor castigo…
ACTUALIZACIÓN: Este tema tamén estase a comentar en Chuza e no blogue de Manuel Bragado.




11 comentarios realizados
1. nóvoa escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 10:05
Noraboa tío!!! non é Chuza pero incluso pode ser mellor… a ver rapaz, qué queres ser de maior? eu quero ser blogueiro, coma o Marcus!!! jajajaja
2. Marcus escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 10:21
Xosé Ramón, agardo que ningún rapaz queira ser de maior coma min. Apara imitar cousas malas xa teñen a televisión
3. Carlos Callón escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 14:00
Noraboa!
4. ifrit escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 14:13
Algo levarás, non? Iso non ten canon? XD
5. Marcus escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 19:00
#3 Grazas, Carlos.
#4 Estaría ben, pero estamos a falar de contidos para docencia, polo que o obxectivo é contaminar a mente dos rapaces e non saquearlles o peto.
6. Nemigo escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 22:08
nestes intres estou rebasado pola situacion. OcÓrrense moitas frases ao respecto…
Só dicir, que agora si, xa podes afiliate á $GAE. Facer campaña a prol deles e chamar aos cativos (e a todos nós) : PIRATAS!
7. Carlos escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 7:45
Tamén nun libro de texto da editorial barcelonesa Teide para Lingua Galega de 4º da ESO sae Chuza! no derradeiro tema citada como a rede social galega e con pantallazo da portada.
8. Marcus escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 10:36
Vaia, vese que as editoriais están a tomar en serio a actualización dos seus textos aos tempos que corren. Cando menos son previsores, e apostan por medios destinados a durar no tempo, pois se chegan a falar de fenómenos coma o P2P poderían quedar fatal, xa que o panorama cambia a moita velocidade: ¿imaxinas o ridículo que faría un libro ao facerse o enrollado falando do KaZaA ou do eDonkey2000 cando agora a xente usa o eMule e o BitTorrent?
9. Xosé Antón escrito o 15 de Xaneiro de 2009 ás 12:36
Os meus parabéns… eso sí que é un recoñecemento en toda regra.
10. lauren escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 11:50
Noraboa¡¡O que me decepciona e que teñas a paxina escaneada, algo crutiño…jejejej
).
¡¡Merca o libro¡¡ jajaja
E coña eh,
(por certo vou agora a tua casa a un recadiño pa o meu pai, espero estes xa desperto
Saúdos.
11. Jorge escrito o 18 de Xaneiro de 2009 ás 20:53
Felidade Marcos, alegrome moito que sexas un referente para os nosos rapaces.