¿Combat School para Wii?
Cando era cativo e veraneaba en Rianxo estaba enganchadísimo á recreativa Combat School que era unha mestura entre as películas tipo El Sargento de Hierro ou Oficial y Caballero cos xogos de olimpíadas (Hyper Sports, Daley Thompson’s Decathlon…) e ao ver o avance de Jillian Michaels’ Ultimate Fitness 2009, que se anuncia coma un xogo de fitness (ou sexa, unha especie de Wii Fit) aproveitando a imaxe dunha tía que imaxino que será coñecida para os seguidores das teletendas nocturnas (aínda que teña libros e DVD con programas para perder peso, o que dubido que dea sona a ninguén agás a Jane Fonda) e no que eu vexo un xogo coma o Combat School pero coa interface da Wii, o que fai que o seu uso non se limite a axitar o joystick ou darlle aos botóns a toda velocidade, o que xa cansaba bastante no seu día.
Xulgade vós mesmos:
E agora, a lembrar o Combat School:
Sinceramente, ¿non parece que o xogo de Wii está inspirado na recreativa de instrución militar?






Sen comentario!