Domingo, 25 de Xaneiro de 2009

Volta á Idade de Pedra (no tocante ás comunicacións)

Esta fin de semana supuxo unha experiencia que que demostrou en boa medida o vulnerables que son as nosas infraestruturas, pois chegou cun vento moi forte para pór media Galicia patas abaixo. Loitar contra os elementos é complicado pero, ¿de verdade as consecuencias eran inevitables? Estou seguro de que moitas non.
Miremos, por exemplo, a nova sobre Melide que había hoxe en La Voz:

El concello de Melide permaneció incomunicado sin teléfono ni Internet tras el paso del temporal

Fue duro, muy duro. El último recuerdo que se tiene en Melide de algo similar data de, al menos, un cuarto de siglo. El temporal que azotó la comunidad dejó a su paso mucho más que capítulos de insomnio asociados a la angustia ocasionada por el zumbido amenazante del viento. Sus efectos hubiesen sido una prueba de fuego para el santo venerado por el don de la paciencia.

Lo que en estas líneas se cuenta es gracias a los comentarios que corrieron como la pólvora entre los corrillos vecinales de Melide, única fuente periodística para informar de las consecuencias del temporal en la zona. Obtener el parte oficial de lo ocurrido se quedó en el intento.

La localidad perdió toda conexión tecnológica para comunicarse. Sin teléfono fijo, sin acceso a Internet y con la mínima, y no permanente, cobertura en las líneas de telefonía móvil. Ése era el panorama a última hora de ayer en pleno casco urbano de la villa.

Las noticias que hasta allí llegaron por boca de la gente cuentan que el temporal dejó un reguero de desperfectos: árboles y antenas caídas y daños en letreros luminosos de establecimientos. Gracias al boca a boca también se supo que en las parroquias rurales de Melide no vieron más luz que la del día.

Más suerte tuvieron los vecinos del casco urbano, ya que los cortes se produjeron solo en los momentos álgidos del temporal, que no dejó más daños que los materiales. También dejó la calma y carga de trabajo para reponer los servicios afectados.

La crónica ni con taquígrafo hubiese llegado a tiempo a la rotativa, pues ha sido editada a golpe de dictado telefónico. La única e intermitente raya de cobertura del terminal móvil, por suerte y de aquella manera, se portó. Fue lo único bueno del día.

O da telefonía é algo totalmente inaceptable nos tempos que corren, especialmente porque deixa á xente desvalida, sen xeito de comunicar a alguén ante unha emerxencia. E a desculpa de que cae unha árbore no camiño tirando un poste telefónico é algo que coa tecnoloxía dixital non ten desculpa, pois sempre que houbese algún tramo de liña telefónica (por moitas voltas que dese) capaz de comunicar 2 puntos, debería facelo. A tecnoloxía a teñen, pero non a aplican, e coas comunicacións tan centralizadas coma temos, un problema técnico en Madrid é capaz de deixar sen telefonía móbil nin acceso á Internet a todo o norte peninsular (é un caso verídico).
Willma ao cornófonoA nivel persoal a situación é moi preocupante, pois cando hai un temporal queres contactar cos familiares para ver se están ben, e se non podes chamar a ningún teléfono fixo ou móbil dunha vila, ¿cómo podes quedar tranquilo?
Aínda que o subministro eléctrico, a auga corrente e as comunicacións polas estradas sexan prioritarias a simple vista, coido que temos que empezar a ver ao mesmo nivel as telecomunicacións, pois non podemos volver á Idade de Pedra (por chamar dalgún xeito aos tempos sen telefonía nin Internet) cada vez que haxa un temporal, que durante unha obra corten o cable que non deben ou que prodúzase unha avaría fortuíta. Xornadas como as pasadas deberían levarnos a esixir ás compañías que xestionan as nosas infraestruturas de telecomunicacións que tomen medidas para evitar situacións como as desta fin de semana, con Melide sen teléfono fixo e móbil (agás Vodafone) durante todo o sábado, o que para algúns incluso puido chegar a supor un problema de cartos (os caixeiros automáticos tamén estaban sen conexión) para algúns.

Cambiar o sistema excesivamente centralizado da telefonía en España é unha tarefa titánica, ante o inmobilismo de Telefónica, pero algunhas precaucións a outros niveis tamén serían ben recibidas. Por exemplo, ¿alguén poderíame explicar por qué nas rúas de Melide continuaba instalado o alumeado de Nadal co potencial perigo que supón ante un temporal moi avisado? Comento este detalle anecdótico só a xeito ilustrativo, pois de actuarmos con máis sentidiño en todos os ámbitos que poidamos poderiamos reducir os problemas a arranxar logo. Máis vale previr que curar.

11 comentarios realizados

a gravatar

1. Luisma escrito o 26 de Xaneiro de 2009 ás 15:11

O extrano é que na miña casa o teléfono funcionou o sábado durante boa parte da mañán, para preto do mediodía deixar de funcionar…e o temporal xa rematara había unhas cantas horas. A resposta de telefónica era “avería masiva”.

a gravatar

2. CLARA escrito o 26 de Xaneiro de 2009 ás 15:13

En mi casa tb. Funcionó hasta las 12. Y cuando llamé a telefónica me dijeron lo mismo, “avería masiva”.

a gravatar

3. Marcus escrito o 26 de Xaneiro de 2009 ás 16:00

Eu tiven a sorte de que na casa temos móbiles con Vodafone, e así puidemos falar entre nós.
Iso si, co meu irmán non puidemos establecer comunicación ata a tarde, pois fora a Arzúa e alí non había ni telefonía de ningún tipo nin luz eléctrica.

a gravatar

4. lauren escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 2:01

Na miña casa quedamos sen as duas lineas fixas ata o sabado…Por certo eu fixen unha cea con 10 amigos a lus do cadil ate as 7 da maña,jeje
O das luces de Nadal, imperdoable, menos mal que non causaron daños persoais,senon teria que haber reponsabilidades.Eu vin un rapaz cunha brecha na cabeza pq lle petou no coche unha valla, e non sabemos donde carallo saiu, ocupaba mitade da estrada no cruce.
Coma contrapunto dicir, que non teño nin puñetera idea de coma estan as infraestructuras…Pero desde o Ortensia non se recorda nada igual, en 25 anos un corte grave de telefonia fixa perdonaselle a calqueira.:)
(polo menos que eu recorde na niña casa).

a gravatar

5. Marcus escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 2:29

Lauren, eu non quero perdoar o corte da telefonía fixa porque considero que tecnoloxicamente é evitable (pero Telefónica non quere descentralizar as súas infraestruturas). Coido que en casos como a pasada fin de semana é cando menos poden fallar as comunicacións, pois se ante unha emerxencia non se poden usar os teléfonos (nin fixos nin móbiles) a xente desespera.
E que os cortes de luz aínda seguisen o luns (na radio comentaban que incluso había problemas no casco vello da cidade, que manda truco) xa é unha carallada total. Menos mal que en moitas aldeas xa teñen grupos electróxenos para as emerxencias que se non…

a gravatar

6. gaioso escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 13:12

Pois eu estou desesperado porque non teño móbil dende o sábado pola mañán. Teño dúas líñas de Simyo e o mellor de todo é que eles descoñecen que teñan ningún tipo de avería. É dicir chamo a atención ó cliente e me din que non saben si funciona ou non a antena que cubre Melide. Solución: Ningunha. Terei que ir ata outra poboación a facer un desvío, que por suposto, pagarei eu, porque eles tampouco se fan cargo dos custos deses desvíos que teño que facer pola súa culpa. En fin, benvidos ó século XXI. Eu tan só pido información, que me digan que é o que pasa e ata cando vou estar así. Cada vez me acordo máis do Enjunto Mojamuto en El peor dia de mi vida

a gravatar

7. Marcus escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 13:25

Gaioso, paréceme rara a cousa, porque Simyo tiña cobertura o sábado pola tarde en Melide, pero só con GPRS. Mira a ver se tes configurado o móbil para que colla só 3G.
Unha mágoa que Simyo empregue a infraestrutura de Orange/Amena, porque é a peor que hai, pese a que os prezos de Simyo sexan dos mellores :(

a gravatar

8. Gaioso escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 15:00

Marcus, nada de nada, non existe a rede de Orange, só aparecen as de Vodafone e Movistar. Onte tiven unha hora de cobertura, pero foi á hora de xantar e só me chegaron as mensaxes das chamadas perdidas, pero hoxe nin eso, en fin… unha mágoa, porque ata agora estaba moi contento co servizo, que tampouco son un gran usuario de móbil, pero só pido ter cobertura en Melide.
Pero o máis grave nestes casos non é a avería en sí, que eu podo entendela, pero a falla de información é o máis grave. ¿Como é posible que esta compañía non sepa qué estacións están en servizo e cales non?. Non sei ás veces pensamos que a tecnoloxía que está detrás destes operadores é maior do que realmente é. Porque nas reportaxes sempre se ven unha salas tremendas cheas de pantalla e gráficos, pero penso que é mentira. Porque non me cabe na cabeza (de informático) que unha (ou varias) das estacións non funcione durante CATRO días e nin tan siquera teñan constancia delo e non sepan dicirche nada máis que busques a estación a ver si aparece por ‘casualidade’. En fin, me quedarei como Enjuto, esperando que “volvió de repente él solo”… unha aperta.

a gravatar

9. Marcus escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 15:05

Vaia, Simyo non sabe das avarías porque a rede é de Orange, e posiblemente non lle subministren tal información. O único que podes facer é queixarte con insistencia para que pasen un parte de incidencia a Orange e aceleren a reparación da antena de Melide :(

a gravatar

10. gaioso escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 16:03

Pois parece que a incidencia é da antena de Melide, porque en Santa María sí teño un pouco de cobertura. Así que ando polo pobo cando teño que facer unha chamada. ¡Qué situación máis ridícula! pero bueno, é o que hai. Dende logo que me vou queixar con moita insistencia, e como hoxe non o reparen mañá a consumo coma unha chispa.

a gravatar

11. enfeitizador escrito o 30 de Xaneiro de 2009 ás 6:32

Pois eu no meu caso, o sábado durante toda a mañá non habia cobertura no móbil de ningunha compañia, e sobre as 19:00h, xa comezaban a aparecerme as redes de Vodafone e Movistar. Como usuario de Orange, non tiña cobertura, e a cousa foi chamarlles ao servizo de atención, e darlle-la localización (Porto do Son). Tras uns minutos agardando a que fixeran as debidas xestións, a operadora xa me dixo que era un problema localizado pero sen notificar; agradeceume que lles fixese o aviso, e que en breve xa quedaba a cousa restablecida. E así foi, uns 5 minutos despois, xa habia cobertura na zona.
O que é criticable foi o de Telefónica e o ADSL. Liña houbo, só se perdeu na mañá do sábado volvendo ao mediodía. Chamáselle ao servizo de atención e, unha vez indicas o teléfono asociado, saltábache unha locución de que habia problemas e cortaba a chamada. Que haberia problemas o supoñia, pero a cousa era ofrecer algunha resposta para os interesados, pois, xa que se paga un prezo (alto) por un servizo ás 24h, deberian poñer un servizo alternativo vía módem telefónico (como nos ofrecía Wanadoo no seu tempo), mentres se puidese, para urxencias, porque non te imaxinas o que é ter que viaxar ate Asturias sen saber como estan as estradas a última hora.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios