O Dr. Manhattan nun vídeo promocional
Por se alguén dubidaba que a película de Watchmen vai ser xenial (outra cousa é que convenza ao grande público) o mellor que se pode facer é ver un vídeo promocional simulando un programa de televisión da época para demostrar o bo traballo que se está a facer inspirándose no cómic de Alan Moore e Dave Gibbons:
Máis información na web New Frontiersmen.




1 comentarios realizados
1. moinante escrito o 25 de Xaneiro de 2009 ás 17:13
A verdade é que estou que non mexo desexando que chegue aos cines o filme. Hai cousa de dous anos que lin Watchmen a través dunha amiga e o certo é que me encantou. E o pouco que puiden ver por aí da rodaxe paréceme moi ben. Esperemos que non nos decepcione, aínda que é certo que é unha obra moi complexa para levar ao cinema.