Luns, 26 de Xaneiro de 2009

«¡Chanquete ha muerto!»

Accidente no Barco de Chanquete
detalle do accidenteDespois de ver a fotografía que publican no blog do meu barrio na Coruña (captada pola cámara dunha veciña, Elena) pasou pola miña memoria a célebre frase de «¡Chanquete ha muerto!», pois á popular barca que decora os xardíns da vía que une a Avenida de Alfonso Molina con Matogrande era alcumada por moita xente coma o barco de Chanquete.
A min ese tipo de accidentes paréceme que só teñen unha explicación: desprezo polas normas de circulación. O tramo do que saíu da estrada o condutor do vehículo está limitado a 60 quilómetros/hora, e para saír do xeito que fixo estou case certo que iría a unha velocidade superior aos 100 quilómetros/hora (e iso que a vía anterior está limitada a 80) pois para facerlle o boquete á barca e meterse dentro non se vai precisamente respectando os límites de velocidade establecidos.

ACTUALIZACIÓN: En La Voz dan máis detalles sobre o acontecido:

Un hombre ha resultado herido grave al empotrar su vehículo contra un barco, situado en un jardín de la avenida de Alfonso Molina, en A Coruña. El joven, D. B. T., de 25 años, ha sido trasladado al hospital de A Coruña. Tras el accidente tuvieron que intervenir los bomberos y una grúa para sacar el vehículo de allí.
Una internatua, Patricia Ferrol, nos envía fotos tomadas desde una ventana en las que puede verse cómo retiran el coche.

fotografía de Patricia Ferrolfotografía de Patricia Ferrol
Agardo que o mozo recupere pronto a saúde. De paso tamén engado que me fixo ilusión ver que dúas das fotografías que publica La Voz son de Patricia Ferrol, unha profesional do mundo das TIC e filla do ilustre fotógrafo Manuel Ferrol.

O blogueiro Ángel Prego tamén comenta en Voy A Cien o seguinte:

EL COCHE EMPOTRADO
coche empotrado
Y no fue a causa del temporal, ni lo del barco, ni lo del coche. Tampoco es un montaje, ni una “performance” para llamar la atención, ni el decorado de un spot publicitario. Es el mundo real que supera cualquier ficción.
Ocurrió este mediodía en la concurrida Avenida de Alfonso Molina de A Coruña. Los que por allí pasábamos no nos podíamos explicar como y de que manera el coche siguió recto en lugar de seguir el trazado curvo de la salida de Alfonso Molina hacia el polígono de Mato Grande y Barrio de las Flores. Mis ojos no daban crédito a lo que había ocurrido. El coche se empotró con toda su fuerza bruta, cual abordaje de un barco pirata. El conductor está grave y es que teniendo en cuenta que el Opel Astra se metió hasta la mitad del barco, el golpe tuvo que ser brutal. Ocurrió en torno a las 14:30 y tanto los los bomberos como una grúa se tuvieron que emplear a fondo para rescatar al conductor.
Yo en lugar de reparar el barco dejaría el coche incrustado como llamada de atención a las cosas que pueden pasar …… Salvo que al conductor le ocurriese algo previo al choque, parece imposible que en condiciones normales de velocidad se pueda producir un accidente, tan brutal como este, en ese lugar. Pero, ¿qué ocurrió? ¿Cuál fue la causa de la salida de vía y colisión?. De momento no lo sabemos.
En cualquier caso propongo dejar el coche tal y como aparece en la foto para la posteridad. Podría ser el nuevo símbolo de A Coruña, al fin y al cabo el barco quedaba un poco soso.

Vese que non son o único que pensa que o condutor ía fostiado, aínda que que non podo concordar con Prego en que o barco quedase soso. Para min é xa unha seña de identidade coma o Obelisco ou a Torre de Hércules (salvando as distancias).
NOVA ACTUALIZACIÓN: A nova chegou ao Informativo Serán da TVG:

12 comentarios realizados

a gravatar

1. Daniel Seijo escrito o 26 de Xaneiro de 2009 ás 18:56

Velocidade inadecuada, seguro. Velocidade excesiva, non necesariamente.

É posible entrar na curva a 60 km/h (non é una velocidade baixa), collela mal, e unha vez fora da vía na herba é complicado frenar. De feito vese a marca do ABS (a discontinuidade), ademáis do salto do principio. E o impacto puido ser a 20 km/h, que parece pouco pero non o é tanto se impactas contra un barco :)

Non trato de xustificar ó conductor, posto que é a súa obriga adaptar a sua velocidade as condicións do vehículo e da vía, pero xa se sabe, deformación profesional :)

a gravatar

2. Marcus escrito o 26 de Xaneiro de 2009 ás 19:12

Daniel, a min paréceme moi difícil que indo amodo, aparte de chocar contra a barca, te metas dentro.
O fulando fixo un recto demasiado esaxerado. Eu collo esa curva varias veces á semana, e incluso con firme mollado pódese coller a bastante velocidade, pero está limitada a 60 porque a poucos metros hai unha incorporación na que hai que parar case sempre (é a vía que vén do Polígono de Agrela). O único momento no que a curva pode ser algo perigosa é cando está o autobús urbano saíndo da parada que hai un pouco atrás, pois deixa pouco tempo para meterse na curva (nese caso si podería entenderse o accidente).
Eu sempre collo a curva a 60 en terceira, porque así fórzome a ir amodo, pero sempre hai coches que a pillan fostiados polo que penso que foi un deses casos (aínda que iso supoño que o dirán os de atestados ou os peritos do seguro).
Iso si, gustaríame ver o parte do seguro, para ver cómo no croquis en vez de dous coches pintan un barco ;)

a gravatar

3. El_podcastero_enmascarado escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 0:41

¿Pero o barco ese non o cambiaran xa por outro coche empotrado?

a gravatar

5. Nemigo escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 0:57

non se entenden istas cousas. Non é a primeira vez que pasa. O concello debera tomar medidas pra evitar istas situacións. Non pode ser que alguén quede estampado contra o barco. Xa non só polos danos persoais e materiais

Non se pode estar cada cinco ou seis anos poñendo un barco tras outro

a gravatar

6. Marcus escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 2:23

Si, non é a primeira desgraza do barco, pero tampouco creo que a solución (como propoñen algúns) sexa pór un quitamedos, pois para que un vehículo que saia da vía vaia dar coa barca ten que ir a toda hostia, mentres que se só sae un chisco non lle pasaría apenas nada (e cun quitamedos deixaría o coche feito un cristo).
Eu entendo que as medidas tipo gardarrail deberían limitarse a curvas nas que hai caída, non cando é xusto o contrario.
¿Qué medidas tomar entón? Tampouco parece que sexa preciso pór bandas sonoras, pois o certo é que case todos os condutores respectan o límite de velocidade nese tramo. Ao final o mellor parece que sería o que comentaba Ángel Prego: deixar o coche empotrado para que a xente collese algo de medo.

a gravatar

7. Anonimo escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 12:58

Es fácil juzgar sin tener toda la información , no es tan dificil empotrarse a 50km de ese modo, un golpe a 50 o 60 con un barco de madera que no está preparado para eso y con el peso de un coche, no tiene que ser “tan rápido”.

a gravatar

8. Luisma escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 13:03

Dacordo, anónimo. O barco non pasou con boa nota o crash test —> 0 estrelas EuroNcap

a gravatar

9. xOsse escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 20:02

Que poñan un barco de aceiro XA!… e de dobre casco.

a gravatar

10. Nemigo escrito o 27 de Xaneiro de 2009 ás 20:54

certamente o post definitivo é o de luisma

Deixar o barco co coche estampado non sería mala idea. Seguro que turísticamente arrasa

a gravatar

11. marcus.es » ¡Non deixan descansar a Chanquete! escrito o 1 de Marzo de 2009 ás 13:03

[...] de mandarme por correo electrónico unhas impactantes fotografías doutro coche que ten manía ao Barco de Chanquete que hai en Matogrande: Por sorte tivo a fortuna de non entrar no boquete que xa estaba feito, porque nese caso o leñazo [...]

a gravatar

12. marcus.es » ¡Provocadores! ¡Vai pasar unha desgraza! escrito o 10 de Agosto de 2009 ás 1:10

[...] ¡¿Por qué estaban a provocar dese xeito aos coches?! ¡¿Non se decatan do tentador que é ver unha barca contra a que poder chocar?! ¡Que pouco sentidiño…! por Marcus | en español | escrito en Melide Trackback URL | [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios