Xoves, 1 de Xaneiro de 2009

O motivo da suba de prezos da piscina de Melide

Tras a publicación dun cartel do PP sobre a suba de taxas da piscina de Melide comentaron no blogue que o Concello remitira unha carta para os usuarios da piscina explicando as causas da suba de tarifas:
Carta do Concello
A min parecíame que a suba de prezos era esaxeradísima, pero á vista do publicado entendo que é así para compensar o que se deixou de cobrar nos últimos 3 anos por non ter actualizado anualmente as tarifas. Vaia, que a cousa é máis complexa do que parece.

ACTUALIZACIÓN (3-1-2008): Comentáronme por e-mail que as taxas da piscina si subiran de prezo en 2005, e que en 2006 e 2007 se conxelaran por mor das deficiencias detectadas na cuberta (para o que o Concello tivera que asumir o pagamento de 239.000 euros para arranxalas).
Parece ser que os 280.000 euros dos que fala o PP no cartel corresponden aos 239.000 euros mencionados e a 41.000 euros de subvencións non pedidas.

20 comentarios realizados

a gravatar

1. carlinhos escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 16:39

Marcus, son usuario da piscina de Melide, á que me desprazo todos os días dende Palas de Rei. O problema, baixo o meu punto de vista, non é que suban as cotas (aínda que creo que deberíano ter feito no seu momento e non agora todo dun golpe), o verdadeiro escarnio da situación é o estado das instalacións. O que todo o mundo vemos é que se vai aplicar a cláusula do contrato na que se di que subirá o prezo de acordo á suba do IPC, pero non se cumpren outras básicas como manter os aparatos/instalacións nun correcto estado. É perigoso, en moitos casos, subirse á cinta -por exemplo- porque a mala situación da instalación eléctrica (supoño que derivada das filtracións de auga) fai que pare de súpeto e provocan escorzaduras de nocello. E comento o tema das cintas por non falar do mal estado dalgúns aparatos, da temperatura da auga da piscina en moitas ocasións…
Entón, entendo que se os usuarios debemos cumprir co asinado como abonados (pagar o que se debe, aínda que foi cousa dos xestores non cobralos no seu momento), pero alguén debería ocuparse de que tiveramos o servizo que pagamos.
Dende aquí quero, por último, recoñecer o excelente traballo da xente que está cara o público na piscina. Tanto Patricia como Belén na recepción e Joana na piscina (son as que vexo no horario en que vou) apandan con todas as protestas sen ser as que deberían facelo. Un 10 para o seu trato e actitude.
Un saúdo e deséxoche un bo ano 2009.

a gravatar

2. auga escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 16:49

Bos días e Feliz ano a todos:
(Digo bos días porque acabo de erguerme despois dunha noite de traballo).
Acabo de ler os comentarios de Clara e a nova entrada de Marcus. Creo que moitos ao ver a carta que escribiu a alcaldesa para repartila na propia piscina empezarán a entender de que vai a cousa. Clara di que a folla do Concello que ela viu na piscina so informaba da suba das taxas. Pois logo non estamos falando da misma carta pois cando eu collín esa carta no mostrador da entrada da piscina serviume para ter datos que descoñecía e información moi importante como que o Concello paga cada ano case 40.000 euros á empresa XEDGA, ou que o PP cado gobernaba pasaba de canto contrato firmaba e facía o que lle daba a gana. Non tiña nin idea desa información. Igual a ti, Clara, non che parece información importante pero a min saber que os gobernantes do meu concello fan o que queren e non cumpren nin o que firman, a min si me preocupa.
Supoño que ningún político sobe impostos sen máis pois sabe que esa é a maneira máis doada de perder votos ( e máis a dous meses dunhas autonómicas). Agora entendo que esta suba, aínda que nos fastidie bastante, está provocada por non subir as taxas da piscina nos últimos catro anos (como tiña a obriga de facer o anterior goberno). Agora a empresa pide ao concello case 18.000 euros como compensación.
Eu creo que agora o tema está claro e quen queira ver outra cousa que a vexa. Estamos diante dunha das moitas chapuzas que deixou o PP e que os actuais gobernantes teñen a obriga de corrixir.Tiveron valentía para remexer o conservatorio (feudo intocable dos Vázquez Arias) e vexo que tamén a teñen co funcionamento ( historicamente malo) da piscina.
Clara, sinceramente, ¿pensas que é serio firmar algo e non cumprilo en catro anos?. Chao e gracias a Marcus por poñer no seu blog a carta da alcaldesa pois creo que vai servir para aclarar moitas dúbidas e ter unha mellor información do asunto.

a gravatar

3. lixo escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 16:59

Por favor, señores del PP, dejen de llenar las paredes de los edificios de Melide de “lixo”. Estoy harto de arrancar de mi pared los carteles que ustedes y otros colectivos tienen la manía de colocar sin perdir permiso alguno.Ya está bien, el “lixo” a los contenedores y no a las paredes de Melide.

a gravatar

4. auga escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 17:07

Carlinhos, estou dacordo contigo cando dis respecto da suba do prezo da piscina “(aínda que creo que deberíano ter feito no seu momento e non agora todo dun golpe)”.
Pero, se non se fixo en catro anos progresivamente (como debera ter feito o PP) e agora os actuais gobernantes se atopan con que a empresa lle pide que se cumpra o firmado no ano 2004 e que lle pague case 18.000 euros a maiores, ¿que farías ti nesa situación?. Non sei o que se podería facer neste caso, fastidia mogollón esta suba, pero non vexo que outra solución se pode tomar.

a gravatar

5. lauren escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 22:39

Sinto non compartir os vosos puntos de vista.¿Por qué temos que pagar os usuarios a mala (ou boa) xestión do antigo goberno?Hai políticos que olvídanse do carácter “servicial” incluso asistencial de certas instalacións, véase reabilitacións, obesidades… Polo tanto non podemos coller a calculadora e facer una simple multiplicación dos anos polo Ipc, sen contar ca obriga da Administración de ofrecer dito servicio baixo un principio de igualdade de condicións e universalidade a todos os “petos”, supoñer que non se culplira a ampliación do ipc longo de dez anos, ¿pasariamos a pagar todo xunto, e convertiríase no gim máis caro de galiza?, A administración debe contar con perdas nas súas arcas prol de garantir o servicio asistencial (non de luxo), dunhas instalacións únicas no concello, máis aínda en tempos de crise, e mais se cabe nun ximnasio que as espaldeiras caense na súa base, sí, os parafusos sepáranse mais de 5 cm da paredes cando tiras delas hacía ti, a calor na sala de máquinas faise insoportable, só hai duas cintas para correr, e o espazo para tirarse no chan brila pola súa ausencia. Destacar a profesionalidade e “bon rollo” do persoal, Belen,Patricia e Joana coa que tiven o placer de recibir un curso de natación e lle otorgo humildemente un 10 coma maestra.Saudos

a gravatar

6. CLARA escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 23:00

Auga,
Yo no te discuto nada de lo que dices, sólo digo que yo no vi ese papel. Había uno con la subida de precios y es posible que este también estuviera pero no me dí cuenta.
De todas formas algo no me cuadra.
Tampoco me cuadran las cuentas de Xedga en cuanto al Ipc de 4 años. Número de abonados por el Ipc de esos 4 años no da esa cantidad.
Yo estaré contenta si el Concello cumple lo que dice esa carta y se arreglan las instalaciones. Pero subir antes de mejorar no me parece lógico y tengo mis dudas de que lo vayan a hacer.
El tiempo lo dirá. Si tu dices que el Concello no cumplió con Xedga, estos tampoco cumplieron con los usuarios durante estos 4 años que nunca jamás se han preocupado de las instalaciones, por eso dudo que ahora lo hagan.
De todas formas te sigo diciendo que yo tengo una versión muy diferente de porque Xedga se quería ir. Quien miente ? pues sólo ellos lo sabrán.
Al igual que los anteriores comentarios yo tb doy un 10 para las chicas del piscina.

a gravatar

7. auga escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 1:18

Lauren.
Ningunha empresa aturaría dez anos sen que se cumprise o firmado no contrato.Polo que se ve, esta aguantou catro anos calada porque era o PP quen gobernaba, pero cando se trata do Bloque parece ser que moitas empresas non teñen ningunha paciencia e acórdanse de pedir xa o que en anos atrás se esqueceron de facer.
Por certo, dicirche que unha piscina climatizada non é ningún servizo obrigatorio. Eu estou encantada con que a haxa en Melide e costariame moito que desaparecera, pero ti falas “a obriga da Administración de ofrecer dito servicio”,.. estás moi equivocado. Un concello e a Administración en xeral ten a obriga de ofrecer educación e sanidade, pero nunca, nunca unha piscina climatizada. Non confundamos as cousas. Nin tan sequera é obrigatorio ter garderías, para que vexas, (co importante que son para a sociedade). A piscina é importante para unhas 400 ou 500 persoas (non teño datos seguros ao respecto), cando en Melide somos 8.000 persoas. Polo demais, estou dacordo no mal que están as instalacións e os problemas con moitas bicicletas e outros aparatos do ximnasio, pero tampouco vexo que nos últimos anos a xente protestaramos diante do concello esixindo melloras.
En fin, nunca chove a gusto de todos, pero hai cousas que claman ao ceo.
Feliz ano novo a todos e desexo que este ano 2009 teñamos unha piscina mellor e unhas instalacións reformadas. Todo iso va depender das xestións do actual goberno, pois o anterior xa sabemos como deixou todo.

a gravatar

8. Luisma escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 8:37

Non son quen de comprender a aqueles que non entenden o deporte como principal fonte de saúde, e en particular a natación. Para moitos de nós o deporte é esencial, tanto como para moitos calquer tipo de medicación. Se se consegue un número elevado de socios avéntúrome a asegurar que sería costo-efectiva a gratuidade da piscina… calmantes, relaxantes musculares, hipertensión, colesterol, sobrepeso…todo iso ten un custo elevado/ísimo, e a solución en moitos casos máis sinxela do que parece.

a gravatar

9. josiño escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 11:53

Primeiro de todo,feliz aninovo a todo o mundo.Con respecto ó tema a falar,teño que dicir que aínda que non son usuario da piscina estou ó tanto,por xente que sí o é, do seu estado.Anque a min o que me repatea disto é a postura repetitiva do anterior equipo de governo,que segue a contar as cousas a medias, utilizando as medias verdades de maneira sesgada co único fin de perxudicar ó actual.¿Cando vai selo día que haxa un pouco de “saber estar” na oposición?¿
Lixo ,estou dacordo contigo.O empapelamento masivo das rúas xa cansa.
Propósito de ano novo:Que se faga “política” constructiva,e non ver escenas de pataleta de neno/ resentido pola perda da teta.
O dito, que o ano entre de igual forma que saiu.

a gravatar

10. Luisma escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 12:51

Pois non nos queda nada que aturar co tema dos carteis…chegan as eleccións, fotos e máis fotos + eslogan polas rúas. Prefiro graffitis, ou fotografías de paisaxes…o normal sería habilitar un espazo para este tipo de cousas, e non emporcar todo. Ben nos chegan os anuncios discotequeiros

a gravatar

11. lauren escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 14:36

boas auga.
Imos ver, eu non me refiro os servicios obrigatorios que ten que ofrecer un municipio según o numero de habitantes, ese é outro tema, que por exemplo podo dicir que un concello con mais de 5000 habitantes ten que ofrecer reciclaxe de residuos (o cal se o hai é recente) e pola contra non esta obrigado a ten protección civil, se non me recordo mal estan obrigados a telo os de mais de 15000 (agora mesmo non recordo as cifras pero sei que non estaba obrigado).Creo que non me expliquei ben, o centro do meu discurso radicaba en que un concello non pode actuar ca mesma calculadora que unha empresa,contabilizar os gastos e facer negocio ou quedar equilibrados, para iso nos combran impostos a todos.En ocasions (e esta para min e unha delas) teñen que contar con PERDAS en beneficio do benestar dos administrados,e se non poden asumilas, non cumplen ben co seu traballo, polo tanto a miña obriga e queixarme para que se enteren, señan do color que señan, ben sei que o ximnsasio non é a traida da auga, a recollida do lixo ou o servicio medico (polo cal tamen cobran), pero incido no caracter asistencial que ofrece a moita xente( rehabilitacións, infartados…), sendo o deporte unha das actividades mais importantes no crecemento dunha persoa, na sua madurez e na vellez, só dicir coma explemplo que calqueira que sepa algo de criminoloxia entende que un rapaz que fai deporte non tera tempo a xuntarse con quen non debe, ou pasar a tarde onde non fai nada.Bueno corto o rollo que cada empezo non hai que me pare.Graciñas a todos e bo nadal.

a gravatar

12. lauren escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 15:28

vou facer outro comentario respeto criticar a oposicion, Eu creo, e así o practico, que hai que criticar e meterlle caña o partido que governe, seña o que seña, do teu color ou de outro, para iso son os responsables do que se fai cos nosos cartos e cobran con cargo o diñeiro publico.Facendo un xogo de palabras ocorreseme dicir que non quero caer en facer “oposicion da oposicion” e dicirlle a oposicion como ten que opositar, eles non gobernan, eles sabrán o que fan para triunfar…o que fagan farano cos seus cartos e o seu risco, os cimientos da democracia danlle liberdade a calquer partido politico a facer o que queira cos seus cartos, despois gañaran ou perderan é o seu problema.Por iso esto FARTO, pero FARTISIMO, de ver o partido que governe pasar horas e horas preocupado por como o rival fai oposición.Coidao outra cousa é falar do que fixo cando governou eh¡, estou a referirme exclusivamente o que fai cando oposita.Pero incido de novo moi brevemente en dicir que estanse pasando subindo TODO, peaxes, auga, lixo ,etc,etc,,tres e catro veces o que sube a vida, (por non falar da recaudacion escandalosa de trafico),oxalá nos poideramos poñer o noso soldo coma eles, así non haberia ningun problema.Saudos de novo.

a gravatar

13. auga escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 16:49

Lauren.

Dis “Por iso esto FARTO, pero FARTISIMO, de ver o partido que governe pasar horas e horas preocupado por como o rival fai oposición”. Non esou dacordo contigo, pois ao actual goberno non lle vexo que estea moi preocupado polo que fai ou di a oposición, pois non responde aos seus carteis nin empapela Melide (como fan eles) con bandos informativos. Por non constestar, non contesta nin na radio municipal, cando si podían saír dicindo algo ou desmentindo certos carteis, como facían eles. Eu non escoito moito radio melide, pero miña nai tena enchufada todo o día e nunca me dixo que saíse a alcaldesa nova falando e moito menos criticando (cousa que si facía a anterior alcaldesa cando lle petaba).

Hai moitos xeitos de gobernar e moitos xeitos de facer oposición. Teño claro cada día que pasa que o PP non sabe facer oposición, pensan que todo vale e están moi engañados.

a gravatar

14. CLARA escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 17:03

Auga,
En Radio Melide han salido 50 veces el gobierno actual. Igual tu no lo has oído pero yo sí.Y si no la locutora leyendo notas del gobierno actual refiriéndose a la oposición.

Eso te lo discutiré hasta la saciedad pues es así y no estoy mintiendo.
Que lo hicieran antes, pues también , pero ahora es exactamente igual.
En cuanto a lo de la cartelería te recuerdo que cuando gobernaba el pp el bloque estuvo empapelando el pueblo de forma idéntica.

Yo no discuto quien tiene razón o no, pero que durante los últimos 4 años en el pueblo sólo había cárteles del bloque es bien cierto.
Y también han utilizado la página web para criticar a la oposición.
Las cosas comos son. Y si no lo quieres reconocer pues lo respeto pero es así.
Parece que las cosas no se ven igual según el lado en que estés.
En fin.

a gravatar

15. Luisma escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 17:10

Entón o Pepe emporca as paredes porque antes xa o fixo o bloque aaaaaaahhhhhhhhrrrrrrrgggggggggggg. E ti máis, e ti peor, e ti tamén!

a gravatar

16. Luisma escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 17:11

E si me confundo: MATER NO QUEDA!

a gravatar

17. lauren escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 17:11

bueno, a ver…o meu comentario non ía dirixido o actual governo, de feito non o digo en ningun lado, nin cito tal cousa, nin poño ningun exemplo,non nombro nin carteles nin cartelas;sempre digo “sexa dun color ou outro”; falo de macropolitica…estou xeneralizando das horas e horas de debates nos que se escoitan frases coma ” a ver cuando la opo arrima el hombro”, ou a ver cando fan esto ou o outro…Nin me posiciono a favor nin en contra da alcadesa actual ou anterior, soamente dou un punto de vista acerca do que opino de criticar a oposicion en mais de 30 anos de democracia, nos Municipios, Comunidades Autonomas e Nacións.Graciñas pola vosa atencion.
Saudos.

a gravatar

18. Luisma escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 18:16

Eu penso que o problema de fondo é que dende que un partido gaña unhas eleccións, goberno e oposición deberían turrar polo ben común, e non enzoufarse en merdalladas. No fondo interésalles máis o propio partido e eles mesmos que o ben común.

a gravatar

19. auga escrito o 2 de Xaneiro de 2009 ás 23:52

Luisma, teño clarísimo que quen está “enzoufándose en merdalladas” como ti dis é o PP pois non vexo ao Bloque perdendo os papeis e recurrindo a mentiras e preguntas heavy, heavy como fai o PP ultimamente porque hai que ter moito morro para preguntar:¿onde van os cartos da Deputación? ¿Onde van os cartos do presuposto do 2008?, etc, etc. ¿Queres máis “merdallada” que esta?.
Por certo, Clara, cando digo que nunca sae falando a nova alcaldesa refírome a que nunca a entrevistan, en-tre-vis-tan como se facía antes, con todo o tempo do mundo para largar o que quería. E nas noticias se hai que falar de todo o que está facendo o goberno ou cada concelleiro na súa concellería ¿de quen van falar, de ti?

a gravatar

20. MELICK escrito o 12 de Xaneiro de 2009 ás 14:18

A PISCINA soio ten unha solución ou CERRRAR ou ben REFORMALA TOTALMENTE, eso si, necesitánse moitos cartos.
Para empezar ten unha boa cousa a situación, onde esta permite a súa ampliación por ambolos dous lados.

Necesidades urxentes:

1º.- A cuberta, asegurarse dunha vez por todas, que está ben posta, para que non volvan “as goteiras”.

2º.- Colocar placas fotovóltaicas na cuberta para aforrar o consumo de gasoil (principal problema para que sexa rentable, e a auga este máis quente).

3º.- Unha sala de máquinas decente, que se poida ventilar.

4º.- Novos vestuarios, os actuais son pequenos e incomodos.

5º.- Unha boa atracción para conseguer máis socios sería poder contar con un par de pistas de padle.

ENTON XA SABEN O QUE TEÑEN QUE FACER OS POLITICOS.
A PISCINA CLIMATIZADA NON E UN LUXO COMO DIN ALGÚNS
E UNHA BOA OPCIÓN SANITARIA PARA TODOS.

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero