O PP melidense volve á Internet en forma de blogue

O Partido Popular de Melide está de volta, e tras a desaparición da súa anterior páxina web (popularesdemelide.es), chegan agora cun blogue no que empezan forte, tratando temas coma o da rotonda de Santa María, os danos provocados polo temporal da pasada fin de semana ou o centro de día. Agardemos que manteñan este espazo actualizado, especialmente despois dos comicios electorais.
Unha mágoa que na actualidade non estean activos blogues do resto de forzas políticas presentes en Melide, para que se abrise un diálogo virtual. Aínda que a páxina web do Concello está a ter un ritmo de publicación excelente, bótase en falta que os partidos que conforman o Goberno municipal non teñan unha voz independente na Internet.






11 comentarios realizados
1. aporeles escrito o 31 de Xaneiro de 2009 ás 22:02
Felicitacions.
Animo, e a por eles (e un decir, sentidiño).
No blog de marcus esta temporada non temos polemica, esperemos que aqui teñamos algo de movemento.
Animo de novo
2. rosa escrito o 1 de Febreiro de 2009 ás 0:21
Reunión de Corublogs próximo Sábado 07/02/09 a las 5 de la tarde en Coffee Breaks, Centro Comercial El Papagayo Coruña, avisa a quien puedas. nos vemos
3. lauren escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 15:21
Chámame a atención que non critiquen os novos semafaros.Aínda que funcionan tal mal, son tal inútiles,que insultan a intelixencia, e poderían tachar a oposición de cruel.¡Ningunha cor nos asegura información de nada¡¡Son independientes, non están coordinados¡Por favor, o verde que podamos cruzar a rotonda sen que veñan coches das outras tres direcions, o roxo que teñanos que parar para que pasen os outros, non pq un peón lle deu o boton 4 minutos antes e aburriuse de esperar,é o ambar de transción.Por favor, fagamos que as cousas vaian para algo mais que unha fotiño.
(perdoade o cambio de fio no tema,non foi premeditado).
4. Luisma escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 19:22
Pois eu cruzo unhas 10/15 veces ó día polo cruce e considero que os semáforos funcionan ben para os coches e regular para os peóns, pero o funcionamento consedero que está máis que claro e que é do máis lóxico e elemental.
5. Marcus escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 22:10
Uff, a min ter que parar 4 veces nun semáforo só para ir coller o pan, ¡mátame! Menos mal que de cando en vez lembro cruzar no paso de peóns que hai preto da miña casa, en vez de agardar ao cruce (así evito un semáforo).
Polo momento non vexo que os semáforos arranxen nada, pero haberá que agardar ao mes de agosto para que vexamos a súa eficiencia.
6. luisma escrito o 2 de Febreiro de 2009 ás 23:43
Os semáforos só demostran a súa eficacia nos momentos de moito tránsito de peóns e vehículos, 9 da mañán, 1 do xantar, 8 da tarde, e por suposto domingos. A miña opción é cruzar correndo por onde non hai semáforo jejejeje
7. lauren escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 11:01
Luisma, con todo o cariño, a ver se me dou explicado ben, os meus recursos linguisticos son limitados,cando un semaforo nunha rotonda, esta en Verde, e ti pasas, e resulta que atopas autos nas outras tres direccións que tamen pasan, e se non freas colisionan contigo…, ¡Si, nas outras tres direccions¡.¿Que pinta o semaforo para ti coma conductor?
e mais; porque os de Melide xa sabemos que non vale para nada, que tes que facer “ceda” coma fai 45 anos, cando pasaba o Freire de Santiago cas galiñas e as persoas…Porque os que veñen de Santiago (versus A Coru e Lugo), pensan que o verde lles da dereito a tirar na rotonda, e nunca van a parar nela, vamos, que vas ter que parar ti ainda máis que antano…E todo elo en todas as combinacions que atopes en 4 carriles…
O semafaro pos peons…buff..xogome o soldo dun mes a que ninguen e capaz de esperar que se poña a verde mais de 3 veces o dia…
Espero que os programen ben, (que os comuten basicamente)será un pracer ver os que veñen da coruña para o seu coche pra poder pasar nos…jeje.
Ah pra rematar, ganei unha cea no xaneiro pq unha coñecida amiga de Santiago no o creia, ata que o comprobou in situ.
8. luisma escrito o 3 de Febreiro de 2009 ás 14:29
Os semáforos da entrada na rotonda de Melide xamais están en verde, só en ambar intermitente (pasar con precaución, é dicir, funcionamento tradicional dunha rotonda), ambar fixo e vermello (parar). Se o ambar intermitente se combina con verde para peóns tes que parar se está a pasar alguén (en melide e na Coruña) se está vermello para peóns pasas e ó chegar á rotonda respetas a prioridade.
Só están en verde unha vez que saes da rotonda, o cal indica que tes preferencia sobre os peóns. Se estivese en ambar intermitente a casuística sería a mesma.
No caso de coordinar os semáforos como ti dis, ó mesmo tempo o lóxico sería eliminar a rotonda para axilizar os xiros, pero eu considero que a situación sería máis caótica que a actual.
No que si estou dacordo contigo é que para os peóns é un auténtico suplicio…
9. Luisma escrito o 9 de Febreiro de 2009 ás 12:44
Estame a resultar un pouco incómodo visitar ultimamente melide.net, pois o blogue do PP ten tódalas entradas saturadas. Isto dígoo sen que me inflúa a coir política, e considerando positiva a aparición dese blogue.
10. Marcus escrito o 9 de Febreiro de 2009 ás 13:11
Luisma, Melide.net é só un agregador de fluxos RSS sen intervención humana. Vaia, que é automático. Se os do PP poñen moitas cousas no seu blogue, sairán moitas cousas aí. O que é unha mágoa é que o resto de formacións políticas locais non fagan o propio na Rede, para poder contrastar pareceres.
Neste momento o PP ocupa o 22% das entradas, pero o fan a ráfagas (onte publicaron 5 entradas seguidas, o que fai que perda moita eficacia e eficiencia). Vaia, que o que ten que cambiar non é Melide.net, senón o blogue do PP, no que están a publicarse algúns contidos que coinciden con argumentarios políticos, pero non teñen nada que ver con Melide.
11. luisma escrito o 9 de Febreiro de 2009 ás 14:20
A iso me refiro. Esa modalidade de publicación indiscriminada de contidos por parte do citado blogue desvirtúao (e encima con efectos colaterais)