Venres, 30 de Xaneiro de 2009

O PP melidense volve á Internet en forma de blogue

Novo blogue do PP melidense
O Partido Popular de Melide está de volta, e tras a desaparición da súa anterior páxina web (popularesdemelide.es), chegan agora cun blogue no que empezan forte, tratando temas coma o da rotonda de Santa María, os danos provocados polo temporal da pasada fin de semana ou o centro de día. Agardemos que manteñan este espazo actualizado, especialmente despois dos comicios electorais.
Unha mágoa que na actualidade non estean activos blogues do resto de forzas políticas presentes en Melide, para que se abrise un diálogo virtual. Aínda que a páxina web do Concello está a ter un ritmo de publicación excelente, bótase en falta que os partidos que conforman o Goberno municipal non teñan unha voz independente na Internet.

Ruxe-ruxe e as guitarras de plástico

Hoxe vin sorprendido como en La Voz publican unha análise dos xogos Rock Band 2 e Guitar Hero World Tour da man dunha banda compostelá:

Videojuegos musicales
«É moito máis heavy que matar marcianos»

Pedimos al grupo Ruxe-Ruxe que le metiese caña al «Guitar Hero» y al «Rock Band 2». Dieron su concierto, alucinaron con los dos juegos y sentenciaron: «Algo mellor o primeiro»

Ruxe-Ruxe Hero

El videojuego se reinventa. Manda la crisis. La industria mata al marciano y al monstruo, aparca al jugador hardcore y bombardea al casual con productos imaginativos. El último bombazo, los juegos musicales. Guitar Hero World Tour y Rock Band 2 lo tienen todo para que te cuelgues una Stratocaster y te marques unos punteos con tu grupo favorito. Da igual que no sepas tocar. Vale con seguir las indicaciones en la tele, es como un karaoke musical. Y si se apuntan los colegas, mejor. También hay sitio para bajo, batería y vocalista.

Para comparar los dos juegos pedimos a los compostelanos de Ruxe-Ruxe, fanáticos de la Play, que les diesen caña y se mojasen. Rock y punk en la coctelera de la banda gallega para testar el repertorio hevilocho de este software. Y el veredicto fue el siguiente: mejor el Guitar Hero, visualmente más moderno, pero con matices; la guitarra del Rock Band está más lograda.

La cita, en la tercera planta de El Corte Inglés de A Coruña, sin trampas y a la vista de un público de lo más ecléctico. Turno en primer lugar para el Guitar Hero World Tour. Algunos ajustes, tanteos iniciales… hasta que sacude toda la planta de juguetes el grunge underground del About a Girl, de Nirvana. En la tele, una especie de Jimmy Hendrix virtual lidera a la banda ante un público catódico muy entregado que contagia a los Ruxe-Ruxe.

Ritmo para principiantes

Ruxe-Ruxe prestando atención ao xogo

El primero en motivarse, Martín, guitarra del grupo: «¡Como vai a peña! ¡Ca-len-tí-si-ma! Espera, espera que isto vai ser máis importante que o próximo festival», le suelta a Vituco, vocalista, pero que intenta cogerle el punto a la batería.

Las primeras impresiones son técnicas. «O xogo, no nivel básico, fai unha selección das notas da guitarra. Tocas algunhas, pero non todas, e iso non me convence», advierte Martín. A Vituco le mola algo más: «Esta batería está ben para coller o ritmo. Métecho no corpo, é unha boa axuda para a xente que comeza a tocar».

El verdadero batera del grupo es Álex Sevilla, que empieza a disfrutar. Antes de probar los platillos se mete un poco con su compañero, al que le sale volando una baqueta: «¡Atención al estilo de Vituco!». Buen rollito. El vocalista se va formando una opinión: «Hoxe saímos de aquí cos dos xogos. Están tremendos». Y Martín, a la guitarra, sigue por libre: «¡Mira que coordinación, non o podo crer!».

Poco realismo

Arrecian las críticas. «O xogo che ten moi atrapado e aos músicos vailles gustar, pero a guitarra debería parecerse máis a unha de verdade», censura Martín. Sevilla le pone mejor nota a la batería: «Me flipan estas historias. Non ten moito que ver coa realidade, pero a sensación conseguida co xogo me encanta. Méteche dentro do concerto e a batería está moi ben para iniciarse».

Ruxe-Ruxe posando mentres tocan

Con el Up Around the Bend, de la Creedence, llegan nuevos músicos, dos chavalitos de unos siete años que prometen feroz competencia. Vituco da por perdida la batalla antes de que se libre: «Seguro que xogan mellor ca nós». Y confiesa: «Nós dámoslle ben ao Pro Evolution Soccer», con partidos de hasta seis horas los domingos.

Mientras suena aún el swamp rock de la Creedence llega el momento friki del concierto. Lo pone Hortensia, una abuela algo perdida en busca de Pocoyó. «¿Pero qué música é esa? Saca de aí, non me gusta». Sus nietos se quedan sin guitarras.

«Botáronme, tío». Vituco pierde el ritmo de la batería y el juego lo expulsa después de una amonestación. «Estás nominado», acusa Sevilla. «Moita presión, tío», replica el batera. Los Ruxe-Ruxe descubren el lado realista del Guitar Hero, y les mola. «Ben, xa só falta que alguén chegue tarde ou mamado e xa é como un grupo de verdade», apostilla Martín.

Vituco da una explicación algo más técnica. «Está ben logrado -comenta-. Cando fallo eu prexudico tamén ao Sevi, rebento a canción e iso ten moito que ver co que pasa nun grupo de verdade».

Cambio de consola

El traslado al Rock Band 2 llega de la mano de The Clash y su Should I Stay or Should I Go. Contagia al público, que hace corro, y al propio grupo. Levantan las piernas, siguen el ritmo con la cabeza y se meten en la piel del concierto. «É moito máis heavy e divertido que matar marcianos», resume Vituco, entusiasmado con el segundo juego.

Sin embargo, el Rock Band supone un pequeño bajón. Está menos evolucionado en la imagen virtual. «Os gráficos están máis logrados no outro xogo, aínda que me gustan os dous. E a batería é mellor a do Guitar Hero porque ten os pratos e iso agradécese», expone Sevilla.

«Pon aí que quedou enganchado», apunta Martín. En efecto, el Rock Band se ha bloqueado, así que llega el clásico apaga y enciende. El repertorio de ambos juegos es similar, sobre todo por estilo, así que para un vocalista no hay grandes diferencias. Estos videojuegos son para él exactamente lo mismo que un karaoke.

Pero no todas son desventajas en el Rock Band. «A guitarra é máis completa, é algo mellor que a outra e ten máis dificultade», matiza Martín.

Con Creep, de Radiohead, Sevilla descubre que el juego le deja margen para improvisar. «Ah, vale, vale… ¡qué bueno!», y se suelta con un solo espectacular con el que se acaba el concierto.

El colofón lo pone el mánager, Nicolás: «Todo moi ben, pero faltou o whisky nos camerinos». Otra vez será.

Aínda que o texto resulta moi divertido, resulta moi pouco práctico á hora de ter que elixir realmente entre un xogo ou o outro por diversos motivos:
- Dan moita importancia ao nivel gráfico (o que posiblemente sexa o que menos atrae ao usuario final, que busca divertirse) aínda que o seu criterio comparativo non ten moito sentido: un xogo non ten mellores gráficos que o outro, o que teñen é un deseño diferente (é como dicir que Astérix está mellor impreso que Tintín cando gustamos máis do debuxo).
- Vinculan os instrumentos aos xogos, o que non é necesario, pois podemos usar a guitarra de Rock Band e viceversa (especialmente na Xbox 360, consola que ten a máxima compatibilidade de periféricos)
- Esquecen totalmente o repertorio musical incluído (de serie e en descarga) o que é chave para elixir entre un ou outro. Por exemplo, para o Rock Band está Platero y Tú, e para Guitar Hero temos a Fito y Fitipaldis (eu prefiro a Platero). Se miramos o catálogo internacional, o Guitar Hero incorporou ultimamente temas de Oasis, Bruce Springsteen e os Eagles e Rock Band tirou pola Steve Miller Band, Lenny Kravitz e Grateful Dead; que cada un saque as súas conclusións.
- E, finalmente, dan a entende que o Guitar Hero World Tour é mellor que o Rock Band 2 cando toda a crítica de videoxogos do mundo di todo o contrario. O Guitar Hero III é o mellor xogo de guitarra que saíu, pero o World Tour é unha copia do Rock Band que quedou no intento. En cambio, o Rock Band 2 incorporou unha chea de innovacións, especialmente na experiencia en liña (coma poder deseñar un grupo para logo tirar fotografías aos seus integrantes e mesmo encargar reproducións físicas dos mesmos).

De todos os xeitos, para gustos pintan cores, e eu non elixo entre os dous xogos, senón que alterno entre ambos, pero xogando sempre coa vella guitarra sen fíos do Guitar Hero III ;)

Xoves, 29 de Xaneiro de 2009

O meu refresco favorito cambia de imaxe

Boas tardes, chámome Marcus, e son adicto… á Pepsi Max. Non porque sexa anti-Coca-Cola, senón simplemente porque o sabor da Pepsi Max paréceme insuperable (entre os refrescos carbonatados). E teño que incidir no feito de que é a Pepsi Max e non a Pepsi normal a que me mola, pois a segunda non me convence dende que cambiou de sabor hai uns 15 anos.
Agora estou un tanto flipado, porque os de Pepsi volven cambiar a súa imaxe. Digo volven porque antes as cores da Pepsi eran o branco e vermello que cambiaron polo azul (o que custou unha pasta gansa no seu día); e aínda que o cambio do seu logotipo non é moi radical, parece que o fan con elegancia:

A Pepsi normal conserva a súa cor azul, pero a Max ¡cambia a gris escuro! Eu agradezo o cambio, pois así será máis doada de atopar nos supermercados. Pero o mellor de todo é o anuncio para a SuperBowl que preparan (está sen confirmar) para anunciar a nova lata de Pepsi Max:

¡Estou ben! ¡Estou ben! Aínda que debín levar un golpe na cabeza, pois non deixo de pensar que as novas latas de Pepsi parcen deseñadas por Apple.

Martes, 27 de Xaneiro de 2009

As consecuencias do temporal e os seguros en RadioVoz

Tras a miña intervención de hoxe en RadioVoz, Isidoro entrevistou telefonicamente ao presidente do Colexio Profesional de Mediadores de Seguros na provincia de A Coruña, Juan M. Sánchez-Albornoz, quen respondeu ás dúbidas que durante os pasados días xurdiron aos cidadáns sobre as indemnizacións que poderían satisfacer as compañías de seguros co gallo dos desperfectos causados pola cicloxénese explosiva da pasada fin de semana. O corte de audio resulta moi educativo:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Na web de La Voz tamén levaron a texto o asunto:

El Consorcio de Seguros cubrirá los daños por viento de más de 135 km/h
Empresas, peritos y agentes del sector, desbordados por el gran número de incidencias que deben atender

Las compañías, corredores y agentes de seguros desviarán al Consorcio de Compensación de Seguros a aquellos clientes que habitan en zonas donde se dieron ráfagas de viento superiores a 135 kilómetros por hora, siempre y cuando tengan una póliza que cubra este tipo de desperfectos en sus casas o en sus instalaciones agrarias. La mayoría de los seguros multirriesgo del hogar -muchos de ellos formalizados al suscribir una hipoteca- cubren los daños producidos por este tipo de circunstancias meteorológicas siempre y cuando la intensidad del viento oscile entre 90 y 135 kilómetros por hora. En cualquier caso, es recomendable comprobar que en la póliza del seguro figura esta garantía adicional.

Dentro de este margen, las compañías cubren los daños directos del temporal, pero a partir de los 135 kilómetros por hora la normativa española cataloga estos incidentes como «riesgos extraordinarios», y es el Consorcio de Compensación de Seguros (entidad pública empresarial dependiente del Ministerio de Economía y Hacienda) el que asume estas indemnizaciones. Para ello es preciso tener contratada una póliza con una compañía privada, pues en la facturación de este seguro va incluido un recargo en favor del Consorcio para que se haga cargo de los riesgos considerados extraordinarios.

En este sentido, el Colegio Profesional de Mediadores de Seguros de A Coruña envió ayer a sus asociados una circular en la que se les recordaba que las zonas con vientos superiores a 135 kilómetros por hora quedarían fuera de la cobertura de las compañías privadas. Esta información, explica su presidente, Juan Manuel Sánchez Albornoz, se basa en los datos de MeteoGalicia, aunque esperan completarlos con los que facilite la Agencia Estatal de Meteorología.

Según esta previsión inicial, los asegurados de la zona de A Mariña lucense entre Burela y Cervo serían atendidos por el organismo público, «pues tenemos datos de viento de entre 148 y 151 kilómetros por hora». Algo similar sucederá en zonas de la Costa da Morte como Malpica, Camariñas y Cee, donde también se registraron ráfagas superiores a los 135 kilómetros por hora.

Numerosos asegurados no pudieron ser atendidos en la jornada de ayer debido a la saturación de los call centers de las principales aseguradoras o entidades bancarias que suscriben directamente seguros del hogar. Fuentes del sector confirmaron que en los próximos días se reforzarán los centros de atención al cliente para que puedan dar parte de los daños. Es necesario recordar que hay siete días de plazo para comunicar los incidentes, pero siempre se puede reclamar si el retraso es atribuible a que la compañía no ha atendido con diligencia a los clientes. En la página consorseguros.es se encuentra el modelo de reclamación para los afectados que tengan que ser indemnizados por el Consorcio de Compensación de Seguros.

Los agentes y corredores de seguros y el cerca de medio millar de peritos que hay en Galicia también estaban ayer saturados ante la gran cantidad de incidencias que debían atender. No obstante, los colegios y asociaciones del sector están recordando a los propietarios que tienen la obligación de mitigar las consecuencias del siniestro para que el daño no sea mayor. Los peritos tardarán varias semanas en acercarse a las casas para valorar los daños, por lo que es importante acometer las reparaciones urgentes para que no se agrave el daño. De lo contrario, habrá problemas para lograr que el seguro cubra los desperfectos. Un ejemplo: si el viento se ha llevado parte del tejado es importante repararlo cuanto antes, pues puede acarrear daños en otras zonas de la casa que ya no cubriría el seguro si no se arreglan con urgencia.

Si se opta por reparar los desperfectos ante la imposibilidad de ser atendido por el seguro, es importante fotografiar o grabar en vídeo los daños originales, así como conservar los restos dañados aunque se lleve a cabo la reparación -las tejas rotas del tejado, por ejemplo-. No está de más buscar a testigos oculares de los desperfectos para que su testimonio sirva de apoyo ante los empleados de la aseguradora o los peritos. Por supuesto, es importante conservar las facturas de cualquier tipo de reparación o de las circunstancias que acarrearon (por ejemplo, la factura del hotel si no se puede utilizar la vivienda habitual).

Es importante leer la póliza para ver si el seguro cubre los efectos de los cortes de luz sobre los electrodomésticos -subidas súbitas de tensión cuando vuelve la luz- o los productos congelados que se perdieron. Si no está asegurado, solo queda una incierta reclamación ante la compañía eléctrica.

Ao final todo depende da letra pequena da póliza que teña cada un, pero os consellos que deu Sánchez-Albornoz son benvidos, e de seguro que moitos quedaron tranquilos ao escoitar as súas palabras.

Iso si, non podo rematar esta entrada sen publicar unha cuña que escoitei na radio promocionando o sistema operativo Galinux:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Tamén hai anuncios televisivos (emitidos pola TVG):

¿Quen se atreve a dicir agora que non sabe o que é o Galinux? E, ¿a que molan os ruidiños que fai o pingüín?

Luns, 26 de Xaneiro de 2009

«¡Chanquete ha muerto!»

Accidente no Barco de Chanquete
detalle do accidenteDespois de ver a fotografía que publican no blog do meu barrio na Coruña (captada pola cámara dunha veciña, Elena) pasou pola miña memoria a célebre frase de «¡Chanquete ha muerto!», pois á popular barca que decora os xardíns da vía que une a Avenida de Alfonso Molina con Matogrande era alcumada por moita xente coma o barco de Chanquete.
A min ese tipo de accidentes paréceme que só teñen unha explicación: desprezo polas normas de circulación. O tramo do que saíu da estrada o condutor do vehículo está limitado a 60 quilómetros/hora, e para saír do xeito que fixo estou case certo que iría a unha velocidade superior aos 100 quilómetros/hora (e iso que a vía anterior está limitada a 80) pois para facerlle o boquete á barca e meterse dentro non se vai precisamente respectando os límites de velocidade establecidos.

ACTUALIZACIÓN: En La Voz dan máis detalles sobre o acontecido:

Un hombre ha resultado herido grave al empotrar su vehículo contra un barco, situado en un jardín de la avenida de Alfonso Molina, en A Coruña. El joven, D. B. T., de 25 años, ha sido trasladado al hospital de A Coruña. Tras el accidente tuvieron que intervenir los bomberos y una grúa para sacar el vehículo de allí.
Una internatua, Patricia Ferrol, nos envía fotos tomadas desde una ventana en las que puede verse cómo retiran el coche.

fotografía de Patricia Ferrolfotografía de Patricia Ferrol
Agardo que o mozo recupere pronto a saúde. De paso tamén engado que me fixo ilusión ver que dúas das fotografías que publica La Voz son de Patricia Ferrol, unha profesional do mundo das TIC e filla do ilustre fotógrafo Manuel Ferrol.

O blogueiro Ángel Prego tamén comenta en Voy A Cien o seguinte:

EL COCHE EMPOTRADO
coche empotrado
Y no fue a causa del temporal, ni lo del barco, ni lo del coche. Tampoco es un montaje, ni una “performance” para llamar la atención, ni el decorado de un spot publicitario. Es el mundo real que supera cualquier ficción.
Ocurrió este mediodía en la concurrida Avenida de Alfonso Molina de A Coruña. Los que por allí pasábamos no nos podíamos explicar como y de que manera el coche siguió recto en lugar de seguir el trazado curvo de la salida de Alfonso Molina hacia el polígono de Mato Grande y Barrio de las Flores. Mis ojos no daban crédito a lo que había ocurrido. El coche se empotró con toda su fuerza bruta, cual abordaje de un barco pirata. El conductor está grave y es que teniendo en cuenta que el Opel Astra se metió hasta la mitad del barco, el golpe tuvo que ser brutal. Ocurrió en torno a las 14:30 y tanto los los bomberos como una grúa se tuvieron que emplear a fondo para rescatar al conductor.
Yo en lugar de reparar el barco dejaría el coche incrustado como llamada de atención a las cosas que pueden pasar …… Salvo que al conductor le ocurriese algo previo al choque, parece imposible que en condiciones normales de velocidad se pueda producir un accidente, tan brutal como este, en ese lugar. Pero, ¿qué ocurrió? ¿Cuál fue la causa de la salida de vía y colisión?. De momento no lo sabemos.
En cualquier caso propongo dejar el coche tal y como aparece en la foto para la posteridad. Podría ser el nuevo símbolo de A Coruña, al fin y al cabo el barco quedaba un poco soso.

Vese que non son o único que pensa que o condutor ía fostiado, aínda que que non podo concordar con Prego en que o barco quedase soso. Para min é xa unha seña de identidade coma o Obelisco ou a Torre de Hércules (salvando as distancias).
NOVA ACTUALIZACIÓN: A nova chegou ao Informativo Serán da TVG:

Domingo, 25 de Xaneiro de 2009

Volta á Idade de Pedra (no tocante ás comunicacións)

Esta fin de semana supuxo unha experiencia que que demostrou en boa medida o vulnerables que son as nosas infraestruturas, pois chegou cun vento moi forte para pór media Galicia patas abaixo. Loitar contra os elementos é complicado pero, ¿de verdade as consecuencias eran inevitables? Estou seguro de que moitas non.
Miremos, por exemplo, a nova sobre Melide que había hoxe en La Voz:

El concello de Melide permaneció incomunicado sin teléfono ni Internet tras el paso del temporal

Fue duro, muy duro. El último recuerdo que se tiene en Melide de algo similar data de, al menos, un cuarto de siglo. El temporal que azotó la comunidad dejó a su paso mucho más que capítulos de insomnio asociados a la angustia ocasionada por el zumbido amenazante del viento. Sus efectos hubiesen sido una prueba de fuego para el santo venerado por el don de la paciencia.

Lo que en estas líneas se cuenta es gracias a los comentarios que corrieron como la pólvora entre los corrillos vecinales de Melide, única fuente periodística para informar de las consecuencias del temporal en la zona. Obtener el parte oficial de lo ocurrido se quedó en el intento.

La localidad perdió toda conexión tecnológica para comunicarse. Sin teléfono fijo, sin acceso a Internet y con la mínima, y no permanente, cobertura en las líneas de telefonía móvil. Ése era el panorama a última hora de ayer en pleno casco urbano de la villa.

Las noticias que hasta allí llegaron por boca de la gente cuentan que el temporal dejó un reguero de desperfectos: árboles y antenas caídas y daños en letreros luminosos de establecimientos. Gracias al boca a boca también se supo que en las parroquias rurales de Melide no vieron más luz que la del día.

Más suerte tuvieron los vecinos del casco urbano, ya que los cortes se produjeron solo en los momentos álgidos del temporal, que no dejó más daños que los materiales. También dejó la calma y carga de trabajo para reponer los servicios afectados.

La crónica ni con taquígrafo hubiese llegado a tiempo a la rotativa, pues ha sido editada a golpe de dictado telefónico. La única e intermitente raya de cobertura del terminal móvil, por suerte y de aquella manera, se portó. Fue lo único bueno del día.

O da telefonía é algo totalmente inaceptable nos tempos que corren, especialmente porque deixa á xente desvalida, sen xeito de comunicar a alguén ante unha emerxencia. E a desculpa de que cae unha árbore no camiño tirando un poste telefónico é algo que coa tecnoloxía dixital non ten desculpa, pois sempre que houbese algún tramo de liña telefónica (por moitas voltas que dese) capaz de comunicar 2 puntos, debería facelo. A tecnoloxía a teñen, pero non a aplican, e coas comunicacións tan centralizadas coma temos, un problema técnico en Madrid é capaz de deixar sen telefonía móbil nin acceso á Internet a todo o norte peninsular (é un caso verídico).
Willma ao cornófonoA nivel persoal a situación é moi preocupante, pois cando hai un temporal queres contactar cos familiares para ver se están ben, e se non podes chamar a ningún teléfono fixo ou móbil dunha vila, ¿cómo podes quedar tranquilo?
Aínda que o subministro eléctrico, a auga corrente e as comunicacións polas estradas sexan prioritarias a simple vista, coido que temos que empezar a ver ao mesmo nivel as telecomunicacións, pois non podemos volver á Idade de Pedra (por chamar dalgún xeito aos tempos sen telefonía nin Internet) cada vez que haxa un temporal, que durante unha obra corten o cable que non deben ou que prodúzase unha avaría fortuíta. Xornadas como as pasadas deberían levarnos a esixir ás compañías que xestionan as nosas infraestruturas de telecomunicacións que tomen medidas para evitar situacións como as desta fin de semana, con Melide sen teléfono fixo e móbil (agás Vodafone) durante todo o sábado, o que para algúns incluso puido chegar a supor un problema de cartos (os caixeiros automáticos tamén estaban sen conexión) para algúns.

Cambiar o sistema excesivamente centralizado da telefonía en España é unha tarefa titánica, ante o inmobilismo de Telefónica, pero algunhas precaucións a outros niveis tamén serían ben recibidas. Por exemplo, ¿alguén poderíame explicar por qué nas rúas de Melide continuaba instalado o alumeado de Nadal co potencial perigo que supón ante un temporal moi avisado? Comento este detalle anecdótico só a xeito ilustrativo, pois de actuarmos con máis sentidiño en todos os ámbitos que poidamos poderiamos reducir os problemas a arranxar logo. Máis vale previr que curar.

Venres, 23 de Xaneiro de 2009

O baile das cellas

As cellas de Zapatero xa non serán as máis populares da televisión grazas ao novo anuncio de Cadbury (os mesmos que amosaban ao Phil Collins máis mono do mundo), que co Baile das Cellas que promete arrasar na televisión británica:

Amais, a canción seguro que resulta familiar para moitos, pois é Don’t Stop The Rock do grupo dos anos 80 Freestyle:

Bou ter a canción na cabeza toda a fin de semana, aínda que espero non mover as cellas involuntariamente mentres lembro o tema.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero