Luns, 29 de Decembro de 2008

Impresionante suba de prezos da piscina municipal

Este domingo vin polas rúas de Melide un cartel do PP un cartel criticando a suba de prezos da piscina climatizada municipal, e dende a agrupación política tiveron a ben mandarme unha copia por e-mail que publico aquí:
suba de prezos na piscina
Hai varias semanas tamén comentaban o asunto no Correo:

El PP de Melide critica la subida de precios de la piscina climatizada
El PP de Melide criticó en un comunicado “la subida desmesurada de precios de la piscina climatizada”. La portavoz de la agrupación, Ánxeles Vázquez, aseguró que “en la situación en la que se encuentra la piscina, lejos de incrementar las tasas por su utilización, deberían bajarse hasta solucionar la situación” con la actual concesionaria del servicio .

Para min é escandaloso tanto o estado das instalacións coma o feito de que se cobren 5 euros a unha persoa que vai de xeito ocasional (o que afasta totalmente á xente que vén a Melide só durante uns días, coma unha ponte, a Semana Santa ou nas festas do verán).
De ser preciso subir as taxas aos socios para cubrir gastos o razoable sería que esta suba fose progresiva durante varios anos e non tan de súpeto (especialmente no caso das persoas con discapacidade), pero supoño que agora non haberá nada que facerlle.

29 comentarios realizados

a gravatar

1. CLARA escrito o 29 de Decembro de 2008 ás 19:02

Pues si Marcus es impresionante. Yo soy usuaria de la piscina todos los días y no me importaría que la subiesen algo si las instalaciones estuvieran en buen estado.
No se puede pretender pagar 25 euros al mes, cuando en una gran ciudad se paga lo mismo con unas instalaciones y servicios muy superiores.

En la piscina no funcionan correctamente las bicicletas, sólo hay dos elípticas, hay goteras por todo el gimnasio y francamente mirando la madera a veces no sabes si vas a salir de allí vivo pues está toda podrida. De hecho el otro día dejé el móvil en una repisa y volvió bien duchadito…

En las duchas te quedas tieso pues la cantidad de agua que sale es mínima ( yo de hecho me ducho en casa). En fin que las instalaciones dejan mucho que desear.
La subida es bestial teniendo en cuenta los servicios que ofrecen y los horarios del gimnasio que son muy ajustaditos.
A todo esto no se imparten actividades desde hace mucho y no sé si se impartírán pues hay que pagarlas a mayores y entonces el precio ya es escandaloso.
En fin un desastre. Y los que lo pagamos somos los que nos gusta hacer deporte, al resto supongo que le da igual.
Sin olvidarnos que a los discapacitados les han subido el 100% . Una auténtica verguenza. Quizá esto es lo que más duele.
Las bajas en la piscina van en aumento y no me extraña. Supongo que al final nos quedaremos sin ella, a no ser que le den una buena lavada de cara, que deseo que así sea.

Si entráis en la web http://www.dir.cat y seleccionais clubs veréis las instalaciones de unos gimnasios que cuestan igual que la piscina de Melide.
Evidentemente es lógico que aquí no van a ser iguales pues el volumen de gente es mucho menor, pero simplemente quiero comparar lo que ofrece uno y otro por el mismo precio.
Un saludo a todos.

a gravatar

2. Luisma escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 8:01

Non creo que se tarde moito en pechar a piscina…:(

a gravatar

3. Gaioso escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 13:45

Poucas veces teño feito uso da piscina, pero supoño que como noutro tipo de servizos, o que ocurre aquí é que é un servizo moi caro e non hai poboación suficiente para amortizala. Na miña opinión creo que vai sendo hora de que as obras públicas sexan feitas con máis rigor e se non se pode facer pois non se fai, pero non podemos pretender ter unha piscina climatizada en cada parroquia de Galicia. Eu apostaría por facer Concellos máis grandes, aínda que houbera que xuntar varios, ter bos medios de transporte públicos e ir centralizando servizos, senón acabaremos con Concellos con máis funcionarios que habitantes. Un saúdo e bo ano (año en español!).

a gravatar

4. CLARA escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 16:42

Pues Gaioso yo considero que si era necesaria la piscina en Melide. Además tiene un número considerable de socios, bueno imagino que ahora tendrá menos y es posible como dice Luisma que cierre y francamente sería una gran p…
Es la única forma que tenemos de hacer deporte pues desplazarse cada día a Arzúa o Lalín para ir al gimnasio me parece un poco rollo.

Melide tiene suficiente población como para tener una piscina, que tampoco somos 4¡¡¡¡
En fin espero que no cierre y podamos disfrutar de ella mucho tiempo.

Feliz año a todos¡¡

a gravatar

5. Luisma escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 16:44

É curioso ver como as instalacións da piscina de Arzúa están cheas de xente e Melide… en fin. Qué é o que falla? a xente de Melide “pasa de todo”? as instalacións non son as mesmas? a xestión non é a mesma? A xente de Arzúa é máis forte que a de Melide?
Calquera que visitara as dúas instalacións coñece a resposta.

Por unha banda a calidade a nivel constructivo das instalacións é totalmente diferente, aínda que non entendo nada desto, se me preguntan, eu diría que a piscina de Arzúa custou o doble que a de Melide. E encima abriuse antes!
O mantemento das dúas instalacións dende a súa apertura foi radicalmente distinto, pois en Melide realmente nin existiu.
Inicialmente a mensualidade de melide pasábaa o propio concello, que posteriormente pasou os nosos datos (incluso os bancarios) a Xedga, quen cobra dende hai anos as mensualidades.

a gravatar

6. CLARA escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 17:08

Pues si costó el doble que la de Melide será que está en mejores condiciones y por eso igual la gente va allí.
La de Melide si tuviera un mantenimiento óptimo no está nada mal, tampoco se trata de tener un CAR.

a gravatar

7. Marcus escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 19:15

Clara, dudo mucho que la piscina de Arzúa costase el doble (que sea más o menos bonita no es sólo cuestión de dinero) pero allí también tuvieron sus problemas, especialmente a nivel laboral (Metoseyco no hizo muy bien las cosas gestionando el personal).
Parece que este tipo de infraestructuras municipales están malditas, pues dan problemas en casi todos los ayuntamientos pequeños. Hay que admitir que es un servicio muy caro de mantener, y lo caro no es precisamente su construcción.

a gravatar

8. clara escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 19:30

Hola Marcus,
No lo digo yo que costará el doble, creo que lo dijo Luisma.
Yo la verdad que no tengo ni idea, pues nunca estuve en esas instalaciones. Bueno fui una vez a jugar a basket y no sé si era donde decís.
Estoy de acuerdo en que cuesta mucho mantenerlas, y a pesar de que me parece una burrada la subida, si las instalaciones estuvieran en condiciones pues se paga y punto, total no nos queda otra.
Pero te digo que a fecha de hoy , vaya esta misma mañana todo seguía igual y la subida es pasado mañana.

Creo que dentro de los 25 euros deberían ir incluídas las actividades por lo menos, no pagarlas a mayores.
Y estar pendiente de que las máquinas funcionen correctamente no es tan difícil, cambiar unas pilas tampoco o que en la máquina de bebidas haya aguas no es misión imposible.
Por certo, podes seguir escribindo en galego que enténdote perfectamente, outra cousa é que eu escriba en castelán por non meter a pata…De todas formas grazas pola consideración.
Saúdos,
Clara

a gravatar

9. clara escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 19:32

Ah por cierto en cuanto a lo del personal, en la de aquí sigue habiendo los mismos empleados que desde el principio y creo que no están del todo mal. Por lo menos tienen unos horarios bastante buenos.

a gravatar

10. Marcus escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 20:59

Clara, eu coido que as actividades sempre deben pagarse aparte, aínda que con descontos para socios (así se fai na Coruña) pois así se poden planificar segundo a demanda que haxa. Tampouco é xusto que unha persoa que sabe nadar teña que pagarlle os cursos de iniciación ao resto.
As novas cotas da piscina son moi semellantes ás que hai na cidade, pero cando menos na Coruña as instalacións son boas (especialmente nas salas de musculación) e o mantemento é axeitado, polo que está claro que os prezos en Melide son altos, pero tamén hai que repartir os gastos entre menos usuarios. Vaia, que a piscina non ter por qué ser un servizo barato, pero da suba de prezos o que critico é a súa rotundidade. Se fose en 2-4 tramos a xente non o notaría tanto.
Ah, e sobre os empregados, o normal é mantelos aínda que cambie a empresa que os xestione (en moitos casos, por imperativo legal).

a gravatar

11. clara escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 22:46

Pues yo es la primera vez que estoy en un gimnasio en el que las actividades se pagan a mayores y he estado en bastantes. Pero igual aquí se hace así, es posible.
En Barcelona lo habitual es que todo va incluído en el precio.

Si que estoy de acuerdo en que la subida ha sido muy rotunda, y sigo pensando que el precio no se ajusta para nada a lo que ofrecen y es muy excesivo.

No quiero meter la pata en cuanto al número de abonados, pero hasta hace poco no estaba nada mal.

a gravatar

12. Marcus escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 23:04

Nas piscinas que hai na Coruña os cursiños se pagaron sempre por separado, cun 50% de desconto para socios. Iso si, coido que hai moitos convenios e algunha actividade de seguro que ten prezos reducidos porque na mesma participan aulas enteiras de cativos.
Logo, entendo que as cotas deberían dar, coma mínimo, para pagar os salarios dos traballadores, pero a piscina non debería ter superhábit, pois de ser así non debería ser municipal senón privada. Non esquezamos que o mero feito de que a piscina tivese sala de musculación prexudicou a unha empresa local ao facerlle competencia que podería considerarse desleal.

a gravatar

13. luisma escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 23:19

Cando digo que a piscina custou o doble dígoo porque imaxino que custou o mesmo, só que as instalacións son mellores. Vestiarios máis amplios… salas de musculación independentes e ben climatizadas… e vaso xa non digamos. Todos isto sin meternos na estética.

Eu coido que a competencia que fai a piscina e o ximnasio ás empresas privadas é moi similar ó que fan os centros médicos ás clínicas privadas. Trátase de saúde pública. É máis, se non fose pola crise, non creo que a día de hoxe fose moi difícil facerlle a competencia ó ximnasio da piscina. Como tampouco lle é difícil a “Don Ángel” facerlle a competencia ó centro médico. Só se trata de ofrecer un servicio diferenciado.

a gravatar

14. Marcus escrito o 30 de Decembro de 2008 ás 23:33

Luisma, temo discrepar no asunto da competencia. As actividades deportivas non se poden comparar de igual a igual coa sanidade, porque a Seguridade Social está para todos, e as piscinas, ximnasios e polideportivos non. O asunto é que en Melide xa houbo varios ximnasios funcionando, e a ninguén se lle escapa que Melide non ten masa suficiente como para poder ter 2 ximnasios en funcionamento (na Coruña a cousa é moi distinta, e incluso hai ximnasios privados preto das instalacións públicas, porque hai mercado para diversificar o negocio) e competir en prezo cun ximnasio municipal (que incluso conta con piscina polo mesmo prezo) é imposible para unha pequena empresa.
De todos os xeitos, dubido que un ximnasio privado en Melide se puidese manter a longo prazo, pero só quería destacar o feito de que, se a piscina fose negocio non debería ser municipal. Vaia, que sempre dará perdas, e iso debemos telo en consideración cando pensemos no asunto das taxas (vaia, que o Concello busca perder menos cartos e non obter beneficios, polo que estaría ben que alguén dixese canto tiña que pór o Concello cada ano para manter a piscina operativo, que supoño que non é pouco).

a gravatar

15. auga escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 11:19

Eu tamén son usuaria da piscina e,aínda que tampouco me gusta demasiado que suban as tarifas, creo que é inxusto atacar so aos que mandan agora no concello pois creo que non teñen culpa ningunha de que en catro anos o concello non cumprira o contrato que ten firmado con Xedga.
Marcus, supoño que non liches unha carta que o Concello entregou aos usuarios da piscina na que nos ofrecía datos interesantes e descoñecidos ata daquela para min. Por certo, ¿sabiades que o concello paga cada ano 39.985 euros á empresa Xedga (como pode lerse nesa carta) e que o concello non subiu en catro anos as tarifas como tiña a obriga de facelo?
¿Que empresa privada atura catro anos sin que se cumpra o contrato que ten firmado? Xedga aguantou ata agora (cando gobernaba o PP), pero parece que cos de agora non ten tanta paciencia e decidiu marchar se non se subían as tarifas, tal e como estaba firmado dende o ano 2004.
Paréceme escandaloso por parte do PP que encha Melide de carteles cando estiveron catro anos sen cumprir o firmado nun contrato. Demostran así que a súa palabra e a súa firma valen ben pouco.
Por certo, aos do PP dicirlle que deixen de pegar os carteis, por favor, nas paredes de casas particulares e no mármol mesmo de edificios. Non teño porque ter ao carón do meu timbre, na miña propia entrada o seu cartel nin o de ninguén. Algo de respeto, por favor, que non todo vale en política.

a gravatar

16. Marcus escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 11:34

Auga, grazas por comentar a cantidade que tiña que pór o Concello para manter a piscina. Como non son usuario da piscina non lin a carta que se mandou aos seus usuarios. Se o Concello pon máis de 3.000 euros/mes para a piscina entendo que das cotas dos socios sacan poucos cartos.
Unha mágoa que a suba de prezos non fose progresiva, pois a percepción que se ten así do asunto é moi mala. De todos os xeitos, cobrar 5 euros por ir un día solto paréceme un abuso.

a gravatar

17. auga escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 12:00

Non atopo agora a carta que nos entregaron pero vou buscala e gustaríame enviarcha, pero non sei o teu enderezo electrónico pois creo que tamén a poderías poñer no teu blog, igual que pos o cartel do PP. Sigo buscando dela.
Estou dacordo en que 5 euros é moito para entrar na piscina, pero os 3 euros de prezo que estableceu o PP no ano 2004 máis a subida anual do IPC ao que estaban obrigados dende ese ano non creo que andivese moi lonxe dos 5 euros actuais.
Eu, aínda que fastidiada pola suba, seguirei sendo usuaria da piscina pois teño un servicio diario as horas que queira e poida estar alí por so 25 euros. Por certo, as comparacións coas cidades parécenme absurdas pois eu tamén vivín no País Vasco e o goberno subvencionaba aos concellos este servicio, polo que podían ofercer uns prezos moito máis baixos. De todos os xeitos, quen prefira que se volva para a cidade. Eu quédome con Melide, aínda que teñamos peores instalacións.

a gravatar

18. Luisma escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 12:02

O certo é que das tarifas o máis chamativo é o da entrada solta, 5 €. Calculando que un usuario medio vai 4 veces por semana, se é abonado sáelle a 1.56 €/ día, o cal, se o pensamos friamente non é ningunha barbaridade (sempre que as instalacións e os servizos merezan a pena).
Cunha entrada a un prezo razonable poderían conseguir que máis xente probara a piscina e, ó mellor, se fixera socia.

Se cadra resulta máis cómodo pedirlle os cartos ó concello que “currarse” os servizos, o mantemento, a atención e conseguir socios… non é?

a gravatar

19. Marcus escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 13:47

Auga, aplicar o IPC de 4 anos a 3 euros daría unha cota de 3,4 euros, o que está moi lonxe dos 5 euros.
Se queres remitirme por e-mail a misiva da piscina podes facelo ao enderezo marcus [aquí unha arroba] melide.net.

a gravatar

20. auga escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 15:58

Marcus, a entrada pode estar lonxe dos 5 euros cmo ti dis pero non sei que IPC empregaches para que che dea so 3,4. De todos os xeitos, para min hai algo máis chamativo no cartel do PP que é a pregunta sobre uns 280.000 euros que según eles deu a Deputación da Coruña ao Concello de Melide. Gustaríame saber cando a Deputación concedeu esa cantidade ao concello e o motivo. Non vin nada nunca en prensa nin na web do Concello falando deses 280.000 euros. Se fora certo,supoño que o goberno de Melide tentaría vender iso e non lles oín nin palabra desa enorme cantidade. Supoño que Clara saberá algo do tema e nos poderá informar se o Concello de Melide ten, a día de hoxe, nas súas contas bancarias 280.000 euros para a mellora da piscina. Se iso é certo, entón o venres mesmo deberiamos esixir ao concello melloras urxentes na mesma. Se o concello non ten eses cartos dos que fala o PP, entón debe ser o PP o que corrixa o seu cartel por contar no mesmo mentiras graves. Graciñas a quen poida informar con datos fiables sobre se o Concello ingresou (e cando) esa respetale cantidade de 280.000 euros. Un saúdo.
Por certo, sigo buscando da carta porque non lembro onde a metín pero…. aparecerá.

a gravatar

21. Marcus escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 16:36

Auga, utilicei o IPC dos últimos 4 anos (aínda que para 2008 usei un valor non definitivo, pois aínda non está fixado).
Sobre os 280.000 euros, non sei de onde sae a suma total, pero o que saíu na prensa foi a achega de 239.000 euros para a reposición da cuberta da piscina (nin idea de cando se pagará a cantidade). Coido que estas medidas económicas se agardaban para antes do verán e veñen de ser aprobadas. Supoño que pronto coñeceranse máis detalles.

a gravatar

22. Luisma escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 16:52

Os cartos da construcción saíron do peto dos cidadans
os cartos da reparación saíron dos cidadáns
os cartos da aportación economica para que xedga non se vaia sairon dos cidadans
os cartos da suba do cota saen dos cidadans
os cidadans estan a enriquecer a unha empresa con unha e outra achega económica. Non deberíamos esixir algo mais?

Onde quedaron aqueles rumores pepeistas de que a nova concesionaria sería ferventia por coincidencias ideoloxicas?

a gravatar

23. auga escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 18:23

Empezo a entender algo. Vexamos: 239.000 euros da Deputación para pagar o novo tellado da piscina que se reparou na etapa do PP e que deixaron sen pagar. Ou sexa, 239.000 euros para que o actual goberno local pague á empresa que fixo a obra de reparación do tellado, non para facer outras melloras na piscina.
O que eu sospeitaba, Marcus, mentiras tras mentira.
Fala o PP de 280.000 euros nun cartel público que é mentira, non existen tales 280.000 euros.
Fala o PP de 280.000 euros para facer melloras na piscina. Mentira novamente, pois pagar o tellado novo que eles deixaron sen pagar non é facer melloras na piscina.
¿A quen pretenden enganar pregutando a onde van 280.000

a gravatar

24. auga escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 18:27

Perdón que subín a entrada sen querer.
Preguntaba a quen pretende engañar o PP con datos falsos e preguntas maliciosas como ¿Onde van os 280.000 euros…?
Remato, pois demostrada a mentira do PP, non sigo perdendo o tempo. Que pasedes unha boa noite.

a gravatar

25. clara escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 19:54

Hola Auga,
He leído todos los mensajes rápido y ahora mismo no tengo tiempo de contestar.
Sólo decir que yo no recibí esa carta y varias personas que conozco tampoco.
En cuanto dónde está ese dinero pues yo no soy la persona apropiada para decirlo, pues ni soy concejal, ni acudo a plenos ni tengo nada que ver con el concello, pero la información que tengo no es igual que la tuya.
Si que te puedo decir que en la página web de la diputación de A Coruña en los acuerdos plenarios del 31 de julio pasado
encontrarás más información.
Y yo no crítico al grupo político. Critico la subida de la piscina ,ni más ni menos.
Feliz año a todos.

a gravatar

26. clara escrito o 31 de Decembro de 2008 ás 21:22

Auga,
Acabo de hablar con 5 personas que van a la piscina. NInguna a recibido dicha carta, así que por favor a ver si la encuentras porque ya me pica la curiosidad.

Dices que el que prefiera que se vaya a las ciudades. En ningún momento he criticado yo Melide, donde estoy más que a gusto, sino no estaría.Y no he dicho que haya peores instalaciones pues en mi ciudad de origen claro que hay instalaciones peores. Sólo he hecho hincapié en los precios según lo que ofrecen.
Y no sé como funciona el gobierno vasco, pero si el catalán. Y los gimnasios de Barcelona no tienen subvenciones de ningún tipo.
Creo que en ningún momento he hecho alusión ni al gobierno actual, ni al pueblo de Melide, ni nada parecido.
En fin, yo también estoy muy feliz en Melide y seguiré yendo a la piscina a pesar de la subida.

Y como tú bien dices hoy hay cosas mejores que hacer y sobre todo a estas horas que andar con estas historias.
Feliz año de nuevo.

a gravatar

27. auga escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 2:16

Clara, en nigún intre dixen que o Concello enviara unha carta aos ususarios, senón que entregara unha carta a usuarios. As cartas estaban no mostrador da entrada da piscina para que as collera quen quixera. O día que eu a collín había un taco de unhas cincuenta copias. A miña acabo de enviarlla a Marcus por correo electrónico e agardo que tamén a poña no seu blog por se sirve de información.Por certo, a información da que falas xa a ofrece Marcus na súa entrada nº 21 na que queda claro que a Deputación da Coruña aprobou 239.000 euros para o tellado da piscina que se amañara na época do PP e que deixaron sen pagar. ¿Podes explicarme a que se refiren os 280.000 euros que fala o PP para melloras na piscina?. ¿Cando se aprobaron eses 280.000 euros? ¿En que xornal ou páxina web se fala ou falou deses 280.000 euros dos que fala o PP? So pido alunha información fiable que aclare ou xustifique o que aparece no cartel do PP, nada máis.
Feliz noite a quen poida saír, pois a unha servidora tócalle traballar.

a gravatar

28. CLARA escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 2:57

Hola auga,
Pues si tienes razón, esas hojas estaban en la piscina y yo cogí una. Pero en esas hojas simplemente informaban de los nuevos precios.Por eso no entiendo lo que dices que ” o Concello entregou aos usuarios da piscina na que nos ofrecía datos interesantes e descoñecidos ata daquela para min”. Debes hablar de otras hojas, pero yo voy todos los días y no he visto ninguna otra información.

Pensé que decías que las habían enviado por correo. La verdad es que estaba alucinando porque ya me estaba sintiendo marginada…
En cuanto al tema de los 280 mil euros creo que no es como tú lo explicas, o por lo menos yo tengo una versión diferente.
Pero como no soy nadie para hablar de cosas que se me escapan, prefiero informarme bien primero.

Como verás por las horas que son yo tampoco salí, y no me toca trabajar, pero tocó fiesta en casa.
Un saludo,
Clara

a gravatar

29. marcus.es » O motivo da suba de prezos da piscina de Melide escrito o 1 de Xaneiro de 2009 ás 16:21

[...] a publicación dun cartel do PP sobre a suba de taxas da piscina de Melide comentaron no blogue que o Concello remitira unha carta para os usuarios da piscina explicando as ca…: A min parecíame que a suba de prezos era esaxeradísima, pero á vista do publicado entendo que [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios