Xoves, 25 de Decembro de 2008

¡Nadal metaleiro! ¡Santa rockanrolea!

Santa rockanroleando co Grinch
Para celebrar o Nadal non se me ocorre nada mellor que recomendarvos botar unhas partidiñas ao Santa Rockstar: Metal Christmas, xogo en Flash no que podemos interpretar versións metaleiras de 8 panxoliñas. Se non tes o Guitar Hero ou o Rock Band a man, é un bo xeito de quitar o mono ;)

Mércores, 24 de Decembro de 2008

Panxoliñas de 8 bits

8-Bit JesusPara celebrar o Nadal o Doutor Octoroc publicou de balde na web o seu novo álbum 8-Bit Jesus: Classic Christmas Songs in the Style of Classic NES Games que é unha selección de cancións de Nadal interpretardas a base de samples de clásicos xogos de Nintendo, coma Street Fighter, Contra, Bubble Bobble e Commando, que nalgún caso son bastante recoñecibles, aínda que a máis doada de pillar a mestura musical entre o Super Mario Bros e Jingle Bells, titulada Super Jingles Bros (e que se pode descargar de balde en MP3):

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Coido que este tema é o suficientemente friki como para que se poida utilizar para felicitarvos a todos as festas. ¡Bo Nadal!

¡Thunder, Thunder, Thundercats!

A película dos Thundercats xa conta cun trailer:

Je, je, se non chega a ser porque as escenas que se utilizan na montaxe son de películas e series de televisión doadas de recoñecer (Troya, El Planeta de los Simios, Farscape, Pitch Black…) a algún incluso daríalle o pego esta produción afeccionada.
Coido que deixan claro que unha película dos Thundercats podería estar ben, aínda que habería que decidir entre facela en animación 3D ou con actores reais. Iso si, eu prefiro que deixen morrer o conto, pois os recordos deste tipo de series de televisión normalmente son mellores que o seu revisionado, e quero gardar unha boa lembranza desta serie de animación que ata tiña videoxogo para Spectrum (o que parece que a Warner Bros non me vai deixar facer).

Martes, 23 de Decembro de 2008

A película de Comando G non é de Comando G

G-Force non é o que parece
¡Menudo suste levei hoxe! Vin imaxes do que será a película de Comando G (G-Force, en inglés) e atopei que se trata dunha película da Disney producida por Jerry Bruckheimer que se estreará no verán de 2009 e que estará protagonizada por unhas cobaias adestradas para a espionaxe e que deberán salvar o mundo dun multimillonario chiflado.
G-Force segundo Disney
Incluso conta con Penélope Cruz dándolle voz á cobaia experta en artes marciais (¿quererá coller o relevo de Antonio Banderas nas películas de animación?).

Por sorte, todo quedou nun susto, e parece que a Disney aproveita o feito de que os dereitos das series de Comando G caducaron, polo que supoño que igual quedou libre a marca G-Force nos EE.UU. (¿cómo se chamará a película en España?). Ao final, a película real do Comando G de toda a vida chegará da man de Kevin Munroe (director da última peli das Tartarugas Ninja) e a empresa responsable, Imagi Animation Studios, a presenta na súa web, agardándose que se converta en realidade o ano que vén. Ou sexa, que ata é posible que coexistan nas carteleiras cinematográficas e nos estantes dos videoclubs.
Imaxe filtrada da película de Comando G
Polo momento esta última película responde ao nome de Gatchaman, quedando por ver se en España conservará tal nome ou se adaptará coma Comando G ou La Batalla de los Planetas. Ah, e incluso teñen un teaser:

Uff, xa podo respirar tranquilo, aínda que agardo que á peli de Disney non lle chamen Comando G en España, pois usurparía o nome dunha serie de animación á que lle teño moito cariño. ¡Mutación!

ACTUALIZACIÓN (31-12-2008): G-Force xa ten teaser:

Os do PP saben felicitar as festas

Non pega moito na temática deste blogue, pero admito que gustei moito da felicitación de Nadal do Partido Popular:

Só por ver a Mariano sen barba xa paga a pena. O que me máis é que este ano os do PP son os primeiros en lanzar unha felicitación na Internet, e polo momento non vin nada semellante nin na web do BNG, nin en Quin.TV, nin en Feijjóo.tv, nin na web do PSdeG… aínda que por Facebook si se ven algunhas mensaxes dese tipo por parte de distintos políticos. Ah, e a Izquierda Unida nin os menciono porque supoño que están desaparecidos en combate (pois na súa canle en YouTube aínda aparece Llamazares).
De todos os xeitos, non creo que os políticos teñan ningunha obriga de desexarnos unhas felices festas pero, ¿e os blogueiros? ¿Debemos felicitar ou pasar de todo? Porque a min este ano non se me pasa pola cabeza nada orixinal… e non penso publicar fotografías miñas de pequeno e sen perilla ;)
¿Debería facer un rap en plan «follo con condón» pero dicindo «como con turrón»? Nah, igual métome en problemas con Nach. Mellor mesturo a cousa e poño a felicitación de Nadal de Forrito:

Ver outras felicitacións ▼

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios