Adeus a un clásico dos quioscos
A revista Teleindiscreta de Hachette Filipacchi deixa de publicarse en España pois a súa tiraxe media de 42.572 ejemplares, os seus 179.000 lectores e unha facturación publicitaria de 4,1 millones de euros non foron suficientes para manter viable esta publicación case histórica.
Dende Hachette aseguran que a “forte competencia” das revistas e os programas de corazón e a “falta de información sobre as grellas cunha antelación suficiente” serían os motivos do peche, aínda que Supertele e Teleprograma (da mesma editora) se manteñen (¿rematarán caendo?).
Sorprende que o peche dunha publicación se salde co despido de só 9 traballadores “dun grupo de 600 persoas”, o que evidencia que tampouco era un proxecto ao que se lle dedicasen moitos esforzos.
Non botarei en falta a publicación (hai moito que considero inútil este tipo de revistas) pero sempre lembrarei os adhesivos de V que regalaban nos primeiros números:

Supoño que xa son un elemento pop na memoria de media España, coma o póster de Son Goku que incluía o nº 1 da revista da desaparecida revista da CRTVG (aínda o gardo).




4 comentarios realizados
1. gaioso escrito o 11 de Novembro de 2008 ás 23:24
Ufff, vaia recordos, esas pegatinas tivenas na miña carpeta de 1º de BUP. Gustaríame saber como as conseguiches ou si as segues conservando…. gracias por esas imaxes, que dende logo forman parte dos recordos de moitos españois. Unha aperta.
2. Marcus escrito o 12 de Novembro de 2008 ás 1:28
Gaioso, eu tiña moitos dos adhesivo pegados nun armario da casa (cheo de trapalladas de cando era cativo), pero para atopar esas frikadas o mellor é Todocoleccion. Alí aparecen de cando en vez dende as pegatas de V, Alf ou a cadela Pippin ata os adhesivos con cheiro do Equipo A.
3. dorfun escrito o 13 de Novembro de 2008 ás 9:29
…eu ainda lembro cando pisei sen quereer ( :’( ) o recortable en cartón do coche fantástico… e da pistola dos lagartos de V…
4. V: Los Visitantes | ion litio escrito o 6 de Marzo de 2009 ás 20:03
[...] que provocó esta serie, que había mechandising de ella por todos lados. Estaban los posters de la TeleIndiscreta, el álbum de cromos, gominolas en forma de rata listas para ser engullidas al estilo Diana… [...]