Luns, 17 de Novembro de 2008

Orixinal e radical anuncio dunha cadea de tendas de videoxogos

Hai anuncios televisivos que están claramente pensados para reproducirse coma fungos nos blogs, e un claro exemplo é o último de GameStop, que convida aos rapaces a decirlle aos seus pais o que queren de agasallo para o Nadal (videoxogos) para que non teñan que rexistrar o seu dormitorio:

Quedo coa dúbida de se o anuncio chegou a emitirse en televisión, ou limitouse á web.

Sábado, 15 de Novembro de 2008

Don Antonio Mourelle sae en El Progreso

Portada de El Progreso
Diego avisoume hoxe por SMS de que Mourelle saía en El Progreso, e cando fun a Parrado a mercar o exemplar para levarllo aos meus pais levei toda unha sorpresa ao ver a un párroco de Melide na portada dun xornal de Lugo.
Como a estas horas xa é difícil facerse co xornal, podedes ler a entrevista de El Progreso na súa versión dixital:

Antonio García: ”Antes que ZP, un cura en Melide practicó la igualdad”
Don Antonio Mourelle

Con su forma de interpretar la labor pastoral, Antonio García Mourelle (Monterroso, 1926) llenó de vida joven los templos de Melide que cuidaba. «Tenía la parroquia con más chavales para confirmación de Galicia», asegura. Las cifras y la voz de su parroquia y de la comarca de A Ulloa lo corroboran. Acercó la palabra sagrada a través de la música y en contacto con los jóvenes. Aunque ya no es cura titular, considera que no se ha jubilado: «Estoy adscrito a la parroquia y ya me han llamado para cuatro bautizos».

Más de 300 personas en su homenaje constataron que deja huella.
Este homenaje fue promovido por el Foro Reyes Católicos, con Miguel Pampín al frente. Es importante decirlo, porque al frente de estas cosas siempre hay una persona.

Entre sus hitos queda la reunión de cientos de fieles para confesarse.
Yo prefiero hablar del sacramento de la penitencia. Lo que me interesaba era que la persona cuando se acercaba lo hiciera convencida; siendo fiel a unos compromisos. Sólo pretendía que la gente acudiese convencida, pero sin temor.

¿Cree que lo conseguía?
Bueno, las iglesias estaban llenas. En Semana Santa, por ejemplo, había 14 actos penitenciarios previstos. Les pedía a los feligreses que hiciesen la penitencia mirando adelante, no mirando atrás; que estuviesen a gusto con ellos mismos, con intención de no pecar en lo siguiente. Si Dios no les iba a pasar factura, vaya, no iba a pasársela yo.

Es un modo muy relajado de interpretar el sacramento.
Mire, lo esencial, lo fundamental, que tiene la Iglesia es el sacramento de la penitencia y confesión. Y se está perdiendo.

Después de cuarenta años en Melide, ¿aprecia entonces un cambio de mirar hacia la Iglesia?
En el caso de Melide, hoy se acude con más satisfacción a la iglesia. Creo que se entiende la misión pastoral. A mi me vienen a veces chavales y me paran por la calle para decirme: ‘Mourelle ven aquí, por favor, dame una absolución que me voy a examinar a Santiago’. Qué bonito es esto.

Su labor se ha significado por la pasión por la cultura.
Sobre todo, la música, que es la expresión más agradable que la gente puede recibir. ¡Hasta a las fieras les agrada! Ayuda en todo. Es la mejor manera de acompañar. Yo entiendo que la vida es una música. Y eso es lo que pretendía transmitir a la gente, la alegría con un sonido agradable. Cuando podía, llevaba a los chicos a una excursión, a ver a Francisco o a Raphael a ‘Dona Dana’.

Con los jóvenes tuvo una forma peculiar de realizar la labor pastoral. ¿Se sintió valorado?
Cuando alguien hace un cambio, le cuesta asumirlo a los que no están acostumbrados. Yo no fui ni rupturista ni renovador. Fui realista. Hay que saber adaptarse a cada momento.

¿Fue así como surgió la idea de las fiestas para los chavales?

Fui a guateques, lo mismo que también fui a Madrid para ver cómo era el tema de la droga. Así podía entender y opinar. Y la primera discoteca que hubo en Melide la monté yo. Se llamaba Cire. La hice mixta, en el año 1968 ó 1969. Eso que dice ahora Zapatero de grupos mixtos y la igualdad, pues mire, mucho antes lo practicó un cura de Melide. Este cura podía ser juzgado desde muchos puntos de vista. Pero no sucedió. Pasaba que allí había 500 chicos y chicas que eran felices, con tres televisiones, cuando en todo el municipio habría otros cinco. Y de allí salieron muchos matrimonios.

¿Y qué sucede ahora?
El problema que tenía ahora con la juventud es cómo podía divertirlos. No podía llevarlos a una excursión. Ellos lo que quieren es una fiesta con botellón. Por mi no hay problema en que le echen vino a la Coca Cola, porque un poco no les hace daño. Pero si se sabe que se lo permito, me irían encima. Ya no sé cómo estimularlos.

Do artigo admito que hai unha frae en concreto que coido que sobra, porque me parece que converte unha homenaxe á dedicación dun párroco nun mérito persoal dun político e iso só crea malestar na vila. O que non deixo de preguntarme é por qué, se a homenaxe a Don Antonio foi o pasado domingo, saíu en El Correo Gallego onte e en El Progreso hoxe. ¿Alguén lle atopa algunha explicación ao asunto?

Moitas incógnitas co peche de Localia

LocaliaO xoves a última hora da tarde levei toda unha sorpresa ao recibir a nova de que Localia cesaría as súas actividades, o que na Cadena SER citaron de xeito moi breve, e pouco máis clarexaba a nota publicada por El País (pese a que a decisión do Consello de Administración de PRETESA era do mércores).
O primeiro que pensei foi «¡putadón!», non só polos traballadores da empresa (que por aí publican que son entre 240 e 800… ¡tremenda marxe de erro!) senón tamén porque no caso de A Coruña quedaría sen poder ver ningunha televisión de ámbito local (pois TeleCoruña deixou de emitir hai tempo por non levar concesión de TDT).
Durante a mañá no venres xa se foi detallando o que pasaba, e a cousa non parece ser tan dramática, pois resulta que as emisoras galegas de Localia non son realmente de Localia, senón que só estaban asociadas á rede de emisoras locais do Grupo PRISA (en boa medida porque o concurso de TDT de ámbito local prohibía explicitamente a emisión en cadea), e como mínimo as correspondentes a Utega anunciaron que continuarían as súas actividades, aínda que está por ver cómo encherán o espazo da programación que non corresponde á franxa de local (xa que Localia o que subministraba eran os contidos de cadea… ou sexa, os culebróns e as películas de Playboy da noite :o ) e se son capaces de manter a longo prazo un proxecto televisivo que perde moitos cartos (aínda que comentan que en Vigo e A Coruña non deberían ter problemas para manterse).
Se non me equivoco, Localia tería presenza en 10 demarcacións de TDT de ámbito local en Galicia (as marco en negriña):

- A Coruña: La Opinión, Editorial La Capital e Utega
- Ferrol: La Opinión de La Coruña, Editorial La Capital e Radio Coruña
- Santiago: Faro de Vigo, Compostelavisión e Editorial Compostela
Lugo: Telelugo El Progreso de Lugo, Utega e Alternativas de Medios Audiovisuais
- Monforte: Telelugo El Progreso, Telemiño e TV7 Monforte
- Vilalba: Telelugo El Progreso e TV7 Monforte
Viveiro: Telelugo El Progreso
- Ourense: Telemiño, Faro de Vigo e Utega
- Pontevedra: Faro de Vigo SAU, Lérez Canal 29 e Televisión Pontevedra
- Vigo: Faro de Vigo SAU, Utega e Rías Baixas de Produción

Se mirades ben, en Lugo ata terían 2 canles adxudicadas (¡manda carallo! ¡e deixan fóra a TV7 que leva anos funcionando na cidade luguesa!) e neste momento descoñezo que vai ser de Televisión Pontevedra, Telelugo (El Progreso) e Compostelavisión, aínda que supoño que se xuntarán a Utega para manter a rede de emisoras (apostaría a que van crear unha marca galega para poder ter unha imaxe corporativa común e poder compartir recursos), aínda que sexa só porque teñen unha concesión administrativa (e iso vale o seu prezo en ouro). O 1 de xaneiro veremos cómo queda o conto (pois parece ser a data de peche definitivo de Localia).
De todos os xeitos hai que entender que se Localia deixa de funcionar é porque o negocio non é sostible, deixando en evidencia que iso de que haxa 3 televisións locais en cada cidade galega é unha burrada, aínda que a min me gustaría saber qué é de moitas desas iniciativas, pois debo lembrarvos que dende Código TV tivemos que deixar de emitir en Santiago porque non nos deron licenza, mentres que si lla outorgaron ao Faro de Vigo (xornal que dubido moito que chegue a inaugurar televisión local en Compostela, pese a que se comprometeu a elo). Sorte semellante correu TeleCoruña (que tamén cesou as súas emisións, e as televisión locais de La Opinión e El Ideal non aparecen por ningunha parte) e TeleVigo (que parece que aínda resiste, pero que nun principio está fóra da TDT).
¿Por qué a Xunta trata así a empresarios e cidadáns? Forzar ao peche a emisoras de televisión en funcionamento para dar unha concesión a alguén que non ten moito interese en explotala fai que haxa unha menor oferta de contidos televisivos á vez que reduce postos de traballo do sector audiovisual (que xa non anda moi ben). ¡Perdemos todos!
O mesmo se podería dicir do Goberno autonómico anterior, que deu unha das 2 licenzas de televisión autonómica á COPE, que posiblemente se limitará a enchufar Popular TV, o que nos deixará sen unha potencial canle de contidos galegos e en galego. La Voz de Galicia tamén ten unha concesión, pero non se apuran a explotala, e en vista de cómo está a conxuntura económica supoño que non moverán un dedo ata 2010. Vaia, que a TDT está a avanzar moi amodo, e a cousa aínda pode ir a peor de confirmarse certos trapicheos que poderían facer coas canles a nivel estatal (falan de permitir canles de pago e tamén o pago por visión, o que forzaría a mercar novos receptores de TDT).
Ao final coido que todo isto pasa porque se deixa que o Goberno sexa quen regule as concesións administrativas, en vez de existir un ente neutral, e así, segundo quen estea no poder se favorece a uns ou a outros (como bo exemplo temos que na Comunidade de Madrid os de Localia non teñen concesión de TDT, o que foi un dos principais motivos para o seu peche). Se admitimos que os grupos de comunicación teñen tendencias políticas, o lóxico sería que se repartisen emisoras de televisión e radio para que os cidadáns tivesen liberdade de elección.

Venres, 14 de Novembro de 2008

Thor tamén terá serie de debuxos animados

Thor animado
Non sei o que lles está a dar aos de Marvel nos últimos meses pero non paran de anunciar proxectos de animación, o que parece que é o seu xeito de complementar ás películas de acción real que sairán nos cines durante os vindeiros anos (por fin unha editorial de comics fai lanzamentos estratéxicos a medio e longo prazo), pero me sorprendeu bastante que hoxe anunciasen unha serie do poderoso Thor, o deus nórdico do trono, principalmente porque me parece un personaxe bastante adulto (especialmente na súa serie de comics en curso). Vaia, que facer unha serie de Thor para min ten tanto sentido como levar a Conan a debuxos animados para cativos… o que non é preciso que me lembredes que se fixo hai anos.
A futura serie estará composta por 26 episodios de media hora, e está prevista para o outono de 2010, despois de que no anterior verán vexamos a un Thor de carne e oso na pantalla grande. Só espero que ningunha das películas de Marvel pegue un pinchazo brutal, porque podería rachar con esta cadea de estreas entrelazadas (xa hai proxectadas series de animación dos Vingadores, Iron Man, Marvel Super Heroes Squad e Panteira Negra, á vez que está en curso unha de Lobezno e os X-Men).
Eu, polo momento, quedo coa dúbida de cómo será a serie de animación do deus do trono, porque a imaxe que publicou Marvel (e acompaña a este texto) non ten moita pinta de servir para unha animación fluída, polo que entendo que só se trata de material promocional que nada ten que ver co produto final (¿ou terán os huevos de facer unha serie en plan As Guerras Clon?).

Xoves, 13 de Novembro de 2008

Barack H. Obama, ese Pac-Maqueiro

Estaba claro que Mariano Rajoy non era un maqueiro senón que só posou cun equipo de Apple (co escritorio baleiro) para un vídeo, pero o futuro presidente dos EE.UU. si que é un usuario de equipos de Apple, e o seu equipo de campaña tamén utilizou portátiles MacBook Pro durante os últimos meses.
O maqueirismo de Apple queda patente na seguinte foto:
Obama co seu MacBook Pro
Ups, ¿seguro que é un maqueiro e non un anti-maqueiro? É que o Pac-Man comendo a mazá de Apple parece un tanto agresivo… ¿creará unha nova moda de decoración de portátiles? ¿Cantos maqueiros estadounidenses decorarán o seu portátil cun comecocos?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios