O Concello de Melide deixa sen aprobar os orzamentos de 2008
Esta mañá recibín un e-mail do PP melidense avisando dun cartel que puxeron polas rúas da vila con seguinte texto:
LAMENTABLE SITUACIÓN DO CONCELLO
DENDE O PP QUEREMOS INFORMARVOS QUE POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA O CONCELLO DE MELIDE NON APROBARÁ OS PRESUPOSTOS DESTE ANO.
LEMBRAR QUE SOCORRO CEA O PASADO ANO DIXO QUE ESTARÍAN EN VIGOR A PRIMEIROS DE ANO , ONCE MESES DESPOIS OS MELIDENSES NON SABEMOS QUE FOI O QUE FIXERON COS NOSOS CARTOS.¿POR QUÉ NON SE APROBAN OS PRESUPOSTOS DO 2008?
1.- NON LLES SAEN AS CONTAS PORQUE DESPILFARRARON MOITOS CARTOS; E PARA APROBAR UN PRESUPOSTO OS GASTOS DO CONCELLO NON PODEN SUPERAR OS INGRESOS.
2.-FALTA DE ENTENDEMENTO ENTRE OS SOCIOS DE GOBERNO.A CONSECUENCIA: 18 MESES DE DESGOBERNO LEVAN Ó NOSO CONCELLO A UNHA PARÁLISE TOTAL.
CONCLUSIÓN: O PASADO ANO BNG-PSOE APROBARON OS PRESUPOSTO GRACIAS Ó PATRIMONIO DEIXADO POLO PP, UN ANO DESPOIS SON INCAPACES DE PRESENTAR AS CONTAS.
DO QUE SI SON CAPACES É DE SUBIR O RECIBO DA AUGA UN 20% E O RESTO DOS IMPOSTOS UN 4,5% O QUE SUPORÁ QUE CADA FAMILIA O VINDEIRO ANO PAGUE UNHA MEDIA DE 60 € MÁIS.
DESPOIS DE ANO E MEDIO GOBERNANDO SOCORRO CEA ¿A QUEN PRETENDERÁ BOTARLLE A CULPA DESTA LAMENTABLE SITUACIÓN ?
Non teño máis detalles do asunto, pois non vin nada publicado nin na web do Concello nin na prensa, pero lembro que para os orzamentos de 2007 se comentara que presentaban un desequilibrio de 535.395 euros «que non se produciría se non se incorporasen aos orzamentos as facturas que o anterior goberno do PP deixou sen pagar dos anos 2005, 2006 e 2007», polo que non sei se esta é a situación que afectou ao exercicio actual, ou estamos a falar dunha problemática totalmente distinta. Vaia, que estou coa dúbida de se a situación económica é herdada ou responsabilidade absoluta da nova corporación municipal, aínda que sospeito que estamos nun termo medio. ¿Alguén pode achegar máis información sobre o asunto?




8 comentarios realizados
1. luisma escrito o 24 de Novembro de 2008 ás 0:40
Coido que se achegan tempos económicamente difíciles para o concello, non teño datos oficiais, pero a caida de solicitudes de licencias de obra foi brutal. E dado que o concello non impón multas de tráfico… non sei de onde van a sacar os cartos…
2. Gaioso escrito o 24 de Novembro de 2008 ás 10:16
Pois espera que aínda hai moitos proveedores que non cobramos dende fai máis dun ano, así que teremos que unirnos para reclamar o que nos deben. Creo que lles (nos) ven un 2009 algo negro.
3. lavrego escrito o 24 de Novembro de 2008 ás 13:47
E pensastes no que realmente supón de problema, non aprobar os presupostos do 2008? Pois, tendo en conta que se prorrogaron os do 2007, e que non tardarán moito en sair os do 2009, non é tan grave. E tendo en conta que a tan caotica situación que pronostica o PP non acaba de chegar nunca (por sorte), e que remataron o seu mandato sen aprovar os presupostos correspomndentes, e cunha déveda nunca recoñecida. Pois non sei cal é a situación mais desfavorábel. Os provedores, que non cobrades dende fai mais dun ano, tede en conta que houbo outros provedores antes ca vós con déveda adquiridas antes, e coido que é normal ir pagando as dévedas mais antigas. Non creo que vos agrade que se lle pague a provedores mais recentes e pasar olimpicamente de vós. Outra cousa é que na actualidade se tente non xerar dévedas cos provedores, algo que se debe agradecer.
Gobernar nun concello coma o de Melide non é fácil, e o PP sábeo, e se é capaz de disociar a súa organización política dos membros doutros concellos xestionados polo PP na actualidade, pois poden ser excepción, pero por experiencia sabemos que a súa maneira de gobermnanr é a mesma en todos lados polo que… de seguir co PP en Melide, non teriamos mellor situación. Son eles os mesmos que defenden un capitalismo irracional e agora a súa refundación. Entón, non son eles o responsábeis da crise?
4. Gaioso escrito o 24 de Novembro de 2008 ás 17:25
Aproveito a ocasión para anunciar que os clientes de Telefónica en Melide non tivemos acceso a internet dende as 10:30 ata as 13:00 (máis ou menos), xerando o caos oportuno, xa que hai algunhas empresas con Telefonía IP e se quedaron incomunicadas. Un saúdo. (Perdón por non seguir o fío do tema)
5. Marcus escrito o 24 de Novembro de 2008 ás 19:42
Parece que é unha cousa puntual. Mirei nos foros de rigor e non parece ser un problema xeral, polo que supoño que se trataría dunha acometida na rede de datos de Telefónica (o que deberían facer fóra do horario laboral para non fastidiar á xente). A ver se coa chegada de R a cousa cambia para mellor na vila.
6. Mape escrito o 22 de Xaneiro de 2009 ás 12:28
Xa estamos fartos de que o PP meta o fuciño onde non o chaman
Perdístedes amiguiños e precisamente pola vosa xestión, así que, deixade a tarefa de governar os que realmente saben facelo.
Dixéronme que en Marbella buscan un sucesor para Julián Muñoz. ¿Non vos interesa? O único requisitos que se precisa é o de se corrupto profesional. En Melide xa non queda máis sangue que chupar.
7. Mape escrito o 22 de Xaneiro de 2009 ás 13:20
En Melide estamos fartos de que o PP non deixe que os seus veciños convivan en paz.
Todo empezou por tres bandeiras que lucían esplendorosas na fachada da Casa Consistorial e foron retiradas. ¡Nacionalistas patéticos e separatistas! ¡Non queren a bandeira Española! ¡Ultraxe! ¡Vinganza! ¡Qué se vaian! Para máis gloria da bandeira española agora luce maxestuosa no tellado, como o fai a galega na Xunta de Galicia. ¿O país en crise e eles preocupándose por onde se colocaban as bandeiras?;esto dí moitísimo da clase de personas e personaxes que tiñamos por governantes. ( A Dios gracias, tempo pasado. Si señores eu, unha nacionalista, tamén creo en Dios.)
Dende que perderon as eleccións non saben que inventar para desprestixar o actual equipo de governo.
Cando empezou toda a farsa relacionada ca orquesta sinfónica, intentaron convencer o pobo de que o que ía desaparecer era o conservatorio, a día de hoxe segue funcionando.
A piscina de Furelos, esa preciosidade que cumpre todas an normas de seguridade, rodeada por un fermoso río e un frondoso recinto natural que nos regalaron os do PP, ía a pechar. Ou sufro alucinacións ou creo que onde me bañei no verán, era a piscina municipal. O seguinte foi a piscina climatizada. Tamén pechaba. Agora resulta que, como sigue aberta, sube as tarifas; mañán pecharana por falta de pago, e pasado caerá a Igrexa Parroquial.Por suposto todo por culpa do BNG.
E ¡qué decir da deuda do concello!; eles deixaron as arcas rebosantes de cartos, a culpa de que non os haxa é da mala xestión do actual equipo de governo; pero esto xa acontece dende o día que a nova alcaldesa tomou posesión do seu cargo.Ainda non lle deran tempo de atopar as chaves do tesouro, e xa tiña a culpa do enorme burato que tiña o cofre.
¡Arrepentídevos irmáns que chega o Apocalipse!.
Para todos aqueles que amen o noso pobo, seguide confiando e participando co equipo de governo, eles están desexando que lles comuniquedes as vosas inquedanzas e que protestedes cando algo non vos guste. Ante calquer tipo de comentario o mellor é preguntarlle os que realmente nos governan; para todos os demáis, deixádenos vivir en paz e seguide protestando que nos escoitaremos.
8. clive escrito o 22 de Xaneiro de 2009 ás 16:34
Melide é un pobo coma outros moitos. A xente érguese pola mañanciña dándolle grazas a Deus por chegar a un novo día; traballan, soñan, ríen, choran, aman, odian, discuten, conversan… Sí, é unha delicia vivir neste pobo.
O problema é que, dun tempo a esta parte, hai algúns que están empeñados en ver ó demo onde non hai.
Eu sempre pensei que unha partido na oposición era aquel que facía unha oposición constructiva tratando de aportar solucións ós problemas que poideran aparecer.O PP de Melide é un claro exemplo do que nunca debe facer un partido na oposición. Mentir, negar e maldicir.
Por eso señores e señoras, os veciños e veciñas de Melide temos un soño; queremos que o governo, que nos eleximos democraticamente, poidan ter a posibilidade de governarnos, ata agora non fixeron máis que pagar as vosas débedas e defenderse dos vosos ataques; queremos ter libertade de expresión e opinión, non necesitamos intermediarios, para governar o marxen do pobo xa estivèstedes vós;queremos mirar o noso pasado para non cometer os mismos erros no presente; queremos, en definitiva VIVIR en PAZ.
Estamos tan acostumados a mentira e o engano que chegamos a crer que non merecemos máis ca merda que tiñámos.
Pero non vos enganedes, a xente é máis intelixente do que pensades e sabe perfectamente onde están os que traballan por e para eles.
Facédenos un favor a todos e seguide o exemplo do voso ben querido emperador G.W. Bush; mercade un rancho afastado de todos e de todo e escribide as vosas menorias, seguro que atopades a alguen que lles interesen.
Posdata: Ide a misa para algo máis que para lucir traxe, plumaxe e carraxe e entonade un “mea culpa”.