Non vexades a entrevista a Julián Muñoz en Telecinco
¿Imaxinas que paguen 350.000 euros a Julián Muñoz por 2 entrevistas e que non as vexa nin o gato? Iso é posible, e tal é o obxectivo que pretenden acadar dende unha campaña promovida polo responsable do blog 625 ranas.
Polo momento xa hai unha páxina web oficial, dous grupos de Facebook con centos de usuarios (Yo no veré la entrevista a Julián Muñoz e Boicoteo a Telecinco) e un banner que veño de publicar nesta web na súa versión en galego:

Estou certo de que isto non vai servir para nada, xa que a meirande parte da audiencia deste tipo de programas non son precisamente habituais dos blogues, pero non creo que estea de máis manifestar que estamos en contra de que se paguen cantidades económicas indecentes a un delincuente por contar as súas miserias. ¿Dende cando se premia roubar cartos aos cidadáns?




9 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 11 de Novembro de 2008 ás 0:46
paréceme un pouco “hipócrita” todo isto
As tv emiten telelixo. Programas como gran hermano e enxendros similares. Espacios en rosa nos cales os méritos dos convidados son nulos. A menos que alguén pense que é mérito ter follado con iste e con máis
Máis escandaloso que o de julian muñoz penso que foi a entrevista á muller do agresor do profesor neira…
Cando non tes chollo ou no teu concello o alcalde é un cafre dincho moi claro: tes o que votas
Pois o mesmo conto pra istes casos: temos a tv que vemos
2. Animaliño escrito o 11 de Novembro de 2008 ás 0:48
Eu adhírome!
Para mín é fácil, nunca vexo estas monadas XD. A ver se inflúo na comunidade de marujos que visita o meu blogue ;).
3. Marcus escrito o 11 de Novembro de 2008 ás 1:44
Nemigo, coido que non pillas a intención da campaña: o que se pretende é que non se vexa un tipo de programa que non queremos, precisamente para que non emitan certos contidos que non merecemos.
O da moza do agresor do profesor Neira é case o mesmo que o de Muñoz, e feito pola mesma canle. Coido que foi precisamente iso o que levou a que o caso de Cachuli chegase a estes extremos, aínda que admito que eu non vería a entrevista incluso se non houbese campaña algunha.
4. Luisma escrito o 11 de Novembro de 2008 ás 9:33
Ou sexa, que o que vai a conseguir a campaña é que algúns nos enteremos da cantidade que cobra o fulanito, da canle na que se emite, do día e da hora. (cousa que non acontecería, no meu caso, se non se publicasen na internet ese tipo de contidos). A miña proposta alternativa sería non só non ver t5, senón enchufar a tv todos en la 2, pois a nivel de medición de audiencias sería moito mái efectivo que simplemente non ver a tele.
Por certo. ¿Non tendes a impresión de que a xente que ten un medidor de audiencias na súa casa é quen realmente posúe o poder deste (e doutros) país?
5. Mnemonick escrito o 11 de Novembro de 2008 ás 16:32
Estou coa campaña, e faréi promoción do asunto tanto como poida.
6. cateto escrito o 12 de Novembro de 2008 ás 18:36
Sinto dicir que eu non sabía que lle ian conceder unha entrevista a esa persona, e foi antonte cando me contou o meu compañeiro de piso o que acontecera ca historia do profesor Neira, que eu non sabía nin o que era, hasta que me fixo ir ao salón para mostrarme a noticia en T5.
Sintoo, pero eu si podo dicir iso de “Non vexo a televisión”, agás os fins de semana cando como. Vamos, os simpson
7. Marcus escrito o 12 de Novembro de 2008 ás 19:34
Cateto, ti si que ves boa televisión… a min as fins de semana non me deixan ver os Simpson
8. cateto escrito o 13 de Novembro de 2008 ás 18:31
O fallo é velos tan e tan e tan repetidos….
9. marcus.es » Cachuli cobra o que non vale escrito o 23 de Novembro de 2008 ás 0:28
[...] creo que fose pola campaña anti-Telecinco e a entrevista que fixeron a Julián Muñoz (que comentan que era unha cousa rara a base de [...]