Neva (gonna give you up) en Melide

Estes días as temperaturas baixaron de xeito considerable, e nos prognósticos do tempo falaban de que a cota de neve baixaría en Galicia aos 700 metros, polo que en Melide deberiamos estar a salvo (estamos a 454 metros de altitude con respecto do nivel do mar) pero a cousa non foi así, e durante a mañá do domingo caeu unha pequena nevarada.

Durante o sábado xa non eran poucos os coches aparcados en Melide que traían neve nos parabrisas e teitos, así que en realidade a situación non pillou moi por sorpresa, agás polo feito de que aínda esteamos en novembro, cando o normal é que as folerpas non cheguen ata febreiro-marzo (coma o inverno pasado).

Algúns melidenses (especialmente os máis cativos) recibiron a neve con alegría, pero a ledicia non duraría moito ao ver que as folerpas non chegaban a fixarse no chan, desfacéndose ao momento. Vaia, que haberá que agardar a outra vaga de frío para que caia unha desas nevaradas que permita facer bolas e bonecos.
Eu, polo momento, quixen ilustrar a situación coa canción de Rick Astley Neva gonna give you up (vídeo que tamén se pode ver en case alta definición):




5 comentarios realizados
1. Diego escrito o 1 de Decembro de 2008 ás 16:19
Que obsesión tes por Rick Astley, eu de ti fariamo mirar.
2. Marcus escrito o 1 de Decembro de 2008 ás 19:30
Rick é todo un fenómeno da Internet, e hai que aproveitalo mentres dure. Por algo foi elixido o mellor artista de todos os tempos nos MTV Awards europeos (e ese algo, é que lle fai graza a moitos frikis coma min). Amais, teño que contribuír a revalorizar o disco de vinilo que teño de Astley por se algún día o quero vender por eBay
3. paideleo escrito o 2 de Decembro de 2008 ás 1:04
Todos os invernos tiña que nevar algún día polo menos.
4. Marcus escrito o 2 de Decembro de 2008 ás 2:58
Paideleo, estou dacordo, pero o tópico da neve no Nadal só se dá nas películas americanas. En Galicia o inverno duro vén normalmente en febreiro-marzo (ou así foi durante os anos que lembro dende que teño uso de razón), polo que tan cedo pilla por sorpresa.
Aínda así as nevaradas xa non son o que eran, pois eu lembro que cando era cativo Melide quedaba illado (non timaños colexio e non chegaba ese día nin o xornal) un día ao ano, e agora supoño que será porque hai quitaneves e máis tráfico, porque a carretera non queda cortada nin de coña. Vaia, que a comunicación Melide-Santiago non se perde nunca (outro cantar é Coruña-Melide, que pilla Curtis polo medio).
5. lauren escrito o 4 de Decembro de 2008 ás 19:41
As veces a vida ten coincidencias que nin a loteria…Votei as miñas horas o día anterior da nevada estudiando a mellor opcion para conseguir efecto neve nun campo de futbol,(no cire para a foto da loteria), o dia seguinte cando vou sacar a foto para modificar vai e neva¡¡…jeje…ais se tivera esa sorte no nadal.Saúdos.