Lips non fai publicidade enganosa
Esta fin de semana vin na televisión o anuncio do novo xogo de Xbox 360, Lips:
Como vedes, emprega para anunciarse a canción Take On Me (da que xa teño falado),
pero neste caso non se trata dun caso de publicidade enganosa coma o de Guitar Hero World Tour xa que a canción, aínda que non veña de serie no xogo español (e si no americano) resulta que se pode descargar de balde do Barzar de Xbox LIVE.
Do que estou certo é de que, de facer un anuncio do Lips gravado en España a canción que interpretarían ao final do spot sería a de Pimpinela. Iso si, os de Microsoft ¡xa tardan en mercar os dereitos do Sueño Contigo de Camela coma canción descargable!
O certo é que o repertorio de temas do Lips é un tanto raro, de xeito en cada país conta con cancións distintas tocándolle a España as seguintes:
- Ace of Base: The Sign
- Alicia Keys: No One
- Avril Lavigne: Complicated
- Ben E. King: Stand by Me
- Beyoncé: Irreplaceable
- Coldplay: Yellow
- Depeche mode: Personal Jesus
- Dido: White Flag
- Duffy: Mercy
- Earth, Wind and Fire: Let’s Groove
- Jackson 5: ABC
- Johnny Cash: Ring of Fire
- Kylie Minogue: Love at first sight
- Leona Lewis: Bleeding Love
- Maroon 5: Makes me Wonder
- Morcheeba: Rome Wasn’t Built in a Day
- Nirvana: In Bloom
- Peter, Bjorn and John: Young Folks
- Queen: Another one bits the dust
- Radiohead: Fake Plastic Trees
- Rihanna feat. Jay-Z: Umbrella
- Roxette: Listen to your Heart
- Sara Bareilles: Love Song
- Alaska y Dinarama: A quién le importa
- Alejandro Sanz: Corazón Partío
- Andrés Calamaro: Flaca
- Belanova: Baila mi corazón
- Chetes: Completamente
- David Bisbal: Quién me iba a decir
- Despistaos: Cada dos minutos
- Duncan Dhu: En algún lugar
- El sueño de Morfeo: Demasiado tarde
- Fanny Lú: No te pido flores
- Héctor Lavoe: Che Che Colé
- Jarabe de Palo: Olé
- La Factoría: perdóname
- Luis Miguel: Un hombre busca a una mujer
- Pimpinela: Olvídame y pega la vuelta
- Selena: Bidi Bidi Bom Bom
- Son by Four: A puro dolor
Deste xeito, perdemos (de serie) o Take On Me de A-ha, o Call Me de Blondie, o Soak Up the Sun de Sheryl Corw ou o Walk Like an Egyptian das Bangles (¡imperdoable!).
Os que queiran pasar de Jarabe de Palo, Belanova, Andrés Calamaro, Alejandro Sanz, Selena, Despistaos e Pimpinela poden optar por mercar o xogo a Reino Unido. En Play.com sae a 55,99 euros (portes incluídos) e no Amazon británico incluso sae uns 3 euros máis barato (xa cos portes) mentres que en España se vende por 64,95 euros. Curiosamente en Francia teñen o mesmo prezo que en España, pero en Alemaña o xogo está uns 7 euros máis barato. ¿Alguén pode entender iso?
A xente está a pór o xogo polas nubes, e comentan que está moito mellor que o SingStar, polo que podería ser o mellor karaoke editado ata o momento, coa vantaxe de que lle podes meter calquera canción que che pete (aínda que sen que o programa presente a súa letra en pantalla). Vaia, que era hora de que chegase a innovación a este tipo de xogos, e que non fosen só os de guitarra eléctrica os que mellorasen.





1 comentarios realizados
1. marcus.es » O xogo musical Lips non está recomendado para nenos escrito o 26 de Novembro de 2008 ás 22:03
[...] comentei que o xogo Lips procurou ser coherente coa súa campañas promocional, ao incluír o tema Take on me de A-ha no xogo, mentres que o Guitar Hero World Tour pasaba [...]