Martes, 4 de Novembro de 2008

Buscade as diferenzas

Deixando a un lado que me moleste que o Guitar Hero World Tour se anuncie cunha canción que non se pode tocar no xogo, hai que recoñecer que a idea de homenaxear a pelícua Risky Business para anunciar o novo título musical é todo un acerto. ¿Quegarán eses anuncios a España en plan cañí? Podería ter a súa coña ver á xente de Sé lo que hicísteis ou algunha serie de televisión promocionando o novo Guitar Hero, aínda que é difícil que lle poidan facer sombra a Heidi Klum:

Eu propóñovos que busquedes as diferenzas entre o anuncio anterior e a versión do director:

Eu só atopo dúas diferenzas.

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Miguel escrito o 5 de Novembro de 2008 ás 18:01

Baixo o meu punto de vista esta mellor a versión do director.

a gravatar

2. Marcus escrito o 5 de Novembro de 2008 ás 21:27

Miguel, eu entendo que a versión oficial é para botar pola televisión e a do director busca levantar audiencias na Internet, e parece que lles funciona, pois o vídeo está a saír en moitos blogs (superou o medio millón de reproducións en menos de 2 días).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios