Mércores, 19 de Novembro de 2008

Estás a ler un blogue pornográfico

¿Non o sabías? Se es menor de idade, lisca de aquí. Isto é un blogue pornográfico, e así o entende a rede Wi-Fi do novo centro comercial coruñés, o Dolce Vita:
Marcus.es bloqueado en Dolce Vita
Unha mágoa que non se poida ver esta web dende a rede pública do Dolce Vita, pero recoñezo que os contidos que publico son para maiores de idade, polo que me parece ben que se vete o acceso a este blogue dende unha rede Wi-Fi aberta a calquera que pase cun portátil, un iPhone ou unha consola de videoxogos portátil por onde haxa cobertura, aínda que dubido moito que os cativos teñan algún interese en pasar por aquí.
Ao final ata vai parecer que esta web é de pago, xa que non se pode acceder á mesma dende redes gratuítas. Mirarei a ver se R e Telefónica me poden pasar unha porcentaxe do que lle cobran aos meus lectores por conectarse á Rede para consultar estas liñas. ;)

6 comentarios realizados

a gravatar

1. Eu mesmo escrito o 20 de Novembro de 2008 ás 13:56

Non será por ser pornográfico, será por ser adictivo.
Segue asi, es un punto de referencia para moitos, e un lugar de conversación para outros.

a gravatar

2. Eu mesmo escrito o 20 de Novembro de 2008 ás 13:58

Por certo, facia moito que non pasaba por estes lares, e parece que dende que tes moderacion de comentarios, a xente ten mais medo e participa moito menos.
Supoño que sera loxico pero algo cobarde.
En saudo a todos.

a gravatar

3. Marcus escrito o 20 de Novembro de 2008 ás 14:02

Moderar, o que se di moderar, apenas modero. Polo momento só borrei un par de burradas nos 3 anos que leva este espazo funcionando. Lembremos que precisamente os comentarios que están denunciados aínda continúan no seu sitio.
Supoño que a xente só está a ser máis consciente do feito de que o que un escribe na web queda aí e prefire conterse.
Tampouco houbo ningunha polémica importante nas últimas semanas que xustifiquen unha vaga de comentarios, o que supoño que cambiará coa proximidade das eleccións autonómicas.

a gravatar

4. Eu mesmo escrito o 20 de Novembro de 2008 ás 14:09

Sairon dous novos blogs de deportes en Melide.
Que opinas deles???

a gravatar

5. Luisma escrito o 20 de Novembro de 2008 ás 17:20

É que a sección pornomillo ás veces xa parece orgasmatrix, marcus! ;)

a gravatar

6. marcus.es » Marcus.es entre as 100 páxinas web galegas máis populares segundo Alexa escrito o 24 de Novembro de 2008 ás 23:35

[...] que citan as fontes, que por sorte son bastantes). Tamén afectaría o feito de que este sexa un blog pornográfico (todos sabemos que as páxinas porno teñen moito éxito). Pero antes de que ninguén me dea os [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios