Venres, 17 de Outubro de 2008

Unha tarde sen acceso á Internet

Despois de xantar fun ao ordenador e vin que non tiña acceso á Rede, e comecei a sentirme coma Enjuto Mojamuto no peor día da suá vida. Fixen moitas probas e acabei deducindo que o problema estaba en R, pois podía ver a web da operadora, pero ningunha outras páxina da Internet. Decidinme a chamar ao servizo de atención ao cliente e o número telefónico non funcionaba. ¡Manda carallo!
Chamei en numerosas ocasións durante toda a tarde ata que a iso das 19:00 horas me saíu unha mensaxe xerada por un procesador de texto a voz (TTS) que me dicía en español en plan robotizado que había unha incidencia no acceso á Rede e que colgase agás que a miña chamada fose por outra cousa.
Logo, en La Voz publicaron o seguinte:

Un incendio en Madrid deja sin conexión a Internet a miles de abonados de R
La empresa gallega lleva varias horas sin proveer Internet, pero asegura que el tráfico estará restablecido «en cuestión de horas».

Un corte de un cable de fibra óptica en Villalba, en la periferia de Madrid, debido a un incendio ha dejado a los abonados de la empresa R con problemas de conexión a internet, según ha indicado hoy un portavoz de la empresa.

La avería, que se produjo hacia las 16:30 horas, ha afectado a la red gallega de R, a la que están abonados la Xunta de Galicia, numerosas empresas y miles de abonados.

Fuentes de la firma de telecomunicaciones, propiedad de la financiera Caixanova, precisaron que el incendio se produjo en un cable de fibra óptica de la red de Renfe, señalaron que «desconocen las causas» de ese incidente y apuntaron que «afecta también a otros operadores».

Según fuentes de la empresa, el corte afecta sus conexiones con los proveedores internacionales T-Systems -una filial del operador alemán de telecomunicaciones Deutsche Telekom- y Cogent, una firma de ingeniería de telecomunicaciones estadounidense.

El corte de esa línea ha dejado el tráfico sensiblemente alterado de manera que ha cortado la «salida a Madrid» de R, reconocieron fuentes de la empresa. Indicaron que actualmente los técnicos de la firma están tratando de redistribuir el tráfico de internet de la propia red gallega «repartiendo el ancho de banda» y reconocieron que «ha afectado al acceso a internet de muchos clientes», aunque indicaron que es «prácticamente imposible de cuantificar».

Los técnicos están trabajando para restablecer la conexión y señalaron que la empresa espera que el tráfico estará restablecido «en cuestión de unas horas». Respecto a la falta de información proporcionada a los clientes durante varias horas, sin que nadie respondiese en su número de información, el 1445, fuentes de la empresa reconocieron que ha habido «información deficiente» y aseguraron que están tratando de resolver esa situación. Añadieron que «en la página de Internet se va a colgar en tiempo real» información al respecto aunque a las 20:30 horas Efe pudo constatar que no había información alguna al respecto.

Logo tamén falaron do tema no Telexornal da TVG:

E durante todo ese tempo recibín chamadas telefónicas de xente que pedía axuda porque non lles ía Internet, e tiña que explicarlles eu o que pasaba porque R non soubo comunicar a incidencia axeitadamente aos clientes.

A falta de acceso á Internet durante toda a tarde (que afectou gravemente ao meu traballo) non foi o que máis me molestou, senón o feito de non ter apenas información de R sobre o tema. Amais, ¿que é iso que din dende a operadora que non saben o número de clientes afectados? Teño entendido que fomos todos. ¡Todos! O que por outra banda é imperdoable, xa que as operadoras teñen que ter sistemas redundantes para que non pase iso (as redes actuais non poden ser tan vulnerables).
A incidencia se solucionou antes das 11 da noite, pero tardaron moitas horas en poñer un aviso na web e en colocar a gravación de audio no servizo de atención telefónica, cando eses medios son as canles naturais de comunicación cos clientes. Normalmente poño polas nubes aos de R polo seu bo trato aos usuarios (comezando por que responden ás chamadas dende Galicia e en galego) pero desta volta teño que dicir que suspenderon estrepitosamente, e o continúan a facer, pois tras solucionarse o problema nin publicaron unha desculpa/explicación na súa páxina web, nin mandaron unha mesaxe de correo electrónico aos clientes (sería un bo momento para lanzar un anteollo especial, aínda que coido que deixaron de publicar tales boletíns).
Agardemos que aprendan da experiencia para que non se repita o acontecido.

16 comentarios realizados

a gravatar

1. besbe escrito o 18 de Outubro de 2008 ás 8:00

Pasoume o mesmo coa diferenza de que si puiden falar coa teleoperadora despois de chamar unhas cantas veces e atopar o número de teléfono comunicando, o que me dixo é que tiñan unha avería na rúa e que mandaran un técnico a arreglar o problema. O que non sabía é que a rúa quedaba en Madrid :D!

a gravatar

2. Cau escrito o 18 de Outubro de 2008 ás 10:19

Eu aproveitei que a páxina de R funcionaba para lles poñer unha reclamación, pendíndolles que me descontasen da factura as horas sen conexión (dende as tres e pico ata a noite). Porque co de non coller o teléfono evitaron moitas queixas formais, e se o deixamos pasar aquí non pasou nada. Eu si que estaba sen conexión por causas alleas a miña vontade.

a gravatar

3. Marcus escrito o 18 de Outubro de 2008 ás 11:35

Coido que si que van devolver un ou dous euros na vindeira factura a todos os usuarios. Eu tiven varias incidencias por culpa do cablemodem e vin sorprendido que me descontaron varios euros o mes pasado por un concepto de calidade de servizo.

a gravatar

4. El_podcastero_enmascarado escrito o 18 de Outubro de 2008 ás 19:54

Pensei que a crise chegara o internet ;)
Xa me queixara doutros cortes “na rua” de varias horas, e non me rebaixaron nada.
É uha vergoña que o diseño de internet sea descentralizado, e logo haxa colapsos, atascos e lerias destas.

a gravatar

5. Marcus escrito o 18 de Outubro de 2008 ás 23:11

Eu estou seguro de que no papel as infraestruras das operadoras de telecomunicacións están descentralizadas, e logo as centralizan e eliminan as moi necesarias redundancias para aforrar custes. Así de triste.
Vaia, que as mesmas rebaixas que fan na construción cos materiais tamén parece aplicarse ás TIC.

a gravatar

6. Nemigo escrito o 19 de Outubro de 2008 ás 1:01

o acontecido resulta abraiante. R ten na rede propia redundancia por todas partes. É imposible un corte nun cabo de fibra seu que deixe sen servicio. E agora nos enteramos que ten un cabo a “madrí” alugado por onde mandan toda a conexión a internet. Ninguén pensou en ter algunha alterantiva por se iso peta. Agora colleron as comunicacións da xunta e poden deixar sen servicio a tódolos galegos? Espero que na xunta pidan explicacións a R. Habería que facer algo nese senso. Abrirlles un expediente e advertirlles cunha desfeita importante. Non pode ser que pasen istas cousas

a gravatar

7. josetojeiro escrito o 19 de Outubro de 2008 ás 6:48

Quero que vexades a vexación que sufre Galicia por moitos personaxes veciños: (o artido de Melani Grifin e comentarios sobre todo)

http://www.marujeo.com/

Espero que argumentedes algo a tal artigo, penso que é vexatorio, e unha discriminación aos galegos.
Coido que é nestas cousas onde nos debemos unir todos nós e “loitar” pola nosa cultura.

PD: íao poñer no blog de riki pero non permitía comentarios anónimos, e eu non posúo conta no blogger.

Saúdos.

a gravatar

8. Sekis escrito o 19 de Outubro de 2008 ás 12:16

Podería falar acerca dos resultados demostrados da baba de caracol no cutis, pero, igual co anterior comentario, este non é o lugar.

Acerca do tema que importa, no podería estar mais de acordo. R mostrounos ós seus clientes a vulnerabilidade da súa infraestructura. E non me vale escoitar: -Os ADSL de Telefonica teñen os mesmos problemas.

O que me deixa realmente preocupado é que a centralización deste pais incluso afecta a redes de comunicacións que non teñen nin 10 anos.

a gravatar

9. Jorge escrito o 20 de Outubro de 2008 ás 19:16

Realmente creeis que fue culpa de un tercero??, yo podía acceder a google a traves de ip en vez de dns. Así que se dejen de tonterias, que realmente el problema es que dejan configurar sus máquinas a terceros y no contratan a personal.

a gravatar

10. Cau escrito o 21 de Outubro de 2008 ás 10:48

Resposta de R á miña reclamación:

Estimado Cliente

De verdade que lamentamos moito todas as molestias que lle causamos, porque unha das nosas prioridades é darlles a mellor atención aos nosos clientes e é evidente que o pasado venres non o logramos. Esa tarde produciuse unha avaría grave nas principais instalacións de operadores internacionais que dan saída a Internet desde Madrid, e que afectou seriamente ao noso servizo de acceso a internet. Os nosos números de información gratuíta, durante un tempo, non puideron dar resposta a todas as chamadas que entraban, por iso resultou tan difícil contactar connosco e nin sequera escoitar a mensaxe de aviso de avaría que gravamos tratando de explicar a situación.

Como é lóxico, procederemos a realizar a compensación pertinente na factura que recibirá no mes de decembro (de data 20.11.08).

Reiteramos as nosas desculpas polas molestias ocasionadas.

Se necesita calquera outra aclaración, pode escribirnos de novo a este correo

a gravatar

11. Marcus escrito o 21 de Outubro de 2008 ás 11:39

O da compensación económica xa o daba por suposto… e incluso sospeito que lles caerá un expedente sancionador.
O que está claro é que un par de euros non compensan unha tarde sen servizo, especialmente nas empresas, pero está claro que as operadoras de telecomunicacións tampouco son infalibles nin poden ter unha responsabilidade ilimitada.

a gravatar

12. Nemigo escrito o 22 de Outubro de 2008 ás 23:02

Non explican nada. Non é culpa súa, din. Pero é que culpa súa é ben pouco: teñen todo subcontratado. Sempre hai a quen botarlle o morto. Espero que lles meten un bo puro

a gravatar

13. Marcus escrito o 23 de Outubro de 2008 ás 1:26

Nemigo, eu imaxino que pasarán 2 cousas:
1- meteranlle unha sanción a R da que escoitaremos falar pouco ou nada.
2- R remitirá unha nota de desculpa (redactada con moitísimo coidado) que incluirá na vindeira factura, na que anunciarán que compensarán economicamente polos problemas do servizo.

Supoño que a cousa quedará niso, e non se molestarán en modificar a súa infraestrutura para evitar que volva a repetirse a incidencia :(

a gravatar

14. Nemigo escrito o 24 de Outubro de 2008 ás 16:59

https://a-coruna.oferta.infojobs.net/becas-ingenieros-para-r/of-i490874440348347599026204354421

Ise é o problema de R. Enxeñeiros becarios por 600 euros brutos (nunca mellor dito) ao mes

a gravatar

15. Marcus escrito o 24 de Outubro de 2008 ás 17:42

Cando menos R aínda non comezou a facer despidos masivos, coma Ono.

a gravatar

16. Nemigo escrito o 26 de Outubro de 2008 ás 3:28

R non ten nin 200 persoas en nómina os demáis son de ETT e subcontratas. Non necesita botar a ninguén. Simplemente paga por chollo feito. Cada un xa se adaptará a eso

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios