Venres, 10 de Outubro de 2008

As portadas de Mortal Kombat vs DC Universe

O mes que vén chegará un videoxogo que enfrontará aos personaxes de DC cos de Mortal Kombat no que promete ser unha orxía de violencia que nos impactará dende a portada do xogo, pois non contará cunha única cuberta, senón que Alex Ross tamén preparou unha imaxe alternativa para a Edición de Coleccionista. Velaquí as imaxes:
portada normalportada da edición de coleccionista
A edición de coleccionista creo que se distingue por incluír un cómic de 16 páxinas, aínda que o que mola é a portada, da que podemos ver a súa creación no seguinte vídeo:

Haberá que agardar case mes e medio para ver se o xogo paga a pena. Teño claro que non vai se un Street Fighter IV nin un Tekken 6, pero neses xogos non podemos manexar a Batman ou a Hal Jordan, nin contan con personaxes coma o Joker, Lex Luthor ou Darkseid, ¿verdade?

ACTUALIZACIÓN: Conseguín unha versión de máis resolución da imaxe de Alex Ross.

3 comentarios realizados

a gravatar

1. El_podcastero_enmascarado escrito o 12 de Outubro de 2008 ás 20:24

¿Por qué poñen borrosas as fotos da muller marabilla?

a gravatar

2. Marcus escrito o 12 de Outubro de 2008 ás 22:26

Podcastero, ten unha boa explicación: a persoa que inspira a versión de Ross de Wonder Woman é unha amiga, Rhonda Hampton, e non unha modelo profesional, polo que as súas imaxes non son de dominio público.

a gravatar

3. marcus.es » Mortal Kombat vs DC Universe ¡ten argumento! escrito o 29 de Outubro de 2008 ás 18:18

[...] argumento do xogo, que sospeito que será o que apareza no cómic que se incluirá na xa comentada edición de coleccionista. A introdución é realmente boa: Como o xogo é simplemente de hostias nin sequera esperaba que [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios