Domingo, 26 de Outubro de 2008

Portadas de libros con deseños orixinais

Libros de desenvolvemento empresarial de Krasis PressPara min, unha das editoriais que tivo un grande acerto na composición das portadas dos seus libros é sen dúbida O’Reilly, por tomar a decisión de meter imaxes de animais nas mesmas, dándolle un carácter diferenciador do resto de textos técnicos (os libros da editorial son principalmente de programación informática).
Seguindo na mesma liña tamén aplaudín no seu día o deseño das cubertas dos libros da galega Krasis Press, que colocan froitas na súa parte superior, dando un colorido bastante agradable a libros tradicionalmente moi sobrios.
Pero nos últimos días vin unha portada que me fixo rir, e crin que estaba feita en plan coña, coma co xerador de portadas falsas de libros de O’Reilly, que permite facer obras como a seguinte:
Xantar Marisco de O'Reilly
Pero non, resulta que o libro Ubuntu Kung Fu non só existe, senón que ten unha portada simpatiquísima:
Ubuntu Kung Fu
Non sei o que se está a cocer no mundo editorial, pero parece que cada vez teñen máis en conta do deseño, e aínda que un libro non se poida xulgar polas tapas, está claro que poden animar á xente a consultalo. Con este tipo de arriscados deseños poden conseguir lectores, e iso é algo que non se debe menosprezar hoxe en día.
Que no sector friki da Informática fagan apostas arriscadas se entende facilmente pero, ¿está a replicarse esta tendencia en textos noutos ámbitos? ¿Fóra de libros artísticos algunha editorial está a utilizar portadas curiosas e divertidas para animar temas tradicionalmente sosos ou excesivamente formais?

2 comentarios realizados

a gravatar

1. José Manuel Alarcón escrito o 27 de Outubro de 2008 ás 9:59

Hola Marcus:

Moitas gracias por referenciar os nosos libros como bo deseño :-)

A verdade e que procuramos que todo o que facemos leve un bo deseño aparte de ter a calidade precisa, xa que ainda que un libro non se debería xulgar polas tapas si que é certo que cando se ve que alguén se esmera no aspecto normalmente reflicte tamén un xeito de facelas cousas, e iso é importante.

Por certo, boísimo o deseñador de O’Reilly :-DD

Un saludo!

JM

a gravatar

2. Marcus escrito o 27 de Outubro de 2008 ás 10:40

José Manuel, as grazas non son merecidas. O que está ben é o traballo que facedes editando os libros cunha estética coidada sen ter que caer nos modelos gráficos de sempre. Os textos literarios e artísticos se poden permitir ese tipo de valentías, pero é raro velas en textos formais.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios