Xoves, 9 de Outubro de 2008

PG-Porn: o porno sen sexo

Cando lin hoxe o blog de Uruloki quedei flipado, pois parecía que deixaba de falar de películas frikis para pasar ao porno, pero era unha falsa alarma. Estaba a comentar o hilarante proxecto de PG-Porn, que é un orixinal proxecto no que presentan cortes de vídeo dixiridos ao público que gusta das películas pornográficas pero non das escenas de sexo. ¿Non pillades a idea? Pois vede a primeira entrega:

Nathan Fillion e Aria GiovanniSi, o tío do vídeo é Mal o de Firefly e Serenity, a tía é a actriz porno Aria Giovanni e en próximas entregas poderemos ver ao Lex de Smallville e a un dos actores de Las Chicas Gilmore.
Iso de liar a famosetes para facer vídeos de carallada é toda unha pasada, e para os que non pillaran a coña, o título do clip de PG-Porn é un xogo de palabras, pois nailing your wife normalmente querería dicir clavándolla á túa muller, só que neste caso é bastante literal.

En seguintes entregas supoño que tamén representarán grandes guións coma o seguinte:

- Señora, aquí tiene su butano.
- Su butano, su butano… tú lo que tienes es una labia… anda, pasa.

¿Terán guión ese tipo de escenas ou estarán improvisadas?

1 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » ¿Pódese facer un musical pornográfico? escrito o 19 de Febreiro de 2009 ás 14:22

[...] en plan coña pero, ¿é posible facer o mesmo coas películas porno? A xente de PG Porn (os do porno sen sexo) fai unha divertida proba: O curioso é que isto mesmo debería pasar absolutamente en todos os [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios