Sábado, 25 de Outubro de 2008

Noticias Cuatro: ou cómo interpretar mal unha nova

Un colega mandoume un correo electrónico todo asustado porque vira nos informativos de Cuatro que o xogo LittleBigPlanet non só se retrasaba, senón que dobraba o seu prezo, polo que pasaría a custar 140 eurazos:

Na propia web de Cuatro poñen o seguinte:

Sony retira un videojuego que cita versículos del Corán para evitar una ofensa al mundo musulmán
Tras destruirlo, la compañía electrónica ha puesto en el mercado un nuevo juego que cuesta el doble que el anterior
La compañía electrónica Sony ha retirado uno de sus videojuegos estrella para no ofender a los musulmanes y evitar problemas. La polémica la marcaba la banda sonora del videojuego, que citaba versículos del Corán, algo ofensivo en la religión.
La compañía ha destruido el videojuego tras retirarlo y ha puesto en el mercado uno nuevo que cuesta el doble del anterior.

¡Cómo se pode publicar unha burrada así e non correxilo despois! Polo que sei dende Cuatro non se retractaron, e a nova é unha auténtica burrada, pois o que pasou en realidade, segundo publican incluso dende as páxinas de El País, sería o seguinte:

La tirada inicial de un título como éste podría estar fácilmente por encima de las 500.000 copias, posiblemente cerca del millón en todo el mundo. Todos ellos serán destruidos, salvo algunos que han “desaparecido” y ayer se cotizaban en Internet por encima de los 150 dólares (112 euros), más del doble del precio de venta oficial.

Ou sexa, que os de Cuatro están atribuíndo a Sony a comercialización de copias roubadas do seu xogo (¿son conscientes que lle están a chamar mercado ao mercado negro?). ¡Manda carallo! ¡Iso é xornalismo e o demais son coñas! Supoño que os de Sony non se decataron da cagada de Cuatro, porque se non xa tería denunciado aos seus informativos e os forzarían a emitir unha rectificación.

Para que quede claro o asunto, o xogo está retrasado ata unha data por determinar entre o 3 e o 7 de novembro (estimándose que chegue ás tendas españolas o día 5), o seu prezo de venda continúa a ser de 69,95 euros (prezo oficial, aínda que se pode adquirir máis barato por aí), e non podo deixar de comentar que os que queiran o xogo e non teñan presa por facerse con el o primeiro día deberían subscribirse por 2 anos á revista Marca Player, pois por 45,60 euros regalan o LittleBigPlanet (aínda que esta caralluda promoción ten existencias limitadas).
Tampouco hai que esquecer que porán á venda un pack da PS3 no que inclúen o xogo de balde, polo que se ve que Sony está a pór moitas esperanzas nun título que contan con que lles salve as vendas este Nadal, pois a súa consola está a funcionar realmente mal comercialmente (pois é carísima, e o seu catálogo de xogos é case idéntico ao da Xbox 360, que custa menos da metade).

Xoves, 23 de Outubro de 2008

¿Cómo sería a vida sen Google?

O persoal de informativos de La 2 preguntou á xenta da rúa cómo sería a súa vida sen Google, e os resultados foron moi previsibles:

O que queda claro do vídeo é que aínda hai moita xente que non se conecta á Internet e que demasiadas persoas empregan Google como páxina de inicio, de xeito que non sabe moverse pola Rede sen o buscador, o que implica unha falta de cultura de Internet impresionante. Curiosamente un dos consultados de máis idade é o que dá no cravo:

- ¿Cómo sería la vida sin Google?
- Pues, con Yahoo!
- ¿Directamente?
- Sí, directamente.

Si, porque Google non só non é sinónimo de web, senón que é só unha das moitas opcións de busca que hai (eu antes era fiel a AllTheWeb, buscador do que gustaba máis que de Altavista). De feito, España é un país bastante raro, pois aquí o único buscador que se usa é Google, e se reproduce o mesmo monopolio co programa de mensaxería instantánea Windows Live Messenger. Noutros países hai máis variedade (aínda que Google domine en case todo o mundo). Esta situación resulta moi preocupante (temos unha dependencia que nos fai moi vulnerables).

Para min a desaparición de Google tería como consecuencia que pedería as miñas aplicacións web de lectura de e-mail e de RSS, o que non sería un trauma se me deixasen facer unha copia de seguridade do material con certa antelación (vaia, que volvería ás aplicacións de escritorio). Vaia, que xa caeron moitos buscadores e portais web sen que cambiase a nosa vida para sempre, só que a meirande parte dos internautas españois se conectaron cando xa existía Google, e non viviron a evolución da web, polo que non a súa percepción é diferente. Ser nativo dixital non é todo vantaxes.

Mércores, 22 de Outubro de 2008

Nicetrip toma medidas contra a crise

Oferta en Nicetrip
Ao final a crise vai ter o seu lado positivo: camisetas a bo prezo en Nicetrip (aínda que só sexa durante hoxe e mañá).

Martes, 21 de Outubro de 2008

¿Vídeo a favor do Partido Popular?

Non coñecía o concurso de vídeos Come con Rajoy (que parecen estar desesperados por borrar da Internet dende o Partido Popular) pero a participación de El Hormiguero no mesmo me parece moi clara:

Non entendo cómo se pode entender que o vídeo podería estar remitindo unha mensaxe a favor do PP, pois o clip recolle tópicos negativos sobre os militantes do Partido Popular que van dende o pijerío ata o racismo, xunto coa estulticia de culpar a Zapatero pola crise de Wall Street. Amais, o vídeo non cumpre coas bases do concurso ao que se presentou así que o que non entendo é ¿cómo os do PP picaron e colaron o vídeo na súa conta de YouTube? ¿Non se decatan de que o tema non vai ser un Chiquilikuatre e vai contra os seus intereses?

A solución para a crise económica

Natalie Portman (Star Wars) e Rashida Jones (The Office) atoparon cómo solucionar a crise económica:

¡Canta razón teñen! ¡Os cachorros o poderían arranxar todo! E non… hoxe non é o Día Internacional dos Cans, aínda que neste blogue o pareza.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios