Martes, 7 de Outubro de 2008

¡Pobre tartaruga mutante!

En Digg causou furor un debuxo no que se presenta a un Mario desolado por matar accidentalmente a unha das Tartarugas Ninja:
Mario mata a unha tartaruga ninja
Se non me equivoco, o falecido sería Leonardo, mentres os mestre Astilla, April e Casey Jones choran a súa morte, aínda que flipei bastante ao ver que en Digg pensaban que Casey era o Jason das películas de Viernes 13.
Unha mágoa que cada día quedenmenos tartarugas ninja, pois hai pouco xa dera conta do pasamento de Michelangelo nunha camiseta, e agora só quedarían 2 para defender os sumidoiros da cidade :o
Aparte do falecemento de dúas tartarugas come-pizza tamén sinto non ser quen de entender a sinatura do debuxo, para ver se o autor tiña máis ilustracións dese tipo.

Sen comentario!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios