Xoves, 2 de Outubro de 2008

2 reportaxes históricas de Código TV

Estes días vin que por casualidade gardaba no disco duro un par de clips moi curiosos da efémera canle de televisión local compostelá Código TV, e déuseme por subilos a YouTube para que queden para o recordo. Os cortes os subín cunha calidade moi boa, de xeito que se poden ver en plan cutre incrustados nunha web ou con calidade chupi-guay dende a web do portal de vídeos de Google.

Para comezar, póñovos a entrevista que Carlos Gulías lle fixo a Don Pedro, quen falaba sobre a prohibición do tabaco en locais públicos, argumentando que iso era meterse coa liberdade das propias persoas. A peza é de obrigada visualización:

Tamén se pode ver en YouTube con alta calidade

Xa por completar subín tamén o vídeo no que consultando sobre os matrimonios gais unhas señoras que coñece calquera que se mova por Área Central en Compostela deron a súa particular visión sobre os homosexuais, as bibianas e a política:

Coma o vídeo anterior, tamén se pode ver en YouTube na súa versión de alta calidade

Eu tampouco votei nunca polo franquismo e tamén penso que vai haber unha bomba atómica :P

Unha aperta dende aquí a todos os compañeiros de Código TV, que souberon dar vida a momentos televisivos difíciles de esquecer.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » Te quiero, pero escrito o 12 de Outubro de 2011 ás 20:53

[...] executivo, guionista e director, Carlos Gulías (Pablo, na ficción), ao que algúns lembrarán por algunhas reportaxes históricas de Código TV ou por ser exhorcitado en antena Comparte as súas funcións nesta curiosa serie co sempre amable [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios