Venres, 31 de Outubro de 2008

Acalan as declaracións da raíña Sofía

Grazas a Andrés Milleiro din cunhas declaracións públicas da raíña Sofía que a prensa censurou no seu día, recollidas no blog Mi Mesa Cojea:

Dona Sofía cun panda“Una noche me levanté a hacer pis y me encontré a Marichalao, que así es como le llamamos, desnudo en mitad de la sala de recepciones. Estaba subido en una mesa, defecando en el interior de un jarrón de la dinastía Ming, y tarareando el jingle de “Padres forzosos”. Le pregunté: “Jaime, cariño, ¿estás bien?” Él me miró y, muy serio, me dijo: “¿A qué te refieres?”

“Mi marido y yo seguimos practicando el sexo con regularidad, de ahí que nos veamos tan poco.”

“Sí, Leticia se ha puesto tetas, pero fue por un malentendido. Hará cuatro meses, mi marido le dijo: “Leticia, habrá que ir pensando en hacerte un busto”. La pobre lo entendió mal, pero mi hijo nunca había sido tan feliz.”

“El aborto debería ser delito. Cuando yo estaba embarazada de Elena, el médico nos dijo que no sería completamente normal, pero decidí tenerla a pesar de todo.”

“Los Borbones son muy clásicos para las cuestiones sexuales. Una vez le propuse a Juan lamerle el ano, y él me dijo. “¿Te parezco un sello?” Recuerdo que me entró la risa floja y le dije: “De perfil, sí.” Se pasó sin hablarme un mes. En la cama no es nada campechano.”

“La quema de fotos de Juan fue idea de Charli, el director de comunicación de la Casa Real, un chico de 22 años con un talento enorme. Hicieron un estudio de mercado y se dieron cuenta de que la monarquía había perdido imagen de marca, así que Charli nos propuso hacer una cosa que se llama… Eh… “viral” me parece. Lo organizó todo con su equipo, y salió muy bien, la verdad. Desde que queman fotos, recibimos más regalos que nunca.”

“A mi marido le encantan las nuevas tecnologías. Yo no sé mucho de eso, pero una vez me dijo que se había creado un perfil o algo así en una cosa llamada Facebook. Pero, claro, para que la gente no le identifique, se hace pasar por una chica de 13 años que se llama Mamen.”

“En cuestiones políticas me siento muy próxima a la izquierda abertzale. No comparto la acción armada, por supuesto, pero creo que la independencia de Euskal Herria es una reivindicación legítima. Lo que pasa es que, claro, de esto no puedo hablar con mi marido porque se pone como un orangután, el muy cabestro.”

Coido que os de El Jueves o van ter moi doado para a súa seguinte portada :P

Mércores, 29 de Outubro de 2008

Mortal Kombat vs DC Universe ¡ten argumento!

Midway estreou hoxe o trailer do xogo Mortal Kombat vs DC Universe no que se amosa o argumento do xogo, que sospeito que será o que apareza no cómic que se incluirá na xa comentada edición de coleccionista. A introdución é realmente boa:

Como o xogo é simplemente de hostias nin sequera esperaba que se molestasen en explicar cómo era posible que se tiñan que enfrontar os personaxes do universo de Mortal Kombat co de DC, pero a colisión de mundos parece que será a recreación dunha das crisis ás que estamos afeitos nos comics, aínda que cunha selección de personaxes bastante discutible (¿qué pinta o Joker en todo isto?).
Xa vin varios dos vídeos do xogo no que se ven ataques finais e distintos modos de combate, e a cousa promete moito visualmente (o deseño do traxe de Green Lantern espero que se manteña na súa futura película), aínda que para ver se cumpre coa xogabilidade haberá que agardar unhas tres semaniñas. Agardo que este xogo sexa un bo divertimento mentres agardamos ao lanzamento de Street Fighter IV.

Martes, 28 de Outubro de 2008

Guitar Hero World Tour: ¿publicidade enganosa?

Moitos blogs e webs publicaron nos pasados días o anuncio do Guitar Hero World Tour que están a pór na televisión norteamericana que resulta moi rechamante pola aparición de Kobe Bryant, Michael Phelps, Alex Rodríguez e Tony Hawk en plan Risky Business (como nunha anterior campaña de Guitar Hero):

Para min o mellor do anuncio é a canción Old Time Rock and Roll, que curiosamente non está incluída no xogo, aínda que sí hai outro tema de Bob Seger (Hollywood Nights). O peor de todo é que nin sequera se pode incorporar ao xogo o tema coma contido descargable, polo que o anuncio televisivo roza a publicidade enganosa.
Iso si, a listaxe de temas parece bastante boa:
Ver listaxe de cancións do xogo ▼

Digo que só o parece porque algunhas das cancións non me gustaron á hora de probalas, por darme a impresión de que non estaban moi ben sincronizadas (posiblemente por ser difícil contentar a xogadores de guitar, batería e micrófono á vez), pero ata que saia o Rock Band 2 non me pararei a comparar estes dous grandes títulos.
Para que vos fagades unha idea do que achega o novo Guitar Hero, déixovos co trailer de lanzamento (pois acaba de estrearse o xogo nos EE.UU., aínda que non chegará a España ata o día 7 de novembro):

Luns, 27 de Outubro de 2008

O trato ás webs en galego por parte de Google segue a dar moito que falar

En Vieiros seguen a falar da posible discriminación de Google ás webs en galego:

A web en galego, prexudicada por Google
Dende hai catro meses, o buscador líder no Estado Español prioriza os resultados en castelán e desterra aos últimos postos as páxinas noutras linguas.
Mazá de Google
Dende este verán, o buscador líder da internet, Google, está, dalgún xeito, a discriminar nos seus resultados as páxinas escritas en galego. Isto acontece na súa versión para o Estado Español, que aparece por defecto ao se conectar dende calquera computador da rede dentro do seu eido territorial. Así o parece demostrar un estudo elaborado polo blogueiro Marcus Fernández e publicado no medio tecnolóxico Código Cero.

Marcus dá unha data concreta para o cambio, cunha marxe de erro aproximada de dous días: o 20 de xuño. “Vese que nese momento comezaron a caer as visitas procedentes de Google ás webs en galego. O resto, permaneceron invariábeis”. Segundo explica, “cremos que se debeu a un cambio da política de busca de Google e que tivo esas consecuencias de xeito accidental”. Agora google.es dálles “prioridade ás webs en español, mesmo se buscamos palabras en galego”.

As consecuencias son que webs que se atopaban nos primeiros postos dos resultados “acabaron caendo a postos 40 ou 50″, o que se traduce en posíbeis perdas económicas “de cara ao futuro, polos ingresos de publicidade. Mesmo algunhas páxinas, como as de promoción turística, poderían deixar de cumprir cos seus obxectivos”.

O galego, o catalán e o éuscaro excluídos
O novo criterio do buscador, ademais, “discrimina os medios locais”. Tamén a través do buscador de novas, Google News, na súa edición para o Estado Español. Nese caso, os medios en galego, catalán ou éuscaro xa, directamente, están excluídos. Marcus Fernández pensa que incluílos no pesquisador de noticias non distorsionaría os resultados “pois os que buscan palabras en español atoparían resultados en español”, do mesmo xeito ca quen busque novas nas noutras linguas do Estado Español tamén atoparía as informacións. Pero non é así, cando menos de momento.

Segundo explica Marcus, está a haber contactos coas outras comunidades lingüísticas, a catalá e a vasca, “para ver se lles acontece o mesmo”. Mais, “no caso catalán, non hai tantos problemas, porque teñen o google.cat para quen queira facer as buscas na lingua propia”.

O problema está con google.es, que aparece por defecto a todas as persoas que se conectan dende unha IP do Estado Español. Marcus cre que “co tempo poderíase facer unha discriminación por comunidades autónomas”. Tamén existe a tendencia de localizar os internautas mediante a xeolocalización, mediante GPS, Wi-Fi… “Pero levará tempo. E o seu obxectivo é máis como negocio ca coma servizo, para personalizar a publicidade”.

Arranxaríase todo co .gal?
A consecución do dominio .gal non resolverá de todo o problema, segundo Marcus, “e dependerá da concienciación cidadá”. É máis partidario de que Google deixe de priorizar o uso dunha determinada lingua no interface do navegador á hora de devolver resultados. Pero facerllo saber ao xigante estadounidense é complicado: “Non ten sede española, senón unha oficina comercial. Non se pode ter un contacto directo. É case imposíbel acceder a eles, como xa pasou con algúns procesos recentes”.

O xerente da empresa de servizos en internet Abertal, Manuel Pan, tamén propón que Google teña en conta criterios xeográficos en non lingüísticos á hora de facilitar resultados: “Que aínda que accedamos dende Galiza ou dende Cataluña os resultados teñan en conta a efectividade nas buscas, non en que lingua estean”.

Segundo Pan, noutros estados en que conviven varias linguas, o buscador dá outras solucións, como “en Canadá ofrécense os resultados en francés coa posibilidade de traducilos automaticamente, pero Google non ten tradutor en galego”.

Tampouco ve como solución o responsábel de Abertal o feito de configurar Google en galego “para obter resultados preferentemente na nosa lingua, porque a min interésame a efectividade, non a lingua, xa que entendo as dúas”. O feito de priorizar os resultados galegos pode ser contraproducente, porque “pode levar a que moita xente que queira unha efectividade a nivel estatal non poña a páxina de Google en galego”.

Tamén coincide Pan en que se produciu unha certa discriminación dos medios en galego, porque “hai xente, que aínda que sexa galega, polo motivo que sexa, ten o navegador e a páxina de inicio en castelán, e agora terá dificultades para atopar estes contidos”, o que se traduce nunha baixada das visitas.

Cada vez hai máis xente que se está a decatar do asunto, e explican así a baixada de visitas que tiveron dende o pasado verán. A ver se dende Google arranxan o asunto…

O artigo de Vieiros é obra de Modesto del Río, máis coñecido no Blogomillo por ter o blogue que máis veces cambia de tema cada ano ;)

Domingo, 26 de Outubro de 2008

Portadas de libros con deseños orixinais

Libros de desenvolvemento empresarial de Krasis PressPara min, unha das editoriais que tivo un grande acerto na composición das portadas dos seus libros é sen dúbida O’Reilly, por tomar a decisión de meter imaxes de animais nas mesmas, dándolle un carácter diferenciador do resto de textos técnicos (os libros da editorial son principalmente de programación informática).
Seguindo na mesma liña tamén aplaudín no seu día o deseño das cubertas dos libros da galega Krasis Press, que colocan froitas na súa parte superior, dando un colorido bastante agradable a libros tradicionalmente moi sobrios.
Pero nos últimos días vin unha portada que me fixo rir, e crin que estaba feita en plan coña, coma co xerador de portadas falsas de libros de O’Reilly, que permite facer obras como a seguinte:
Xantar Marisco de O'Reilly
Pero non, resulta que o libro Ubuntu Kung Fu non só existe, senón que ten unha portada simpatiquísima:
Ubuntu Kung Fu
Non sei o que se está a cocer no mundo editorial, pero parece que cada vez teñen máis en conta do deseño, e aínda que un libro non se poida xulgar polas tapas, está claro que poden animar á xente a consultalo. Con este tipo de arriscados deseños poden conseguir lectores, e iso é algo que non se debe menosprezar hoxe en día.
Que no sector friki da Informática fagan apostas arriscadas se entende facilmente pero, ¿está a replicarse esta tendencia en textos noutos ámbitos? ¿Fóra de libros artísticos algunha editorial está a utilizar portadas curiosas e divertidas para animar temas tradicionalmente sosos ou excesivamente formais?

Sábado, 25 de Outubro de 2008

Noticias Cuatro: ou cómo interpretar mal unha nova

Un colega mandoume un correo electrónico todo asustado porque vira nos informativos de Cuatro que o xogo LittleBigPlanet non só se retrasaba, senón que dobraba o seu prezo, polo que pasaría a custar 140 eurazos:

Na propia web de Cuatro poñen o seguinte:

Sony retira un videojuego que cita versículos del Corán para evitar una ofensa al mundo musulmán
Tras destruirlo, la compañía electrónica ha puesto en el mercado un nuevo juego que cuesta el doble que el anterior
La compañía electrónica Sony ha retirado uno de sus videojuegos estrella para no ofender a los musulmanes y evitar problemas. La polémica la marcaba la banda sonora del videojuego, que citaba versículos del Corán, algo ofensivo en la religión.
La compañía ha destruido el videojuego tras retirarlo y ha puesto en el mercado uno nuevo que cuesta el doble del anterior.

¡Cómo se pode publicar unha burrada así e non correxilo despois! Polo que sei dende Cuatro non se retractaron, e a nova é unha auténtica burrada, pois o que pasou en realidade, segundo publican incluso dende as páxinas de El País, sería o seguinte:

La tirada inicial de un título como éste podría estar fácilmente por encima de las 500.000 copias, posiblemente cerca del millón en todo el mundo. Todos ellos serán destruidos, salvo algunos que han “desaparecido” y ayer se cotizaban en Internet por encima de los 150 dólares (112 euros), más del doble del precio de venta oficial.

Ou sexa, que os de Cuatro están atribuíndo a Sony a comercialización de copias roubadas do seu xogo (¿son conscientes que lle están a chamar mercado ao mercado negro?). ¡Manda carallo! ¡Iso é xornalismo e o demais son coñas! Supoño que os de Sony non se decataron da cagada de Cuatro, porque se non xa tería denunciado aos seus informativos e os forzarían a emitir unha rectificación.

Para que quede claro o asunto, o xogo está retrasado ata unha data por determinar entre o 3 e o 7 de novembro (estimándose que chegue ás tendas españolas o día 5), o seu prezo de venda continúa a ser de 69,95 euros (prezo oficial, aínda que se pode adquirir máis barato por aí), e non podo deixar de comentar que os que queiran o xogo e non teñan presa por facerse con el o primeiro día deberían subscribirse por 2 anos á revista Marca Player, pois por 45,60 euros regalan o LittleBigPlanet (aínda que esta caralluda promoción ten existencias limitadas).
Tampouco hai que esquecer que porán á venda un pack da PS3 no que inclúen o xogo de balde, polo que se ve que Sony está a pór moitas esperanzas nun título que contan con que lles salve as vendas este Nadal, pois a súa consola está a funcionar realmente mal comercialmente (pois é carísima, e o seu catálogo de xogos é case idéntico ao da Xbox 360, que custa menos da metade).

Xoves, 23 de Outubro de 2008

¿Cómo sería a vida sen Google?

O persoal de informativos de La 2 preguntou á xenta da rúa cómo sería a súa vida sen Google, e os resultados foron moi previsibles:

O que queda claro do vídeo é que aínda hai moita xente que non se conecta á Internet e que demasiadas persoas empregan Google como páxina de inicio, de xeito que non sabe moverse pola Rede sen o buscador, o que implica unha falta de cultura de Internet impresionante. Curiosamente un dos consultados de máis idade é o que dá no cravo:

- ¿Cómo sería la vida sin Google?
- Pues, con Yahoo!
- ¿Directamente?
- Sí, directamente.

Si, porque Google non só non é sinónimo de web, senón que é só unha das moitas opcións de busca que hai (eu antes era fiel a AllTheWeb, buscador do que gustaba máis que de Altavista). De feito, España é un país bastante raro, pois aquí o único buscador que se usa é Google, e se reproduce o mesmo monopolio co programa de mensaxería instantánea Windows Live Messenger. Noutros países hai máis variedade (aínda que Google domine en case todo o mundo). Esta situación resulta moi preocupante (temos unha dependencia que nos fai moi vulnerables).

Para min a desaparición de Google tería como consecuencia que pedería as miñas aplicacións web de lectura de e-mail e de RSS, o que non sería un trauma se me deixasen facer unha copia de seguridade do material con certa antelación (vaia, que volvería ás aplicacións de escritorio). Vaia, que xa caeron moitos buscadores e portais web sen que cambiase a nosa vida para sempre, só que a meirande parte dos internautas españois se conectaron cando xa existía Google, e non viviron a evolución da web, polo que non a súa percepción é diferente. Ser nativo dixital non é todo vantaxes.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero