Xoves, 25 de Setembro de 2008

¿Qué é «El Internet»?

Dende Pixel y Dixel presentan a Tomás e Dimas, un par de señores que explican as cousas da vida no programa Aprende con da televisión extremeña, onde nos deron a súa particular visión sobre o que é «El Internet»:

Un par de compañeiros do mesmo programa, Emilio e Claudio, tamén explican cómo se utiliza un móbil:

E xa sabedes, que o politono non é un municipal que se chama Antonio, senón unha música que serve para bailar… a poder ser con mulleres ;)

Mércores, 24 de Setembro de 2008

Roubo frustrado en Melide

Hoxe está (por desgraza) de actualidade Melide, pois non só sae na prensa, senón tamén en canles de televisión como Antena 3:

Una joven detiene a cuatro rumanos que pretendían robar en su negocio

Eran las 6 de la tarde, Mónica estaba en su negocio familiar cuando cuatro jóvenes rumanos entraron en el local, en Melide, A Coruña. Desde el primer momento, su intuición le dijo que había algo raro en esos clientes que no hacían más que mirar hacia todos los lados.

Poco después, los jóvenes huían del recinto con todo el dinero de la caja. Mónica, No sólo no se amedrentó, sino que salió corriendo, se encaró a ellos y les obligó a que le devolvieran los 400 euros que le habían sustraído. Los cuatro ladrones fueron detenidos media hora después.

La joven asegura que volvería a hacerlo porque dice “cuesta mucho mantener un negocio” y ha advertido a futuros ladrones que “Si vuelve a pasar lo mismo, vuelvo a hacer lo mismo”.

Fíxome especial graza que na reportaxe televisiva se enfocase a nova publicada en La Voz de Galicia:

Una joven de Melide frustra un robo en su tienda al encararse con 4 cacos
Los ladrones se habían hecho con un fajo de billetes de la caja de Comercial Hermanos Vázquez

Mónica explícandose en La VozCuidado, ladrones, que Mónica Vázquez no se anda con chiquitas. Esta vecina de Melide, sin ayuda y echándole mucho valor, consiguió ayer frustrar un robo en Comercial Hermanos Vázquez, el negocio familiar situado en el número 91 de la avenida de Lugo que se dedica a la venta de piensos y abonos de Coren.

La propia Mónica cuenta cómo empezó y cómo acabó una película que, en cuestión de minutos, movilizó a buena parte de los efectivos de la Guardia Civil que estaban disponibles en la zona en ese momento, incluido un helicóptero. «Eran as seis e dez cando entraron na tenda catro persoas con mala pinta, tres homes e unha muller, non serían maiores de trinta anos», explica.

Los cuatro se pusieron a merodear por el local y la dependienta no les quitó el ojo. «De repente -continúa-, vin cara á caixa e eles comezaron a saír. Deime conta ao momento de que faltaba xa o faixo de billetes do caixón». Mónica, que en ese momento se encontraba acompañada por otra persona, no se lo pensó dos veces y salió a la calle detrás de ellos, dispuesta a plantarles cara y a recuperar el dinero que acababa de volar de su establecimiento.

«A cen metros xa os pillei -dice la responsable de Comercial Hermanos Vázquez-, collín a un polo pescozo e díxenlle que me devolvesen os cartos inmediatamente». En este punto podía haber pasado cualquier cosa, sobre todo teniendo en cuenta la superioridad numérica de los cacos.

Pero tal fue su arrojo que, después de negar a la mayor un par de veces, los ladrones se vinieron abajo y acabaron accediendo a las pretensiones de la muchacha. «Un sacou o feixe de billetes do peto, pero pedinlle ao resto que baleiraran os seus petos, e un aínda tiña gardados cinco euros».

Con el botín recuperado, los ladrones echaron a andar, para regresar a continuación al lugar donde tenían aparcado un coche, cerca del negocio que acababan de intentar robar con muy poco éxito.

Mónica explica lo que ocurrió a continuación: «Metéronse nun Citroën Xsara familiar que tiñan aparcado, de cor azul e con placas BI-8616-CJ. Quedeime cos datos do coche e chamei rapidamente ao 062».

Desde la central de la Guardia Civil dieron aviso a la patrulla de la zona para iniciar la persecución, apoyados desde el aire por el benemérito helicóptero del instituto armado, que no andaba muy lejos cuando se dio la voz de alarma.

La huida duró poco, y los guardias del puesto de Touro consiguieron capturar a los cacos en la zona. Al cierre de esta edición, los cuatro permanecían a la espera de lo que ordenase la jueza de guardia.

«Custou moito levantar este negocio para que veñan estes tipos a fastidiar, xa o podes poñer no periódico: por aquí, que non volvan», dice Mónica con tanta autoridad que a cualquiera se le quitarían las ganas de mirar siquiera a las teclas de su caja registradora.

Robo en una obra

En Melide buscan también a los autores de un robo ocurrido la pasada noche en una obra. En este caso, los ladrones se llevaron diverso material de un inmueble en construcción que se encuentra saliendo hacia Agolada. Este tipo de acciones es relativamente habitual, y los cacos buscan, además de herramientas, aluminio y cobre que puedan vender al peso en las chatarrerías que compran sin preguntar.

Non sei se fun o único ao que lle pareceu rechamante, ¿pero non se pasaron un pouco na Voz ao publicar o número de matrícula do coche involucrado? Se poñen só as iniciais dos involucrados en accidentes de tráfico e falan de presunto para adxetivar a calquera quinqui, ¿ao identificar un coche non están marcando a uns inmigrantes coma delincuentes?
Se fose a Garda Civil a que publicase a información para alertar á poboación tería un pase, pero cando se trata da declaración dunha persoa involucrada ese tipo de detalles non deberían publicarse :(

Martes, 23 de Setembro de 2008

Wario Land: Shake It

Aínda que non vos gusten os videoxogos, non vos podedes perder o seguinte vídeo de YouTube:
Wario Land: Shake It
Creo que o vídeo é unha das mellores campañas publicitarias dun videoxogo que vin nunca. ¡Isto si que é un vídeo vírico!
Wario Land and the Shake Dimension chegará ás tendas españolas este xoves, e no caso de que non o anuncien pola tele (aínda que supoño que o farán), estou certo de que moita xente o vai recoñecer grazas á complicidade de YouTube.

Exposición de César Lombera en Melide

Es fin de semana se inaugura unha exposición fotográfica en Melide que promete ser interesante, segundo publica Rebeca Ponte no seu blog:

César Lombera nunha imaxe que publicou La Voz hai uns anosEste sábado día 27 de Septiembre inauguramos en Sanoguera Fotografía Arte y Diseño la exposición de la colección fotográfica “Impresión dixitais” de César Lombera.
César Lombera es muy conocido por su trabajo escultórico, en el que cabe destacar su pieza de As Marías de Santiago o el Valle Inclán de Pontevedra, además de sus preciosas colas de pez y sirenas que a mi tanto me gustan. Pero César Lombera es un gran creador y una mente privilegiada que tanto esculpe como saca fotos, como monta una instalación o propone un proyecto para solucionar mediante procesos cromaticos este feismo que asola el territorio.
Para mí es un honor que haya querido traer su colección de fotos digitales para ser expuestas en nuestra humilde sala y de este modo apoyar el trabajo de promocion cultural en las zonas de interior.
La exposición permanecerá hasta el día 30 de Octubre.
Estáis invitados.

En vista do interese da obra do autor, supoño que esta nova exposición estará á altura, aínda que é moi difícil superar á estatua que representa en Compostela a las 2 en punto:
Estatua das Marías exposta na praza do Obradoiro

Sábado, 20 de Setembro de 2008

As consolas de videoxogos hoxe

Onte a consola de Microsoft, a Xbox 360, baixou de prezo (20, 30 e 70 euros segundo o modelo), e como nin Sony nin Nintendo van rebaixar as súas videoconsolas (xa que Sony continúa a perder cartos con cada PlayStation 3 que vende e Nintendo quere aproveitar que incluso sendo cara a Wii vai ter problemas para atender a demanda no Nadal), paréceme un bo momento para botar un ollo ao que nos ofrece o mercado, que veñen a ser de xeito moi xeral os seguintes prezos:

PS2 PS3 Wii Xbox 360 Xbox 360 Elite
PS2 PS3
(80 Gb)
Wii Xbox 360
Arcade
Xbox 360
(60 Gb)
Xbox 360
(120 Gb)
Consola 129,95 € 399,90 € 249,95 € 179,99 € 239,95 € 299,95 €
Mando 29,95 € 59,95 € 19,95 € 44,95 € 44,95 € 44,95 €
Guitarra 39,95 € 49,95 € 49,95 € 49,95 € 49,95 € 49,95 €
Tarxeta de memoria 19,95 € - - - - -
Xogos novos 39,95 € 69,95 € 59,95 € 69,95 € 69,95 € 69,95 €
Xogos normais 29,95 € 49,95 € 49,95 € 49,95 € 49,95 € 49,95 €
Xogos baratos 19,95 € 39,95 € 39,95 € 29,95 € 29,95 € 29,95 €

Se analizamos a táboa temos que a PS2 continúa a ser a consola máis barata, pero non tanto, posto que o prezo da consola non é só os 129,95 euros que marca, senón que hai que sumar 19,95 ou 29,95 euros dunha tarxeta de memoria, xa que sin a mesma é imposible xogar á meirande parte dos xogos (pois se perderían os progresos e o único xeito de rematalos sería xogar 20 horas seguidas).
Podemos dicir así que a PS2 custaría 149,90 euros, polo que só habería 30 euros de diferenza coa Xbox 360 Arcade, que non só inclúe unha tarxeta de memoria, senón que o seu mando é sen fíos.
Temos así que a PS2 continúa a ser unha boa opción de compra posto que conta cun catálogo de xogos inmenso, e é a consola doméstica máis vendida da historia (anda polos 140 millóns de unidades) polo que non só é doado atopar accesorios e xogos, senón que é moi posible ter amigos e veciños coa mesma consola, o que abre a porta a intercambiar xogos cos colegas. Sobra dicir que o mercado de segunda man da PS2 é inmenso, sendo moi doado atopar xogos usados por 9,95 euros.
Precisamente vendo que a PS2 aínda se vende ben os fabricantes decidiron que só sacarán para esta consola os títulos imprescindibles (as franquicias tipo FIFA e as típicas adaptacións de películas) polo que non se pode agardar que haxa moitas novidades de cara aos 2 vindeiros anos, que posiblemente sexan os do fin do ciclo de vida da consola. Dito doutro xeito, a PS2 non morre… ¡a matan!

Hai que entender que a penetración dos televisores de alta definición no mercado aínda é reducida, polo que as consolas como a Wii e a PS2 aínda poden dar moito xogo. Da Wii non penso falar porque está claro que é un fenómeno inexplicable, dirixido a un público ocasional para o que a Wii é algo que hai que mercar sen pararse a analizar nin as características técnicas nin o catálogo de xogos (que fóra dos típicos Wii Sports, Zeldas e Marios é penoso).
Pero a Industria quere renovación, para volver a vender consolas, mandos, guitarras e xogos, no que entendemos que é unha guerra entre Microsoft e Sony (reitero que Nintendo non compite, vai aparte) e contra todo prognóstico, parece que Microsoft vai gañar.
Todo apuntaba a que a PS3 dispararía as súas vendas e superaría á Xbox 360 no presente ano, pero finalmente Sony non foi capaz de reducir o prezo da consola. Microsoft veu a situación e decidiu aproveitala chegando a acordos comerciais con fabricantes de xogos RPG (que arrasan no Xapón) de xeito que incluso van lanzar un Final Fantasy para a Xbox 360, o que fixo que o público nipón comezarse a mercar unidades dunha consola que ignoraba completamente. Sumado ao feito de que a Xbox 360 vendeu máis do dobre que a PS3 nos EE.UU. deixa so ao mercado europeo (onde a loita está en táboas), que se verá forzado a seguir a tendencia internacional, principalmente porque a mellora do catálogo de xogos da consola de Microsoft veu acompañado cunha política de prezos moi agresiva (¡sen vender por debaixo dos custos de fabricación!).
Na actualidade case todos os grandes xogos saen tanto para a Xbox 360 como para PS3 (as exclusivas se limitan a un número de xogos que cada vez é máis reducido, especialmente no caso da PS3, pois a economía de Sony está mal, e non poden pagar a exclusividades) e son indistiguibles, ou sexa, que para un usuario daríalle igual mercar cunha consola que outra (non esquezamos que as últimas PS3 non son retrocompatibles, polo que os xogos de PS2 non funcionan nas mesmas), pero a consola de Sony custa máis do dobre que a de Microsoft e a cousa parece que non vai cambiar a medio prazo. Se houbese un mercado de pantallas de alta definición moi grande, que lle dese algún valor ao Blu-ray, a vantaxe da PS3 sería clara, pero coma ninguén está a mercar películas nese formato (e os estantes das tendas son un claro exemplo diso) dá a impresión de que Sony vai ter problemas para que a súa consola teña éxito a medio prazo.

¿Qué consola recomendo?

Teño claro que o público que quere unha Nintendo Wii busca certo tipo de xogos que non vai atopar no resto de consolas, polo que os xogadores ocasionais non están facendo o parvo ao apostar por Nintendo, pero o resto de xogadores deberían pensar entre unha PS2 e unha Xbox 360. A elección entre as dúas dependería de cada caso, pero tendo en conta o futuro a Xbox 360 parece unha aposta segura (algo que non me atrevería a dicir hai 6 meses).

Cuestión de piratería

Pero para poder analizar o panorama actual non se pode esquecer o fenómeno das copias dos xogos, e un factor decisivo para o estrepitoso fracaso da PS3 é que a consola conta cunhas medidas de seguridade tan fortes que nos seus preto de 2 anos de vida aínda non atoparon o xeito de superalas. Non hai chipeos nin farrapos de gaita para a PS3, o que fai que moitos usuarios lle teñan arrepios (pois os xogos novos son carísimos).
No caso da PS2 o do chipeo é algo que leva moito tempo aí, e tendas coma Todoconsolas cobran 90 euros pola operación (o que incrementa moito o prezo da consola). A Wii corre a mesma sorte, e tamén ten chipeo case dende os seus comezos (neste caso, a 85 euros en Todoconsolas). Pero a Xbox 360 é un caso especial, pois non precisan de chip para xogar con copias de seguridade de xogos, senón que só hai que cambiarlle o firmware da lectora de DVD da consola para tal operación (o que en Todoconsolas cobran a 40 euros). Vaia, se comparamos prezos de consolas chipeadas en Todoconsolas (non me pagan por facerlles publicidade, simplemente os tomei como referencia) a Wii custaría 345 euros, a PS2 (con tarxeta de memoria) uns 240 euros e a Xbox 360 Arcade uns 220 euros, sendo a consola doméstica máis barata das 3, o que resulta abraiante (non esquezamos que a Xbox 360 é unha consola de alta definición, que incluso se pode empregar para ver películas a 1080p).

¿Merece a pena mercar unha Xbox 360 agora?

Hai que lembrar á xente que os primeiros modelos da Xbox 360 teñen certos defectos de fabricación que fai que a consola se quente moito, chegando a aparecer no seu botón de acendido 3 luces vermellas que indican a morte da consola (fallo que cubre o fabricante durante os 3 primeiros anos), e cada revisión que sacan vai corrixindo os problemas de calor. No último ano a Xbox 360 vén coa placa Falcon, que é moito máis segura que as anteriores, pero que aínda non é perfecta, e todo apunta a que a nova placa, a Jasper, saia cando se liquiden as unidades actuais das Falcon (o que se agardaba para este mes). Así pois, a xente que queira mercar a Xbox 360 e non teña pensado flashear o firmware do seu lector de DVD para usar xogos copiados debería agardar ao Nadal para mercar a consola, xa que terá máis posibilidades de pillar a placa nova (e algunha oferta con xogos). En cambio, se queremos flashear hai que mercar a consola o antes posible, porque dende comezos do verán introduciron no mercado novas lectoras de DVD ¡que non teñen memoria Flash! Ou sexa, que é imposible piratealas (e cando sexa posible será con chip ou algo semellante).
Atopar unha consola con lector flasheable aínda é doado. Hai que fixarse que o seu número de lote (pono nun adhesivo) sexa inferior ao 817, e así hai garantías de poder piratear a consola. Todo é cuestión de mirar, pois en El Corte Inglés as Xbox 360 Arcade que tiñan estes días estaban fabricadas a finais de 2007, mentres que na FNAC eran todas do verán. Iso si, estase a falar moito nos foros de Internet de onde atopar as consolas actualizables polo que é posible que dentro dun par de meses sexan case imposibles de atopar novas, polo que ao que lle interese facerse coa Xbox 360 debería darse presa.

Sobre se coller o modelo Arcade ou os que teñen disco duro, debo indicar que o disco duro é só para descargar vídeos e demos, xa que para gravar partidas está de máis a tarxeta de memoria que inclúe. Vaia, que se queremos a consola só para xogar (e a imos piratear) o disco duro tráenos sen coidado (¿quén quere unha demo se podemos ter o xogo enteiro?).
Tamén aviso de que quen queira aforrar os 40 euros do flasheo a operación é moi sinxela de facer, aínda que se precisa dun ordenador con controladora Serial-ATA (a teñen case todos os equipos dos últimos 2 anos) e dun par de destonilladores Allen (son doados de atopar, e moi baratos). Vaia, que non hai que soldar nin nada polo estilo, só quitar a lectora, conectala ao PC, actualizar o firmware e volver a conectala á consola para gozar dos xogos gravados.
Que conste que non estou facendo un alegato á piratería, senón que o que pretendo é argumentar por qué penso que a Xbox 360 vai funcionar comercialmente moito mellor do que se esperaba ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios