Martes, 2 de Setembro de 2008

Xa se pode descargar o Google Chrome

A web do Concello de Melide vista no Google Chrome
Hai menos dunha hora que o Google Chrome, de xeito que os interesados neste navegador de Google poderán ver o que en realidade ofrece, que vén a ser máis do mesmo, pero coa marca de Google.

Eu estou moi contento con Firefox, e o Chrome me parece interesante, pero aínda non está maduro como para ser o meu navegador principal, aínda que non podo evitar criticar esta iniciativa de Google por varios motivos:
- TRAICIÓN: si, coido que todos podemos dicir sen pudor que se trata dunha traición á Fundación Mozilla, pois o novo navegador utiliza o motor de Safari en vez de utilizar o de Firefox (que son ambos igual de abertos, pero dende Google sempre dixeron que non sacaban un navegador porque gustaban do Firefox). A cousa non queda aí: cando instalas Chrome o programa importa os datos que tes en Firefox para animarte a cambiar de navegador.
- NADA NOVO: o Chrome se dedica a meter nun paquete cousas que xa se poden facer con outros navegadores.
- MONOPOLIO: dá algo de medo iso de empezar a usar Google para todo, e o monopolio de Google pode ser moitísimo máis perigoso que o de Microsoft ou Telefónica, pois está a saltar por distintos medios e está a amasar moito poder.

Para rematar teño que incidir no feito de que non estou dacordo con moitas das análises deste novo lanzamento de Google, pois o están a ver como un navegador que nace como alternativa ao Internet Explorer, e a min me parece que en realidade nace como plataforma de aplicacións web, de xeito que se comportan como aplicacións de escritorio (sería coma sumar Google Gears e Mozilla Prism, funcionando incluso fóra de liña e en fiestras independentes, engadindo incluso o atallo correspondente ao Escritorio, á barra de inicio rápido ou ao menú de Inicio). Vaia, que dende Chrome podemos ter Gmail coma unha aplicación, pero iso tamén se podería aplicar a Google Documents, polo que entendo que é parte dunha ofensiva contra o MS Office e non contra o Explorer.
Por desgraza, temo que este navegador pode minar o número de usuarios de Firefox, mentres que o Explorer vai permanecer impasible :(

20 comentarios realizados

a gravatar

1. Miguel escrito o 2 de Setembro de 2008 ás 22:37

Levo un anaco probando o navegador e vai verdadeiramente rapida a navegacion e a usabilidade do mesmo e bastante sinxela.

Teño medo do que pode ser google nun futuro …

a gravatar

2. Marcus escrito o 2 de Setembro de 2008 ás 23:04

Miguel, o novo navegador é moi lixeiro, iso é indiscutible, pero non conta con todas as funcionalidades que achega o Firefox. Está claro que pode valer para un usuario básico pero o Internet Explorer tamén é válido para eses usos (e resulta máis compatible). Eu xa atopei servizos que dan alertas de javascript raras ao detectar o Chrome.
Moitas das cousas que fago a diario co navegador o Chrome non me deixa facelas, polo que para min non é unha opción (como tampouco é unha opción utilizar un sistema operativo distinto de Windows) pero como navegador secundario terei que darlle o beneficio da dúbida. De todos os xeitos, con Explorer, Firefox, Opera, Safari e compañía o que mellor define a situación actual é a frase «eramos poucos e pariu a avoa»

a gravatar

3. José Manuel escrito o 2 de Setembro de 2008 ás 23:30

Yo también estoy probando Chrome, y también le encuentro muchas carencias. Habrá que esperar que salga la versión definitiva.
Casualmente, hace poco me he pasado a Opera, harto de los constantes reinicios y consumos de memoria de Firefox (me traía frito), y la verdad es que estoy contento.

a gravatar

4. Marcus escrito o 2 de Setembro de 2008 ás 23:48

José Manuel, pues yo a Chrome le encuentro cierto parecido a Opera, y se ve que su principal ventaja es su reducido consumo de recursos. Lo que está claro es que si le añaden tantas cosas como a Firefox acabará teniendo sus mismos problemas. Ah, y para una versión definitiva de Chrome vamos a tener que esperar mucho (de hecho, uno de los grandes miedos de Google parece ser que es que la gente pruebe el navegador y luego se olvide de él).
Sobre los problemas con Firefox, desde que me pasé al 3 me olvido de los problemas de reinicios y consumos de memoria elevados. Eso sí, de vez en cuando se me muere el plugin de Flash (en realidad da un fallo rarísimo, en el que los vídeos en FLV pierden el sonido y se bloquean a los pocos segundos de reproducción) y tengo que reiniciarlo (se pueden reiniciar los plugins sin salir del programa). Por lo demás estoy encantadísimo con Firefox, y tengo miedo a que Google pueda hacerle pupa a la Fundación Mozilla (aunque dudo que sea algo que vaya a pasar a medio plazo).

a gravatar

5. Miguel escrito o 3 de Setembro de 2008 ás 0:28

Bueno, xa o probei un pouco mais, en canto a velocidade e unha pasada, ben e certo que cambiei o meu PC a semana pasada e teño unha Placa base con grafica ATI integrada, e o Firefox non sei por que a scrollbar vai lenta de carallo e as paginas en flash puff.. lentisimas, o cal parece ser un problema de grafica/placa/firefox, co cal para min pode ser unha solucion para isto.
Cousas que voto en falta que o certificado da FNMT non me funciona, e curiosmanete usa os certificados de internet explorer por qeu xa os tiña ahi importados (e non importei nada) e o asistente e o mesmo, iso si, non funciona nin o primeiro.

Sau2

a gravatar

6. Nemigo escrito o 3 de Setembro de 2008 ás 1:22

terei que agardar versión pra mac, polo que din
Non me parece “perigoso” que google saque novos trevellos, eso pode que a algún lle patee o cu. Firefox tarda demasiado en sacar versións e fáltalles varias coceduras ao que “venden”
En mac existe camino que é un firefox podado que vai moi rápido e moi doado de empregar
É obvio que google tenta integrar todo nun navegador: correo, mensaxería, búsquedas, etc

Iso xa o fixo e tentou facer máis empresas e caeron con todo o equipo. Pra navegar prefiro Opera. Estéticamente é do mellor. Bótase en falta algunha funcionalidade de firefox pero ó firefox parece demasiado cacharro pra o que fai ou queremos que faga

a gravatar

7. Marcus escrito o 3 de Setembro de 2008 ás 10:37

Miguel, acabo de probar o do certificado dixital e a min tamén me pasa. Tamén é curioso que os estilos da páxina da Axencia Tributaria tampouco se interpretan ben (dálle moito ancho ao menú da dereita, en vez de aos contidos). Supoño que serán cousas por pulir.
Lo do Flash en xeral é un inferno para os navegadores, pero coido que en moitos casos é culpa de Adobe. Ten en conta que son eles os que fan os engadidos, polo que se están pouco optimizados logo o paga o usuario.
O que si que odio son certas páxinas ás que non se lles ocurre outra cousa que montar un menú baseado en vídeo (de bastante resolución) de xeito que incluso co ordenador máis rápido do mercado van coma o carallo (e fan que o equipo quede medio parvo). Vaia, que a certos deseñadores de páxinas web non estaría mal que os afastasen do seu equipo con 4 núcleos e a súa pantalla de 37 polgadas, e que vesen coma o usuario medio se caga en todo ao ver as súas webs (como acontecía hai anos cando un entraba nunha web que utilizaba applets Java).

a gravatar

8. Miguel escrito o 3 de Setembro de 2008 ás 16:25

Estou contigo, os desarrolladores web terian que empregar un pentium 3 ou similar para facer as suas webs, que hay algun que parece que fai a web a medida do seu equipo e do seu monitor.

a gravatar

9. Marcus escrito o 3 de Setembro de 2008 ás 20:31

O detalle é que cando lle ensinan as webs aos seus xefes ou contratadores, as ven en equipos potentes e con boas conexións, e logo, os usuarios reais teñen que pagar as consecuencias.
De feito, tamén hai algo que normalmente se esquece: a xente non consulta só unha páxina de cada vez. Ou sexa, que está a compartir o navegador con varias webs, polo que se unha páxina pide moitos recursos pode traer problemas O mesmo se aplica, por exemplo, á reprodución automática de vídeo e audio, que debería estar prohibida, pois moitas veces é case imposible saber cal das webs que un consulta é a que comezou a reproducir unha música molesta :(

a gravatar

10. Google Chrome: algo máis que un navegador — Capítulo 0 escrito o 3 de Setembro de 2008 ás 22:42

[...] problema, como di Marcus, é que o poder de Google comeza a ser inmenso e, con independencia da súa ética empresarial, o [...]

a gravatar

11. Nemigo escrito o 4 de Setembro de 2008 ás 1:52

google ofreceu correo electrónico. Cal foi a diferencia cos demáis? Máis capacidade. É obvio que pra google os navegadores son limitados e moitas das features non serven pra nada ou non se empregan. A xente busca algo sinxelo

Penso que as web NON as fan profesionais. Non hai cartos ahí. As web as fan becarios ou xente que cobra por páxina feita ou tanto o bit. Coñezo algún caso e roza o patetismo o regateo de empresas que facturan millóns de euros

a gravatar

12. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2008 ás 10:12

Nemigo, o da capacidade de Gmail só foi unha vantaxe inicial (cando o número de usuarios era moi limitado) pois logo todos competiron no espazo (e tanto Yahoo coma Hotmail dan capacidades máis que suficientes para a meirande parte dos usuarios). Eu penso que Gmail trunfa polas súas prestacións. É o webmail máis completo que coñezo (e destaca por permitir o seu acceso por POP e IMAP), e foi a aplicación web que me fixo avandonar a de escritorio.

Sobre o de que as webs non as fan profesionais, non podo darche a razón. As páxinas web que realmente visita a xente son moi profesionais. Os produtos que recaen en bolseiros son os espazos web meramente presenciais, ou de compañías que non apostan nada pola Internet. Por desgraza iso tamén se pode aplicar a medios de comunicación que misteriosamente aínda non cren na Rede (polo que van ter un futuro bastante chungo). Supoño que non é preciso que cite cabeceiras, ¿verdade?

a gravatar

13. Nemigo escrito o 4 de Setembro de 2008 ás 13:02

pra ter páxina feita por profesionais necesitase un servizo na empresa que faga iso ou cando menos que leve o “mantemento” Explicarlle a un “empresario” que alguén cobra por algo que non se ve fisicamente. Que non é “valorable” de xeito subxectivo
As empresas teñen unha páxina web por que hai que dela, dicir que se ten. Podes ver os xornais con publicidade e moitas de isas empresas poñen número de teléfono ou fax, menos son as que poñen páxina web. E moitas menos as que o consideran parte do seu sistema de traballo. Existen empresas con páxina que ninsequera teñen correo electrónico (e algunha adicase ás telecomunicacións!)

Os medios de comunicación non cren na rede simplemente porque non pensan que sexa un posible negocio. Eles ninsequera poñen publicidade de rúa neles. Anuncios sinxelos de pequenos negocios. Impensable que o bar da esquina se anuncie na internet

a gravatar

14. Emesekis escrito o 4 de Setembro de 2008 ás 23:21

Pois para min, paréceme una grande noticia.

¿Cal é o principal motivo polo que na actualidade é imposible prescindir do Intenet Explorer? Porque os desenvolvedores proban as suas webs no navegador maioritario, y se olvidan do resto de opcións.

Precisamente polo poder que está a ter Google, e tendo o motor que ten o novo navegador (moito mais próximo ós estándares html), estou seguro que a cuota de mercado que terá influirá nas probas dos sitios web. Certo que o principal perdedor desta batalla a 3 será o Firefox (nesto estou dacordo con Marcus en que foi un pouco a traición).

E agora toca pulir os pequenos detalles. Xa prováchedes o :% na barra de direccións?

a gravatar

15. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2008 ás 23:54

Vaia, sabía que tiña moitos fallos (xa atopei bastantes) pero poder tumbar o programa escribindo na barra de enderezos é brutal.
Eu non lle vexo ningún sentido a utilizar o motor WebKit en vez de Gecko, pois o lóxico sería seguir sendo amiguiños de Mozilla (que para algo participan no financiamento da súa Fundación) e na práctica vemos que as diferenzas entre Chrome e Firefox a nivel de rendemento e estándares son mínimas. Iso si, o que deben estar contentísimos son os de Apple, que agora dirán que Google imita a Safari porque é o mellor navegador do mercado e blah, blah, blah.

a gravatar

16. LoboGris escrito o 5 de Setembro de 2008 ás 2:11

Boas !!

Instalado, probado…e sigo co Mozilla !!!

a gravatar

17. josiño escrito o 5 de Setembro de 2008 ás 19:12

Descargueino ,instaleino , probeino e desinstaleino.Non me gusta nada.Mozilla “a morte”.

a gravatar

18. Marcus escrito o 5 de Setembro de 2008 ás 19:21

Josiño, iso mesmo é o que están a facer millóns de persoas, o que fai que a euforia que amosan algúns de Google asegurando que conseguiron que o 1% dos usuarios do mundo se pasasen ao seu navegador só en 24 horas está totalmente inxustificada. Só o tempo dirá se o navegador vai pintar algo ou non.

a gravatar

19. Laura escrito o 5 de Setembro de 2008 ás 20:18

O 1% de todos os usuarios non é moito, dame a min…
Eu fixen o que tantos: descargueino, instaleino, probeino e de seguido desinstaleino. Sonlle fiel ao Firefox

a gravatar

20. Marcus escrito o 5 de Setembro de 2008 ás 20:51

Laura, o 1% da xente que navega pola Rede é unha auténtica animalada. Ten en conta que ese vén a ser o número de xente que utiliza ordenadores con Linux (por pór un exemplo).
O Internet Explorer está en case todos os escritorios informáticos do mundo, e o raro é usar outros navegadores (aínda que poidamos ter a impresión de que todo dios anda con Firefox).

Aínda así teño que dicir que me equivoquei co dato, pois era o 1,9%, que é unha barbaridade. O Opera, que ten bastantes anos, apenas ten un 0,82% de cota de mercado (ou menos do 0,6% segundo outras estimacións). Pero reitero que os datos dun lanzamento non serven para medir un uso real de cara ao futuro (se as películas recaudasen durante todo o mes o mesmo que na súa estrea o cine daría máis cartos que o petróleo).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios