Venres, 26 de Setembro de 2008

Os blogueiros poderemos ver de balde a película Dinosauros 3D na Domus

O martes 30 de setembro ás 20:30 horas a Domus presenta o seu cine tridimensional dixital aos blogueiros cun pase especial de Dinosauros 3D, no que se explicará a tecnoloxía detrás desta nova sala de exhibición cinematográfica da man de Enrique Criado (Enxebre Entertainment). Tamén terá lugar un coloquio e mesmo quedaremos para tomar algo trala peli (ou iso espero).
Os blogueiros interesados en asistir poden inscribirse a través dun formulario web indicando o nome e enderezo do seu blogue. Eu xa o fixen e remitíronme a seguinte invitación:
Invitación para Dinosauros 3D

Anímovos a todos a asistir, pois é unha boa oportunidade para atoparnos uns cantos amigos e de paso ver a tecnoloxía do cine do futuro… perdón, do presente, porque en breve imos ver como as películas de Disney, Pixar e Dreamworks se estrean tamén con esta tecnoloxía, xa que pensan que é unha solución ao problema da piratería (pois achega un valor engadido ás proxeccións cinematográficas que fai que á xente non lle importe pagar por ver as películas dun xeito distintos que na casa).

Non agardedes que isto dos dinosauros en 3D vai ser unha cutrada como a que víchedes no almorzo:
galletas de dinosauros

Dinosauro saíndo da pantallaA produción que deu lugar a Dinosauros 3D. Xigantes da Patagonia é algo moito máis interesante que a nefasta película en 3D que fixera a Disney (pensando que así poderían prescindir de Pixar), pois é unha mestura de paisaxes reais filmadas con modernas cámaras 3D e imaxes xeradas por ordenador para recrear os saurios que habitaban a zona hai 180 millóns de anos (mentres que a peza de Disney amosaba os modelos tridimensionais en 2D).
Para os que non virades nunha unha película en 3D de verdade teño que avisar de que hai dous tipos de proxeccións: no máis básico se percibe a profundidade, mentres que cando se empregan técnicas avanzadas se pode conseguir un realismo que mete medo, pois parece que as cousas saen da pantalla. No cine normalmente se ven películas do primeiro tipo, pero esa tecnoloxía está en vías de extinción e agora temos que preparanos a ver coma os monstros invaden as butacas dos cines. De seguro que máis de un pode levar un susto.
Para facerse unha idea dos contidos da película (que non do seu realismo) podemos ver o seguinte trailer:

Loaded 3DA min ese tipo de contidos non me resulta especialmente rechamante, e supoño que sería máis doado chamar a atención do público se en vez de dinosauros se amosasen tetas en 3D. De feito, tralos comics, o sexo foi un dos eidos nos que os efectos tridimensionais cutres (anaglifos) se utilizaron con máis frecuencia.
O ano pasado, sen ir máis lonxe, a revista Loaded sacou un número co que regalaban lentes para ver en tres dimensións ás mozas espidas do interior da publicación. Para os que garden lentes dese tipo (ou se fixeran unhas na casa) tamén se pode facer a proba con webs coma Nudes3D.com, onde aparecen distintas mozas núas cun efecto de profundidade máis que discutible:
Nudes3D.com
Supoño que o efecto estará creado con algún truquiño de Photoshop, porque a simple vista me parece pouco realista (coido que aparece á mesma profundidade o peito dereito da rapaza e a súa cara, o que só sería posible se fose unha contorsionista de moito carallo). Este tipo de imaxes se poden crear con dúas cámaras ou tirando dúas fotografías dende dúas posicións distintas (a pouca separación) orientadas a un único punto, pero non creo que sexa o caso da web mencionada.

Os anaglifos son un efecto do que non gusto, especialmente despois de ler hai anos o cómic Batman 3D, pois a súa lectura era bastante incómoda. Por sorte, as cousas evolucionaron e dende hai anos existen tecnoloxías moi realistas para representar imaxes tridimensionais (aínda lembro a proxección do Pavillón da Natureza na Expo de Sevilla, da que saíra gratamente impresionado). O vindeiro martes espero que sexa a primeira de moitas outras veces que asista a unha proxección deste tipo nun cine, e que a experiencia nos anime a todos a repetila.

9 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 11:36

penso que sería mellor regalar entradas pra ir ver á rapaza

Coñas a parte, da un pouco de vergoña propia e allea iso de facer promos pra blogueiros. Supoño que será por iren á busca de publicidade gratis total

a gravatar

2. Marcus escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 12:39

Claro que é para dárlle publicidade ao cine 3D. ¡Porque a ese tipo de cousas hai que facerlle publicidade!
Estou entusiasmado polo feito de que A Coruña conte cunha sala de exhibición deste tipo e desexo que teña moito éxito para que películas como Avatar ou Monsters vs Aliens cheguen en 3D a Galicia.

E o de facer promocións para blogueiros é algo que en Galicia se bota bastante en falta, pois noutras partes de España é normal ver pases cinematográficos ou presentacións de videoxogos pensando nos autores de blogs. En moitos casos se limitan a reservar unha parte do cupo de xornalistas nos pases de prensa para blogueiros, e a cousa parece que funciona, pois é máis habitual ler as reseñas na Rede que nos xornais (nos que habitualmente non sae nada se non soltan a pita).

a gravatar

3. LUISMA escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 12:39

A foto esa da moza resulta bastante agradable á vista, pero ó abrir o blogue á mañá no traballo foi unha sorte estar só na oficina :). O problema non é a rapaza, o poroblema é enredar no traballo ;) Un saúdo

a gravatar

4. Marcus escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 13:03

Jajaja, para ver a rapaza había que desprazarse na páxina, polo que a cousa non era moi perigosa. Tampouco e algo que non se vexa durante o verán na praia de Riazor (digamos que o resto de imaxes dese tipo que circulan pola web eran bastante maís fortes).
Iso si, dubido que moita xente teña na casa unhas lentes para percibir o efecto tridimensional.

a gravatar

5. lauren escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 13:06

Paréceme fenomenal¡, teño entendido que é espectacular, un amigo (Amiguete), creo que o viu xa fai tempo en USA e quedou abraiado, pero alí o realismo era total pq diante de cada butaca tiñan pulverizadores e ventiladores que botaban liquidos, aire e olores para que o realismo foxe máximo.Xa nos comentarás a expereciencia.
Unha apreciacion moi persoal…Que teña que pagar a xente non sei cantos cartos polo fubol, mais do mesmo nos toros, ou polos cubatas…e que esto 1 só euriño,é un fiel reflexo do que se valora ou non se valora hoxe en día.
Saúdos.

a gravatar

6. lauren escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 13:14

Por certo tamén, a foto e moi doado de facer, xa o facia eu no photoshop 4.0….
Simplemente duplicando dous canles de cor, e un par de filtros…este rapaz explicao ben…
http://www.youtube.com/watch?v=Lr1bFZiM-0Q

E agora vou chamar a miña moza que xa estou farto que saía en blogs, e na foto de enrriba mostra as súas vergonzas… ;)

a gravatar

7. Marcus escrito o 26 de Setembro de 2008 ás 13:39

Lauren, o titorial que apuntas explica cómo se fai o efecto ben, pero no caso da foto da rapaza sospeito que está feito a ollo en vez de con dúas fotografías.

a gravatar

8. Nemigo escrito o 27 de Setembro de 2008 ás 1:38

¡Porque a ese tipo de cousas hai que facerlle publicidade!

A ese tipo de cousas e a máis. Pero en ningures regalan carros a hidróxeno e tamén lles podían facer publicidade así

a gravatar

9. Xosé Antón Fraga escrito o 27 de Setembro de 2008 ás 10:50

Agradecerte, Marcus, a túa colaboración na difusión desta convocatoria. Desde os museos científicos queremos contar coa xente do dinámico mundo “blogeiro”. Saúdos cordiais.

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero