Sábado, 30 de Agosto de 2008

Os loitadores personalizados de Soul Calibur IV dan moito xogo

Este verán chegou para as consolas Xbox 360 e PS3 o xogo Soul Calibur IV, que permitía empregar a personaxes nada habituais na saga de xogos de loita coma Ioda, Darth Vader ou o Aprendiz deste último, pero iso non foi o que destacou deste impresionante título, senón que trunfou a personalización de loitadores, que deu lugar a personaxes que vos resultarán moi familiares:

Hai toda unha coleccións de loitadores inspirados en personaxes doutros videoxogos, comics, series de televisión… e fixen unha selección dos que vin por aí para ver se adiviñades a súa fonte de inspiración:
Os loitadores personalizados máis orixinais de Soul Calibur IV
Xa sei que son moi doados, pero agardo que cando menos certa criatura azul vos arrinque un sorriso ;)

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 30 de Agosto de 2008 ás 17:15

parécemo a min ou a nova de george o lucas non lle interesa a ninguén?
Sobre explotación comercial?
Decatouse alguén que lucas é o novo tío gilito do cine e xa non lle queren encher máis o peto?

a gravatar

2. Marcus escrito o 30 de Agosto de 2008 ás 18:09

Nemigo, supoño que non te fixaches en que xa se estreou hai un par de semanas nos EE.UU. e as crítias foron brutais. Polo que din, a película sólo é apta para nenos pequenos, polo que os frikis de Star Wars a están a pór podre. Ao final é simplemente a produción da que sacan os deseños para unha serie de televisión coa mesma técnica de animación.
Non entendo cómo sacan unha cousa tan cutre no cine (sería coma estrear en pantalla grande El Rey León 3). Con esas cousas Lucas só encabrona á xente.
E logo, sobre a sona de Lucas, en Hollywood nunca o puideron ver diante porque é independente, así que sempre se pode ler de todo sobre a súa persoa.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios