Mércores, 27 de Agosto de 2008

Chega aos fogares melidenses a revista O Cruceiro


O Concello de Melide vén de publicar o primeiro número do que se supón que será a súa revista oficial, O Cruceiro:

O Concello de Melide edita O Cruceiro, revista de información municipal
A publicación, que esta semana está chegando a todos os domicilios de Melide, recolle proxectos desenvolvidos polo equipo de goberno neste primeiro ano de mandato e tamén liñas de traballo futuras.
Portada do nº 1 de O CruceiroAo longo desta semana os veciños e veciñas de Melide están a recibir nas súas casas a nova revista municipal que vén de editar o Concello. Baixo o nome de O Cruceiro, o equipo de goberno fai balance deste primeiro ano á fronte da xestión local de Melide, e avanza tamén algúns dos proxectos futuros.
O equipo de goberno distribuíu esta revista a todas e cada unha das vinte e seis parroquias que integran o Concello de Melide, a fin de achegar “unha ferramenta de comunicación e de información sobre o traballo do equipo de goberno”.
A revista municipal conta ademais cun espazo de opinión para os tres grupos políticos que integran a corporación municipal. Este primeiro número está composto por vinte páxinas, a maior parte delas dedicadas a noticias breves con imaxes sobre os proxectos xa realizados neste ano. As últimas follas da publicación recóllense baixo o epígrafe “Futuro en proxectos”, no que se recollen doce iniciativas inmediatas no Concello de Melide, como a instalación dunha rotonda no cruce de Santa María, a reforma integral do parque infantil do Multiusos ou a reforma do albergue de peregrinos.
A maiores do envío realizado xa a través do correo ordinario, todas as persoas que queiran facerse cun exemplar de O Cruceiro poden solicitalo na Casa do Concello, ou ben descargala á marxe dereita deste texto.

Por fortuna tamén podemos descargar a publicación en formato PDF, de xeito que os que non estamos en Melide a podemos ler sen problema.
Un dos detalles cos que estou máis sorprendido é que na revista hai poucos fallos ortográficos (aínda quedan tiles mal postos, erratas e algunha palabra inventada, pero non coma nos folletos que teño visto outras veces, que daba medo mirar para eles). Logo a maquetación é agradable, de xeito que vemos unha exposición ordeada de elementos, sen intentar descubrir a pólvora.
Non gustei da portada, especialmente no encabezado (é cuestión de gustos, pero iso de mesturar granulados con cores planas paréceme algo rariño), e o tacto do PDF non era moi bo :o

Agora só resta que o Partido Popular de Melide responda cun boletín ou algo semellante (pois non tivo presenza na publicación, aínda que se lle gardou un espazo). Coido que xa vai un ano dende o anterior boletín (e quedaron sen páxina web durante ese tempo), polo que deberían reavivar o debate con algunha publicación.

8 comentarios realizados

a gravatar

1. lúa escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 23:28

A miña casa tamén chegou hoxe mesmo a revista e miña nai chamoume para dicirmo.Alégrome tamén de que a puxeran na web do concello pois puiden vela esta tarde sen ter que agardar ao sábado. A verdade é que quedei bastante sorprendido pola calidade dos textos e imaxes. Esta fin de semana rebuscarei pola casa a última revista do Concello de Melide pois xa case non lembro como era a de Ánxeles (miña nai ha de ter gardada algunha). Estou dacordo contigo Marcus, a nova revista municipal paréceme moi clariña e moi informativa (non tiña nin idea de moitas das cousas que saen). Noraboa a quen a fixo e, sobre todo, noraboa por non facer un panfleto de louvanza aos gobernantes como eran as pésimas revistas azuis de antes.

a gravatar

2. xesus escrito o 28 de Agosto de 2008 ás 21:43

En toda a revista só aparece tres veces o nome da alcaldesa; nas anteriores do PP, especialmente na época de Pampín, aparecía tantas veces como noticias había. Lembremos aquela foto cuxo pé antepuña a figura de Pampín ao de dona Sofía :-)
Alegrémonos das melloras!

a gravatar

3. Ana escrito o 29 de Agosto de 2008 ás 14:19

Para mí la verdad esta revista es más de lo mismo, a ver si de una vez por todas se empiezan a hacer grandes cosas por el pueblo y se dejan de airear patochadas :) besitossss

a gravatar

4. Marcus escrito o 29 de Agosto de 2008 ás 15:17

Ana, tampouco podemos agardar moito. Lembremos cales son as competencias municipais. As grandes cousas teñen que vir do Estado, Comunidade Autónoma e, cada vez menos, de Europa.
Cada vez está máis complicado que acheguen cartos para o rural (cun número de votantes en descenso constante) e a iniciativa privada tampouco contribúe a cambiar a situación :(

a gravatar

5. Ana escrito o 29 de Agosto de 2008 ás 17:35

Ya, ya veo

a gravatar

6. enfeitizador escrito o 31 de Agosto de 2008 ás 6:03

Marcus, teño curiosidade por un artigo que aparece na revista: a aprobación do punto limpo.

A petición de quen se solicitou dita infraestructura?. Refírome a se foi unha proposición do BNG, explicada e aprobada en Pleno, se foi por parte doutro grupo político ou se foi por petición de veciños, e aprobada igualmente? Consideran dita obra os veciños coma algo bo ou algo malo se non se mantén nas condicións correctas?

a gravatar

7. Marcus escrito o 31 de Agosto de 2008 ás 12:43

Enfeitizador, non coñezo o día a día do Concello, pero en agosto do ano pasado, cando andaban co da depuradora xa comentaran que despois de tal infraestrutura tiñan pensado pedir unha axuda á Xunta para un punto limpo preto do polígono industrial, polo que entendo que o demandaban as empresas que alí operan.

a gravatar

8. enfeitizador escrito o 31 de Agosto de 2008 ás 22:50

Era por saber máis ou menos, tampouco pedia o detalle completo. Resultoume curioso xa que aqui onde vivo eu, foi xente do BNG os que se opuxeron á construcción do punto limpo, difamando por detrás ata poñer á xente en contra do concello, e claro, o concello que tiña todo tipo de informes solicitados, e só faltaba o visto bó dos comuneiros a que se permitise a construcción en terreos de Monte Común, pois perdeuse a subvención de tal Punto (quedando mal o grupo de governo, PP neste caso).

E claro, que en Melide se alegren polo Punto e aqui se opoñan, pois por iso consultaba como foran as cousas. Grazas pola axuda.

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero