Luns, 25 de Agosto de 2008

Mercamelide: as segundas partes non teñen por qué ser malas

A pasada fin de semana celebrouse a segunda edición de Mercamelide, e parece que a cousa saíu bastante ben:

Éxito de participantes e vendas na segunda edición de MERCAMELIDE
Trinta e unha firmas comerciais de Melide reuníronse esta fin de semana no Pazo de Congresos nunha feira de oportunidades que vai medrando en cada edición.

Segunda edición de MercamelideO Pazo de Congresos de Melide abriu as súas portas o sábado 23 ás 11 da mañá e mantivo vivo o Mercamelide ata o domingo ás 20:00 horas. Alí desenvolveuse a segunda edición da feira de oportunidades do comercio melidense, Mercamelide, que se celebrou por vez primeira no mes de febreiro deste ano.
Durante esta fin de semana foron moitas as persoas que se achegaron ata o Pazo de Congresos para comprobar que estaban á venda “artigos de calidade a prezos reducidos”. Durante as tardes, o Pazo de Congresos reservaba unha boa parte do local para os máis pequenos no que o Concello de Melide instalou un amplo espazo de xogos, inchables e obradoiros.
Ao remate deste evento os comerciantes estaban satisfeitos coas vendas e tamén coa afluencia de público que durante toda a fin de semana visitou o Pazo de Congresos, ond e puideron atopar todo tipo de artigos de agasallo, calzado, moda, complementos do fogar, perfumería, óptica, ferretería, arte, mercería, moda infantil, deportes e fotografía, entre outros.
Dende a organización, o
concelleiro de Promoción Económica, Antonio Díaz, afirmou estar “moi satisfeito pola resposta da xente que volveu ateigar o Pazo de Congresos, e tamén polo excelente traballo desenvolvido polos traballos de Melide, que cada día consolidan un pouco máis a Melide como punto de referencia das compras do interior do país”.

Eu gustei do ambiente que había por esta edición de Mercamelide, e aínda que non vin nada que me convencese mercar, miña nai si que atopou cousas, e quedou moi contenta. Se tanto o público coma os comerciantes sacan unha boa impresión, o evento debe pagar a pena.

Tamén coñecín en persoa a Rebeca Ponte (de Sanoguera), quen me agradeceu que falase do I Festival das Artes e das Letras de Melide 2008. Despois de que me comentase o barato que foi todo un mes de actividades supoño que dende o Concello repetirán a experiencia, pois saíu relativamente moi ben (se custa máis unha actuación nocturna de agosto que 16 días dispersos con concertos e talleres está claro que a aposta pola arte e a cultura era sobre seguro).

Poderiamos dicir que remata co Mercamelide o verán melidense, posto que aínda que vindeira fin de semana sexa feira, ao coincidir co derradeiro día do mes, a xente de fóra posiblemente estea xa de retorno ao seu fogar. Queda agora un lixeiro paréntese de repouso para chegar ao San Caralampio.

35 comentarios realizados

a gravatar

1. PIANIST escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 0:46

bueno barato barato… no fue.

a gravatar

2. perla escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 1:03

Marcus, para nada remata este verán cheo de actividade culural. Acabo de ver na páxina web do concello un cartel da I Mostra dotraxe e música galega. Tamén hai pancartas nas catro estradas de Melide. Supoño que esta nova cita si será a última deste verán cultural sen precedentes en Melide. Por certo, veñen o día 29 as LEILÍA. QUE SORTE!!!

a gravatar

3. Marcus escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 9:41

Perla, grazas por avisar.
Supoño que ao concerto de Leilía asistirá bastante xente. O que non acabo de entender é o dos pasarrúas a todas horas, pois o San Roque xa rematou, e unha mostra non é precisamente unha festa.

a gravatar

4. OS TEUS OLLOS escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 9:54

Tamén temos unha exposición de pinturas feitas por nenos.Lembro que este fin de semana seguen as actividades culturais do mes de xullo.E despois temos o San Caralampio.

a gravatar

5. doremifa escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 13:09

Marcus no se lo que te comentó Rebeca,supongo que no fue lo que sus amigas opinan de nosotros y cito textualmente“se ha abierto Sanoguera en Melide les traerá algo de cultura que buena falta les hace pois moita moita non teñen´´y alguna más que pudimos ver varias personas como “los paisanos de boina se quedaban tontos mirando tus cuadros ,bueno si pintaras una vaca jajaja´´.
Lo de que salió tan barato lo dice ella,por lo de pronto yo sé de 30.000€ + 1.900€ por la maquetación y diseño de un catálogo (desconozco cuanto fue la impresión)+1.800€ en premios + 1.500€ del pago de talleres + una parte que aportó creo que la Xunta.Si tú y ella lo veis barato no sé, yo no y menos teniendo en cuenta que tanto el jazz como el blues son para minorias.

a gravatar

6. Marcus escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 14:01

Doremifa, del catálogo no sé nada (hablaba del Festival), pero por lo que me dijo del resto de gastos (conciertos y tal) salieron tirados. Hay que tener en cuenta que se celebraron actos la mitad de los días del mes, de los que muchos fueron actuaciones musicales (que normalmente son caras).
El blues, el jazz y el flamenco son para minorías, pero también lo son las exposiciones de cuadros, las conferencias y la mayor parte de los actos culturales que se celebran en cualquier pueblo y ciudad de Galicia (incluyendo la música popular, que no por ser gallega tiene un público de masas). Si pagasen miles de euros por cada acto minoritario hablaría mal de ello, pero si salió barato lo aplaudo.

a gravatar

7. doremifa escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 18:28

Está visto que lo de tirados no lo entendemos igual.A mi no me parece plausible.

a gravatar

8. Ana escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 18:35

Y este Corte Inglés palleiro, no será para que ciertos personajes de la camarilla bloqueira saquén sus artilujios a la calle??????????? es sólo una pregunta eh! no me vengáis con charangas…besos a todos.
Yo no he ido, Dios me libre, hay que ir al Corte Inglés que luego allí si hace falta, te lo cambian todo y si vas aquí a cambiar o devolver algo a lo mejor sales peor que entraste :). Besos cariños

a gravatar

9. Luisma escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 19:19

Ana, ti non eras a que dicía que hai que apoiar á xente do pobo, á orquestra do pobo, que ainda que fose moi cao había que contratar á orquestra… a economía de Melide co teu sistema pronto quebraría e con ela o mausoleo faraónico que conleva a orquestra … :)

a gravatar

10. Ana escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 19:22

Luisma cariño, habrá sido la otra Ana, que ya he visto que hay una por ahí, todo eso que tu dices yo no lo he dicho, de todas formas yo no tengo tampoco por que apoyar al pueblo, si fuese un chupóctero como muchos de los que aquí hay, pues sí, pero en mi caso particular, yo tengo que gastar donde gano, a mi Mellid nunca me dió de comer…

a gravatar

11. Luisma escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 20:01

Entendo que Mellid nunca che dera de comer, pois Mellid hai tempo que non existe. Perdoa pola confusión. Por curiosidade, cal é a túa relación con Melide entón?

a gravatar

12. Ana escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 20:18

Nací aquí y aquí me crié,lo del término no entro, pero en mi niñez melide ni asomaba por el forro, y no paso de los 35 eh!

a gravatar

13. Ana escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 20:19

Así que de confusión nada, no intentes imponerme nada, sigue en pie lo nuestro????

a gravatar

14. doremifa escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 20:24

Otra cosa a punto de irse,la piscina climatizada hoy fueron a protestar 18 persona al Concello la respuesta de la alcaldesa,la misma de siempre culpa del PP que no hacía las cosas legales.Pues yo como dice la canción quiero que vuelvas ,quiero que vuelvas, que si no vuelves de pena me muero.Por favor que vuelvan los que lo hacían todo mal que por lo menos tenemos algo de todo.
FIJAOS QUIEN FIRMA LOS CARTELES DE LA MOSTRA DO TRAXE REXIONAL.

a gravatar

15. luisma escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 21:35

Que pasou na piscina?

a gravatar

16. luisma escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 21:42

Ummmm Ana, tempos aqueles, hai 35 anos… con liberdades totais… sobre todo lingüística…. aquelo si que era vivir, e o que aforrabamos en gobernantes intermedios… un só ben chega! :)

a gravatar

17. XHaRoY escrito o 26 de Agosto de 2008 ás 22:49

Non sei que pasaría na piscina.. pero fixo que ten algo que ver o estado paupérrimo no que estaba cando o bng se fixo cargo do goberno… a empresa que a fixo.. pois fixo mal.. e o PP non moveu un dedo para pedir explicacións…

En fin.. tantas pedras queren tirar que a metade lles cae na cabeza.

Ana.. se melide non che deu de comer.. entendo que non queres a melide… agora entendo a túa visión do goberno do BNG, graciñas pola explicación ;).

Pouco máis que dicir.. este ano foi moi diferente no terreno persoal.. tanto que pasei a maioría do ano fóra de melide… política a un lado.. impresionoume ver todo o que se fixo no marco cultural.. tódolos festivais ou mostras que se fixeron… non o recordo e témome que ninguén en melide lembra un ano con tanta actividade cultural.. É certo que moitas son de “gustos” “minoritarios”.. pero a variedade é riqueza :).
Faime gracia ver como xente que di ser: culta e intelixente… fala tan mal de certos actos culturais polo mero feito de que a esa persoa, non lle interesan.. co seu permiso direille: con eses comentarios non pode presumir de cultura, está menosprezando “a todos os que son diferentes”.. mellor non preguntarlle a súa opinión sobre certos colectivos sociais…

Saúdos

a gravatar

18. perla escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 0:09

Doremifa:

Como ben se pode apreciar no cartel da I Mostra do traxe está asinado por Xoán Castro. Un melidense que pinta dende hai anos e que non cobrou nin un só euro por facelo. ¿Hai algunha outra cuestión que che saque o sono? ¿Estarías dispost@ a facelo ti GRATIS para a II Mostra?

a gravatar

19. rosa escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 0:34

A Doremifa quiero decirle que soy unha de las 18 personas que hoy estuve en el ayuntamiento con la alcaldesa y no me gusta que se utilicen estes blogs para decir mentiras.
En ningún momento la alcaldesa mencionó al anterior gobierno del PP y mucho menos los culpó de nada. ¿Como se pueden inventar tales mentiras sin más?. Por si no lo sabes, fuimos a quejarnos porque la empresa de la piscina puso un cartel en la puerta avisando de que a partir del 1 de septiembre abrirían a las 10:30 en vez de a las 8:30 como ahora. Que sepas que nos atendió al momento a todos y nos explicó, además, que la empresa quiere dejar esta piscina porque no les es rentable. Estuvo un buen rato con nosotros y nunca habló del PP. ¿Que ganas, Doremifa, mintiendo? ¿Que pretendes inventando de esa manera?. Pensé que estes blogs servían para opinar, hablar e incluso informar pero veo que algunos los utilizan solo para mentir, mentir y mentir.¡Que pena!

a gravatar

20. LoboGris escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 1:25

Boas !!

Apuntareino para o ano que ven…vaia verán..perdome todas as cousas, hehehehe.

a gravatar

21. Luisma escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 8:56

Bos días, así que se quere marchar a empresa xestora da piscina… non me extraña, coa incertidume de cando será a próxima vez que teñan que pechar…

a gravatar

22. doremifa escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 13:34

Rosa dices que no nombró al PP pero en un momento de la conversación dijo algo así como ahora as cousas fanse legais,A buen entendedor…
Xharoy yo creo que no lees lo que no quieres porque sino no te entiendo,los únicos que se negaron a pedir explicaciones a la Diputación fueron el BNG y el PSOE ,el PSOE no entiendo el porqué el BNG es obvio,te recuerdo quien era diputada en aquel entonces?.
En cuanto a lo de la cultura,no sé si lo dices por mí pues nunca hice alarde de ella.Veo que confundes algunos términos una cosa es el racismo y otra la cultura aunque en algunas ocasiones, por desgracia, vayan unidas.
Jamás en ninguna entrada hablé mal ni menosprecié a nadie y si es así pido a los que son asiduos que me lo recuerden.Te pido que vuelvas a leer mi entrada, en ella hablo de que a mí sí que me parece caro, pero no nombro si a mi me gusta o no el jazz; por lo tanto puedo pertenecer a esa minoría.

a gravatar

23. Josiño escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 14:01

Xa que a entrada ,en principio,esta entrada era a cerca da Feira de Oportunidades “Merca Melide” ,teño que dicir que para mín estivo bastante benHai algúns que dín que moi barato non era .O obxectivo era ofertar productos de calidade máis
baratos do habitual.Á xente,cando nunca lle dán nada queixase,e cando lles dán un caramelo logo queren a bolsa enteira.
No tocante á cuestión da oferta cultural e os custos,só quero dicir que ,no caso de que fose caro , é mellor que o gasten niso e non en comidas para os vellos en cada unha das parroquias do concello(por aquelo de lembrarlles a quén tiñan que votar,sempre prohibíndolles o paso en ditas festas ós integrantes da oposición).
Evidentemente nunca chove a gusto de todos,pero por agora o grupo que integra a oposición en MELIDE,e non mellid,teñen moito máis polo que calar que ningún outro .

PD:Marcus,a pesar de que gusto máis dos contidos habituais deste o teu espacio ,gústame ver como a realidade local está presente na rede.
Saúdos.

a gravatar

24. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 14:11

Josiño, a min a verdade é que a actividade melidense neste espazo sorpréndeme cada día máis. Deixa constancia de que Melide non está de costas á Rede nin á política municipal, desbotando o tópico de que á xente non lle importa o que fan os políticos.

a gravatar

25. OS TEUS OLLOS escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 14:17

Grazas marcus por deixarnos “liarnos” no teu espazo.A pesares de todo,eu prefiro iso que non a mamporros na realidade.
A verdade é que boto en falta no Mercamelide comercios de Melide con remate de rebaixas de temporada,o favor sería mutuo tanto polo comprador como co vendedor.

a gravatar

26. OS TEUS OLLOS escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 14:40

Recibín hoxe a nova revista municipal “O Cruceiro”,a ver se consegues un ,Marcus.

a gravatar

27. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 14:56

Pois ata a fin de semana non podo mirar de conseguir a revista. Se me fago cun exemplar mirarei de pór algo por aquí.
¿Quén edita a revista? ¿Algunha das asocacións de empresarios? ¿O Concello?

a gravatar

28. OS TEUS OLLOS escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 15:41

Marcus,colgaron na web do concello a Revista.

a gravatar

29. rosa escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 16:15

A Doremifa nuevamente:
Acabas de reconocer que en tu entrada nº 14 cuentas mentiras. Ahora dices que en un momento de la conversación la alcaldesa dijo algo así como “ahora as cousas fanse legais”. Pues tengo que decirte que sigues mintiendo pues no dijo esa frase en ningún momento y explicó unicamente cuáles eran los trámites y los plazos necesarios para poder sacar un nuevo concurso para que, por supuesto, fuese legal. Deja ya de mentir, por favor.
Es increíble ver en que pasais el tiempo algunos.
Por cierto, veo que te preocupa más atacar a la alcaldesa que el problema del cambio horario en la piscina, pero te diré que valió de mucho la reunión que tuvimos las 20 personas con la alcaldesa Socorro pues hoy mismo la empresa ya nos comunicó a algunos de los usuarios que estábamos en la piscina que rectifican y mantienen el horario de apertura de las 8:30 de la mañana.

Hasta luego, Doremifa, y te animo a que dejes de mentir y te des un baño relajante en la piscina de nuestro pueblo.

a gravatar

30. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 16:42

Os teus ollos, acabo de ver na web do Concello a nova da revista (pola mañá aínda non estaba) pero non vexo que se poida descargar. A ver se hai sorte e xa a poñen eles (co que me aforran o traballo do escaneo).

a gravatar

31. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 20:19

Puxeron hai un anaco o PDF coa revista, o que se agradece moito dende a distancia.
A publicación paréceme clara e moi útil para a xente que non está pendente do día a día do Concello pola prensa e a web. Da portada non gusto moito, pero a contraportada é atractiva de máis (¡que fame dan a estas horas os melindres!) ;)

a gravatar

32. XHaRoY escrito o 28 de Agosto de 2008 ás 14:50

Doremifa.. referíame aos colectivos homosexuais.. así que non adiantes acontecementos.. porque metes a “pata” a miúdo.

Grazas por falar da citada revista, estouna baixando.. a ver que tal está.

Saúdos

a gravatar

33. Marcus escrito o 28 de Agosto de 2008 ás 14:59

XHaRoY: tamén podes ler a revista directamente dende Issuu (vía web, en vez de en formato PDF).

a gravatar

34. brigada antifachas escrito o 10 de Setembro de 2008 ás 0:01

marcus xa vemos que cada vez que se fai un comentario en contra dos peperos , borralo , menos mal que tes un block no cal pode opinar todo o mundo , so che falta ir na lista dos pepes de numero 33 , como di o refran donde come un comen todos

a gravatar

35. Marcus escrito o 10 de Setembro de 2008 ás 1:05

Brigada antifachas, se aparece un insulto directo a unha persoa, e a persoa me pide que o elimine, o fago. Entre críticas e insultos hai un abismo, e se alguén prefire a segunda opción que non lle sorprenda que se lle borren os comentarios.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios