Mércores, 27 de Agosto de 2008

Luke podería converterse no Emperador Palpatine

Aínda que Scott Johnson siga no seu blog que Luke luza coma o tío Owen, a min paréceme que pasou ao lado escuro da Forza, polo que envelleceu coma o Emperador Palpatine:
Mark Hammill posando con Jim Lee
Si, si, Mark Hammill non se conserva moi ben, pero é que me resultou gracioso ver que na imaxe a súa cara parecese tanto a que ten o Emperador en Star Wars. ¿Sería que o propio Palpatine era o pai de Vader e que Luke se parece ao seu avó?

A min a fotografía me creou tamén unha dúbida: se te atopas con Mark Hammill e Jim Lee, ¿con cal dos dous tirarías unha fotografía? Eu supoño que con Hammill porque a súa imaxe é máis coñecida, pero hai que admitir que hoxe en día pode resultar moito máis interesante falar con Jim Lee (para sonsacarlle detalles sobre algún dos seus proxectos iniciais, coma o videoxogo DC Universe Online).

1 comentarios realizados

a gravatar

1. LoboGris escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 15:29

Holas Marcus !!

Deuss…noto unha perturbación na forza. Máis que Palpatine pareceseme máis a un fillo bastardo de Palpatine con Jabba el hut…hahahaha.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios