¿Os test psicotécnicos serven para algo?
Moitas veces pregúntome se alguén fai en serio os test psicotécnicos, non porque haxa xente cega ou xorda ao volante, senón porque hai moito tolo, e senón mirade a esta tolambrana que atropelou a un ciclista e aínda tiña máis que dicir:
O vídeo saíu onte en Yonkis e na TVG a finais de xullo. Eu escoitara a nova na radio, e non imaxinaba que a fulana estaba tan tola (agradécese que os de Telemariñas publicasen o documento gráfico íntegro).
Por moito que a multen, ¿non deberían retirarlle o carné a esa desequilibrada? Porque apostaría algo a que a cousa vai quedar en nada ![]()




8 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 5 de Agosto de 2008 ás 14:24
non se ve como empezou a cousa…
Sería interesante sabelo. As estradas non están feitas nin pra bicicletas nin pra motos e menos na galiza. Non pode ser tampouco iso dos chimpín, isos trastos non poden ir por unha estra que non teña arcén practicable
E no verán o colmo de todo son istes señores maiores que sacan o coche unha vez ao ano. O outro día coincidín con un que ían un mercedes de máis de 10 quilos a menos de 50 km/h
2. Marcus escrito o 5 de Agosto de 2008 ás 14:41
Explicouse no seu momento: os ciclistas non permitían que a muller pasase porque a estrada era moi estreita (liña continua) e chea de curvas (vese no vídeo), de aí que perdese os nervos, pero botarse enriba dos ciclistas xa é de tolos.
Sobre os coches sen carné, está claro que moitos non deberían circular, pois os seus condutores pensan que son coches, e que poden ir polo medio da estrada, entorpecendo a circulación. Hai 15 días incluso nos cruzamos dúas carabanas (unha en cada sentido) encabezadas por uns puñeteiros Aixam. Logo a xente ponse dos nervos, corre de máis e fai adiantamentos imprudentes, pero ninguén quere operar sobre as causas.
Sen meternos nos coches sen carné tamén é moi frecuente topar polas estrada galegas a condutores que pensan que o coche só pode ir a 70 Km/h, tanto en zona urbana como en estrada, o que é un perigo nos dous casos, e a esa xente non a multan nin de coña (polo que non aprenden). Debería rematar dunha vez iso dos radares, e a Guardia Civil de tráfico debería tender a parar os coches para botar unha boa bronca para acojonar. Sería máis efectivo a longo prazo.
3. El_podcastero_enmascarado escrito o 5 de Agosto de 2008 ás 16:19
Os coches sin carné son motos e poden ocupar todo o carril, igual que as bicis.
Outra cousa, é que exista o costume de que se aparten e deixen que os adianten.
En vez de adiantalos muitas veces simplemente os rebasamos, que está mal feito.
¿Para que sirven as autoescuelas?
4. Luisma escrito o 5 de Agosto de 2008 ás 18:33
Coincido con Nemigo en que as estradas galegas non están feitas para bicicletas, como tampouco os conductores galegos están feitos para respetar ós ciclistas.
5. Marcus escrito o 5 de Agosto de 2008 ás 19:28
Podcastero, coido que te equivocas: os coches sen carné non son motocicletas, senón ciclomotores, en virtude do cal deben circular polo arcén (transitable) sempre que exista. En caso contrario poden ir polo carril, pero sempre cinguíndose á dereita para ocupar o menos posible (como tamén teñen que facer os ciclistas).
Como di Luisma, as estradas non están feitas para este tipo de vehículos. Se tivesemos uns arcéns decentes se evitarían os problemas, pero como a xente colleu o costume de construír en plena estrada é imposible anchear as vías
6. Nemigo escrito o 6 de Agosto de 2008 ás 1:59
isto non é portugal, alí os arcéns miden dous metros. Os chimpín non poden pasar de 40 km/h, nin eles, nin ciclomotores, tampouco as bicis
Si se pode adiantar a ciclistas en liña continua. Pódese pasar sobre a liña continúa pra adiantalos. Pero só a eles, non a ciclomotores nin chimpíns
7. El_podcastero_enmascarado escrito o 10 de Agosto de 2008 ás 21:44
Cando eu saquei o carné só os vehiculos especiales se afastaban o arcén, de feito as bicis deben ir en paralelo, non en fila india, ocupando todo o carril, e adiantaselles coma un coche, deixando metro e medio de distancia entre coche e bici.
8. Marcus escrito o 10 de Agosto de 2008 ás 23:33
Podcastero, o do metro e medio de distancia aos ciclistas estivo sempre. Comentas ben que cambiou o Código de Circulación (hai 2 anos), e agora permítese aos ciclistas ir á par (o que antes estaba prohibidísimo, aínda que continúa a estar prohibido en tramos de pouca visibilidade) pero tamén se deixa moi claro que teñen que procurar ir polo arcén cando sexa transitable, o que por desgraza non é case nunca.
A obriga da circulación polo arcén por parte das bicis está suxeita a interpretación, pois sempre se lles permite saír do arcén cando sexa necesario. Por exemplo, se van deprisa costa abaixo xa poden saír do arcén porque transitar polo mesmo podería ser perigoso.