Venres, 18 de Xullo de 2008

Vivir Aquí… en Millí

Vivir Aquí
Antonte no programa Vivir Aquí da TVG dedicaron unha reportaxe a reivindicar a celebración do concurso Miss Terceira Idade en Melide, como se fixo ata o ano 2006:

Eu non entendo por qué hai agora polémica cando non houbo concurso en 2007. Se tiña tanta demanda social, ¿non debería terse pedido ao Concello antes do verán?

Supoño que para a meirande parte dos melidenses que se celebre ou non o certame resulta indiferente, pero a nivel galego o resultado podería ser moi distinto, pois hai moitos seguidores deste tipo de troulas e foliadas que se organizan por toda a nosa xeografía.
O asunto parece formar agora parte da loita política, pois en El Correo Gallego publicaron o pasado día 3 o seguinte:

El PP de Melide critica el cese del certamen Miss Galicia Terceira Idade
El PP de Melide criticó ayer en un comunicado que el ayuntamiento se haya quedado sin el certamen Miss Galicia Terceira Idade, porque “BNG e PSOE deixaron de organizalo”. Esta situación lleva, según los populares, a que “perda un festexo que se celebrou durante 17 anos e a que o acolla outro concello debido á deixadez que cos maiores está tendo o bipartito”. Así, la celebración, que tenía lugar “o primeiro domingo do mes de xullo”, se convertía en un punto de referencia “ao que acudían miles de persoas de toda Galicia para desfrutar dunha festa única”. Desde el PP piden al gobierno que “recapacite” .

En parte hai que recoñecer que é unha mágoa que este ano Melide non saíse en toda a prensa galega co gallo do certame de beleza, pero supoño que as prioridades do Concello foron outras, e non esquezamos que durante todo o mes de xullo se está a celebrar un Festival das Artes e das Letras sen precedentes na vila. Para gustos, cores.

9 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 18 de Xullo de 2008 ás 1:23

isto dos concursos de beleza é moi subxetivo. Certo que soen ser juapas as rapazas pero hainas mellores pola rúa. E xa poñerse a facer a selección entre aboas… son o único que pensa que as aboas máis fermosas son as que levan o bocata dos netos ao parque?

a gravatar

2. ^^ escrito o 18 de Xullo de 2008 ás 8:42

Creo que a lo que se refieren es que el certamen sirve para contribuir a la economía local-restauración sobre todo-,y no olvídemos que nuestros mayores tienen derecho a fiestas y saraos de su gusto,que para gustos hay de todo.
Y tras ver el reportaje,llego a la conclusión de que una cosa-centros de día y otras prioridades-,no tiene nada que ver con la otra.Ambas pueden ser totalmente factibles.

a gravatar

3. josiño escrito o 18 de Xullo de 2008 ás 9:57

Xa cando se facía este certame parecíame indignante.Calquera tipo de certame destas características é unha vergoña.Neste programa non mostrou precisamente a disparidade de opinións que hai ,e máis concretamente dentro da comunidade da terceira idade.Haivos cousas máis interesantes para facer que non un concurso de “vellos”(con todo o meu respeto)a ver quen se conserva mellor.
O respeto pola xente maior,e a intención de facer cousas para o seu seu desfrute non ten nada que ver con esas paparruchadas que facía o PP para recadar os votos dun sector que era e é bastante abundante.
¿A miña proposta? unha boa oferta de ocio para os nosos maiores , pero non facer un circo deles.

a gravatar

4. Verde escrito o 18 de Xullo de 2008 ás 18:10

Josiño.
Estou dacordo contigo. Non lembro ben como foi este festexo hai anos, pero si lembro o do ano 2006 e foi denigrante ver a moitos maiores facendo o ridículo enriba do escenario. Vendo quen gañou unha das categorías (o señor de Donicio que saiu nese programa da galega)está todo dito. A min non me gustaría ver ao meu avó o á miña avoa disfrazados con sombreiros, plumas e brillantes enriba do escenario. Noraboa ao concello por demostrar ter máis respecto aos maiores que os do PP. Seguro que os do Bloque saben que iso lles fará perder votos entre os maiores, pero
agardo que se manteñan firmes na decisión.
Por certo, Marcus para min non é unha mágoa, como ti dis, que Melide non saia na prensa por este tema, é unha sorte que se deixe de asociar a Melide con caralladas estúpidas (certames de beleza ou xuntanzas absurdas de damas e cabaleiros cada mes de xullo que, por fin, tamén desterramos de aquí…). Xa era hora.

a gravatar

5. Luca Toni escrito o 18 de Xullo de 2008 ás 20:07

Yo asistí algún año como espectador a este festival y, sinceramente, era un auténtico esperpento. Aquellos viejos subían a la pasarela para tirar desde ella su dignidad. Me alegro de que se suprimiese.

a gravatar

6. Verde escrito o 19 de Xullo de 2008 ás 10:10

Di a ex-alcaldesa que era “un dos eventos máis importantes de Melide”. ¡Que niveliño, colegas!

a gravatar

7. Rio Catasol escrito o 29 de Xullo de 2008 ás 17:14

É triste e moi mala sorte que en menos dun ano o Catasol reciba dous verquidos.
Máis triste é dicir que é mala sorte(verquido público),en contraste con dicir verquido desaprensivo(verquido privado).
O Catasol,e o seu ecosistema non entenden nin de público nin de privado.O publico e o privado han de ter as mesmas varas de medir…

a gravatar

8. Rally escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 9:42

Rally Palas-Monterroso este fin de semana.Todos a Palas!!!!!!!

a gravatar

9. marcus.es » Volve a Melide o certame Miss Galicia Terceira Idade escrito o 1 de Setembro de 2011 ás 10:56

[...] cousa de 3 anos o programa Vivir Aquí da Televisión de Galicia daba conta dunha polémica melidense, a cancelación do concurso Miss Galicia Terceira Idade pola falta do financiamento do Concello de [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios