Sábado, 19 de Xullo de 2008

A revolución dos xogos roqueiros en Por fin es sábado

Esta mañá falei con Mayte González en Por fin es sábado da revolución que están a supor os xogos tipo Guitar Hero, que xa son unha canle de comercialización musical, de xeito que os Guns N’ Roses van a estrear o primeiro single do seu primeiro álbum en 14 anos dentro do Rock Band 2 e Metallica vai sacar o seu disco simultaneamente en CD e en descarga para Guitar Hero:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Medion Akoya Mini en MediaMarktTamén comentamos que xa estaban á venda os novos ultraportátiles de baixo custo en España. Non dixemos os nomes das tendas, pero teño que avisar que o equipo que paga a pena é o Medion Akoya Mini (con 1 Gb de RAM e disco duro de 80 Gb) que venden no MediaMarkt (Vigo) por 399 euros, xa que ten unha batería de 6 celas e unha pantalla de 10 polgadas. É un dos ultraportátiles máis equilibrados que hai.
Que queira gastar menos cartos tamén pode optar por un Acer Aspire One en PC City (A Coruña e Santiago) que custan 299 euros no seu modelo máis básico (só 512 Mb de RAM, disco de 8 Gb, pantalla de 8,9 polgadas e batería cutre), o que estaría ben pra un usuario que queira un equipo para transportar, pero non para un uso máis intensivo.
Ou sexa, que se alguén está pensando nun ordenata para tomar apuntes na Facultade, o ideal é o Medion Akoya Mini, que non é máis que un MSI Wind remarcado (vaia, que se pode atopar tamén con outras marcas, sendo o máis económico o Advent 4211, que só se vende no Reino Unido polo momento). Resulta curioso que poida cambiar o prezo dun equipo ao que só lle cambian a chapa do nome (coinciden os números de serie dos compoñentes).

Por último, destacar que en tendas coma PC City aínda venden os ultraportátiles de baixo custo con pantallas de 7 polgadas a un prezo superior aos de 8,9 polgadas, o que indica que os prezos están sen actualizar, e que a situación cambiará á volta do verán, cando chegarán máis modelos, así que mentres hai que ter tino, pois quen pense que pagando máis pode levar un equipo mellor pode estar moi enganado.

Venres, 18 de Xullo de 2008

Vivir Aquí… en Millí

Vivir Aquí
Antonte no programa Vivir Aquí da TVG dedicaron unha reportaxe a reivindicar a celebración do concurso Miss Terceira Idade en Melide, como se fixo ata o ano 2006:

Eu non entendo por qué hai agora polémica cando non houbo concurso en 2007. Se tiña tanta demanda social, ¿non debería terse pedido ao Concello antes do verán?

Supoño que para a meirande parte dos melidenses que se celebre ou non o certame resulta indiferente, pero a nivel galego o resultado podería ser moi distinto, pois hai moitos seguidores deste tipo de troulas e foliadas que se organizan por toda a nosa xeografía.
O asunto parece formar agora parte da loita política, pois en El Correo Gallego publicaron o pasado día 3 o seguinte:

El PP de Melide critica el cese del certamen Miss Galicia Terceira Idade
El PP de Melide criticó ayer en un comunicado que el ayuntamiento se haya quedado sin el certamen Miss Galicia Terceira Idade, porque “BNG e PSOE deixaron de organizalo”. Esta situación lleva, según los populares, a que “perda un festexo que se celebrou durante 17 anos e a que o acolla outro concello debido á deixadez que cos maiores está tendo o bipartito”. Así, la celebración, que tenía lugar “o primeiro domingo do mes de xullo”, se convertía en un punto de referencia “ao que acudían miles de persoas de toda Galicia para desfrutar dunha festa única”. Desde el PP piden al gobierno que “recapacite” .

En parte hai que recoñecer que é unha mágoa que este ano Melide non saíse en toda a prensa galega co gallo do certame de beleza, pero supoño que as prioridades do Concello foron outras, e non esquezamos que durante todo o mes de xullo se está a celebrar un Festival das Artes e das Letras sen precedentes na vila. Para gustos, cores.

Xoves, 17 de Xullo de 2008

Fíltran á Rede o novo trailer de Watchmen

Alguén da revista Empire meteu a zoca e accidentalmente publicou o novo trailer de Watchmen que e tería que estrear mañá:

Podedes ver o vídeo con máis calidade en io9.com (de YouTube están en plena guerra de subida/borrado de clips). A min tenme moi boa pinta, aínda que continúo sen saber do grao de fidelidade que terá a película con respecto do cómic de Alan Moore e Dave Gibbons. Iso si, parece seguro que vai ser un produto ben elavorado con moitas papeletas para arrasar en taquilla.
Levamos tantos anos agardando por esta adaptación que xa tarda.

¿Cal é o teléfono de Megan Fox?

¿Lembrades á moza que sae nos Transformers? Si, a Megan Fox (¡menudo apelido!). Pois acabo de ver unhas fotos que confirman que é unha friki por partida dobre:
Megan Fox tapándose do solMegan Fox á sombraMegan Fox sorrindo
Si, si, aparte do “ai, omá, que rica” supoño que vos dariades conta dos detalles. Por se acaso, velaquí os elementos aos que hai que mirar (e non aos que se lle vai a vista a un):
Megan Fox en detalle
Funda para o iPhone modelo Agent18 ShieldSi, si, Megan confirma que é toda unha friki que non se conforma con protagonizar unha película de robots xigantes, senón que tamén viste camisetas de Star Wars e está chea de tatuaxes. Vaia, que de seguir así vai quitarlle o posto a Angelina Jolie como actriz friki (e para frikis).
Pero o que me tiña sorprendido era o cacharro que levaba na man, pois me resultaba familiar… si, ¡é un iPhone! O que pasa é que nun principio resulta difícil de recoñecer porque leva posta unha funda Agent18 Shield de cor branca que lle dá unha aparencia distinta ao terminal (á vez que o protexe de danos que poida padecer co uso diario).
Supoño que o iPhone será o modelo vello (non me imaxino á Fox facendo cola para mercar o novo terminal, cando este é menos bonito que o anterior… ¡e menos exclusivo!) e agora pregúntome: ¿canto tardaremos en ver a famosos/as en España facendo gala de ter un iPhone?
Iso si, en casos coma o de Megan Fox o móbil coido que se ve máis por necesidade que por ostentación (se o levase no peto dos seus vaqueiros o terminal sería historia)
Ah, e respondendo á pregunta do título, o teléfono de Megan Fox é o 555 ** ** ** :P

ACTUALIZACIÓN: Os de Geek In Love tamén sucumbiron ante o frikerío de Megan Fox.

Mércores, 16 de Xullo de 2008

Novo anuncio do efecto Axe

Acabo de ver na web o seguinte anuncio:

Coido que desta vez vai tardar pouco en chegar ás pequenas pantallas españolas, pois parece bastante axeitado para todos os públicos mentres conserva o seu atractivo. É impresionante que conseguisen ese resultado sen amosar carne como noutras ocasións. ¡Un aplauso!

Iso si, o anuncio é pouco friki, polo que para compensar, poño un gravado nunha galaxia moi afastada, hai moito, moito tempo:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios