I Festival das Artes e das Letras de Melide 2008 e a nova páxina web artemelide.com

O outro día Patricia de la Torre entrevistou en Correo TV á artista sita en Melide, Rebeca Ponte, e falaron dun festival melidense do que non tiñan escoitado nada, e agora o Concello dá detalles en rolda de prensa.
Parece bastante raro que o acontecemento se reparta por todo o mes de xullo, levando ás fins de semana os actos máis importantes (o que garante unha maior asistencia de público). Pero quizais o que me sorprendeu máis foi que se crease unha páxina web para o evento na que se pode consultar o programa completo do Festival e achegar máis información sobre o Concurso de Artes Plásticas. Supoño que o espazo virtual nace con vocación de permanencia, para futuras edicións, aínda que queda por ver a acollida que a vila dá a estas manifestacións culturais que poderiamos considerar minoritarias.




6 comentarios realizados
1. ana escrito o 3 de Xullo de 2008 ás 18:36
MARCUS,
Y NO TE LLAMO LA ATENCION LA ENTREVISTA QUE LE HICIERON A LA COMISARIA , REBECA, EN LA QUE PRACTICAMENTE DEJABA A LOS DE AQUI COMO TONTOS PERDIDOS, QUE LO UNICA QUE SE HACIA ERA COMER Y CRIAR GALLINAS. DE FUERA VENDRAN ….
2. jorge escrito o 3 de Xullo de 2008 ás 20:18
Alucino con que toque en Melide Luthea salom. Xa era hora de que trouxeran a Melide cultura distinta e de calidad, e non solo orquestas festeiras.
3. Marcus escrito o 3 de Xullo de 2008 ás 22:30
Ana, non lera a entrevista que lle fixeron a Rebeca Ponte, e pareceume que era bastante correcta:
Eu só entendo que Rebeca sostén que o rural pode aspirar a máis que ás feiras gastronómicas, aínda que coido que máis que unha realidade se trata dunha aspiración.
Dinamizar o rural é moi complexo, e pode limitarse só a xeracións e tempadas, resultando moi difícil crear un tecido real que sosteña a actividade a longo prazo.
Sinceiramente, son moi escéptico sobre o tema, pero os intentos sempre son loables.
4. OS TEUS OLLOS escrito o 3 de Xullo de 2008 ás 22:37
Hay otra entrevista en el último “Tierras de Santiago”.
5. Marcus escrito o 3 de Xullo de 2008 ás 23:43
A entrevista do penúltimo Tierras é a de Correo TV que comento nesta entrada. Vexo que era aí onde estaba a polémica declaración:
Non vexo ningunha mala intencións nas palabras. Coido que iso das vacas e as galiñas só se pode entender mal quitándoo de contexto, como as supostas manifestacións xenófobas de María Escario (que realmente eran unha broma entre compañeiros).
6. marcus.es » Mercamelide: as segundas partes non teñen por qué ser malas escrito o 25 de Agosto de 2008 ás 23:37
[...] coñecín en persoa a Rebeca Ponte (de Sanoguera), quen me agradeceu que falase do I Festival das Artes e das Letras de Melide 2008. Despois de que me comentase o barato que foi todo un mes de actividades supoño que dende o [...]