Impresionante cartel para Viñetas desde o Atlántico
Jean-Louis Tripp fixo o poster que este ano ilustrará a feira de Viñetas desde o Atlántico:

Admito que non lin ningunha obra de Tripp, pero esta ilustración encántame.
Xa falta menos para que os frikis tomemos A Coruña ![]()






9 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 3:34
seguen a poñer: “Ayuntamiento de A Coruña”
Pero o BNG pinta algo no concello?
2. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 10:10
Nemigo, tamén pon Concello da Coruña, e antes nos carteis aparecía o L. Vaia, que non lle vexo moito sentido á crítica (corrixiron o que tiñan que corrixir).
3. Nemigo escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 14:11
na galiza é: concello
Casa do concello
O de “ayuntamiento” está fora de lugar soa a castrapo iso de: “Ayuntamiento de A Coruña”
4. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 15:35
Nemigo, se o cartel é trilingüe (tamén cita o Festival de la Historieta e o Comic Festival) non hai nada que discutir sobre iso.
O Concello coruñés ten dobre nome oficial (a cidade só ten un)… ¡e antes tiña 3 nomes! Finalmente abandonaron a forma inglesa, que non tiña moito sentido.
É confuso que a cidade teña 1 nome, o Concello teña 2 e a feira do cómic teña 3, pero éche o que hai. O Concello podería ter prescindido do nome en español, pero iso é algo que teñen que decidir no pleno municipal (que fixo o cartel de Viñetas ten que respectar a normativa actual).
5. Nemigo escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 17:44
ten que poñer: “Concello de A Coruña” dun só xeito
En A Coruña goberna PSOE e BNG
Poñen: “Xunta de Galicia” non Junta de Galicia e tamén están PSOE e BNG
O bilinguismo vai por concello, non por comunidades parece
Sería lóxico poñer outro idioma no cartel, o inglés ok. Estamos en verán e hai extranxeiros. Pero no texto. Absurdo no nome da cidade. Sería como si El Corte Inglés puxese: The English Cut E ollo, nin en portugal traduce o nome El Corte Inglés
6. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 19:39
Nemigo, iso de que o Concello só ten que ter un nome o dis ti, pero non o di o Concello. Xa lles custou moito traballo deixar a teima de esixir xudicialmente o L. Máis adiante igual prescinden do nome en español, pero polo momento está aí e hai que roelo.
E non se trata dun caso de tradución, senón dunha dobre oficialidade de nome, como tamén hai 2 linguas oficiais; pero supoño que no caso coruñés se obra así para que o cambio non sexa moi drástico, xa que continúa a existir un enorme grupo de cidadáns (¿maioritario?) que defende o L.
Non hai que esquecer que o BNG só está no Goberno municipal dende hai uns días, coma quen di, e foron precisos moitos cambios para chegar á situación actual. Non me sorprendería que en breve quitasen a palabra Ayuntamiento da nomenclatura oficial, pero estaba claro que non o ían facer o mesmo día que quitaron o L (aínda foi hai unhas semanas cando cesaron a loita xudicial), pois xa se montou moito rebumbio por ese tema.
Se nos poñemos con símiles de marcas, non esquezamos que a Coca-Cola se chama así en todo o mundo, pero tamén explotan o xenérico Coke (a light nos EE.UU. se chama Diet Coke). E moitos produtos teñen distintos nomes segundo o país de comercialización (para facilitar a súa pronunciación ou non xerar polémica): Pajero-Montero, Lynx-Axe, Mr. Clean - Don Limpio, etc.
7. Nemigo escrito o 1 de Agosto de 2008 ás 0:25
“iso de que o Concello só ten que ter un nome o dis ti, pero non o di o Concello” (sic)
Obviamente o digo e asino eu. O “concello” parece estar máis (estaba) por crear polémica pra distraer. Dicián xo e agora arre. Mentras se fala do “L” non se fala doutras cousas. A polémica desbordou ao concello por todas partes e foron mallados en todolos frontes
Pero de ahí a dicir que son mioría os do L… vai ser que non. Fora da cidade é “A” E na propia cidade hai posicionamentos de sobra a prol do A e exemplos de posicións a prol de La Coruña que tiveron que trocar porque non vendían
8. Marcus escrito o 1 de Agosto de 2008 ás 1:28
Visto dende a cidade, entendo que á meirande parte da xente lle trae sen coidado o artigo. O que pasa é que os laistas se facían oir. Cada vez que sae o tema nas radios locais tes que ver a cantidade de xente que chama. Iso si, os que dicían que o 80% dos cidadáns estaban a favor do L estaban claramente a inventar as cifras.
O ridículo foi que gastasen cartos nunha loita xudicial que estaba perdida de antemán (de querer oficializar o L terían que modificar a lei vixente, e non intentar buscar unha porta traseira nos xulgados). Supoño que a cousa non daba para máis porque A Coruña era a única cidade galega na que había follón polo tema (a Ferrol xa hai tempo que lle quitaron o artigo e o apelido).
Iso si, o conflito coruñés ten un efecto colateral moi molesto no día a día: nos formularios web tanto a cidade como a provincia poden aparecer en tres posicións distintas (A, C ou L). E digo posición porque moitas veces aparece A Coruña no L (ou sexa, que corrixiron o nome pero non a posición no formulario).
9. Nemigo escrito o 1 de Agosto de 2008 ás 2:58
visto dende fora de A Coruña debe dicirse que aínda a día de hoxe se nun concerto, obra de teatro ou calquera acto público din: La Coruña bérranlle que é A Coruña e dende o escenario din: A Coruña. A prepotencia de paco cabreou a moita xente
Alfabéticamente poñendo A Coruña queda como primeiro en tódalas listas. En Euronews os datos meteorolóxicos que amosan primeiro (ao ser por orde alfabética) é A Coruña
E dicir que as actividades culturais e deportivas na galiza deberían estar tamén anunciadas en inglés. Cada día hai más guiris na galiza. Vese que a xente xa se decatou que estar a papar calor na praia non é moi “relaxante” nós temos menos de 25 graos e iso é un aire acondicionado caralludo. Como dicía un de madrí a mí me da igual que no haga sol, por las noches duermo divinamente Con case 30 graos nas noites de madrí galiza non ten prezo