Novos posters da película de Watchmen
Na Comic-Con de San Diego veñen de publicar 6 novos posters da película de Watchmen que son toda unha homenaxe á serie de comics orixinal:






A min encántame o póster no que sae Ozymandías, polo mero feito de que replica o anuncio da serie cando a publicou Zinco en España hai unha porrada de anos.
Tamén hai que agradecer á xente do blogue brasileiro Omelete
por publicar as imaxes, o que podería provocar toda unha avalancha de visitas, pois están a facer referencia aos posters en moitos blogs de todo o mundo.
Coido que este tipo de campañas publicitarias son moi positivas, pois meten aos seguidores á obra orixinal no peto, e logo a película vai ter máis posibilidades de agradar. Que así sexa.
ACTUALIZACIÓN: Recomendo ver unha web na que comparan os debuxos orixinais cos posters presentados na Comic-Con.




4 comentarios realizados
1. Animaliño escrito o 28 de Xullo de 2008 ás 14:02
Ogallá esta peli estea á altura. De todos xeitos, Watchmen é unha xoia deseñada para ser desfrutada nas páxinas dun cómic. A súa estrutura en capítulos, a distribución das viñetas, os textos auxiliares e historias paralelas… Iso é irreproducible e forma tanta parte do cómic como os propios personaxes.
Felicidades por este estupendo blogue que sigo hai xa tempo. Hai pouco fíxenme un e púxeno entre os meus aínda escasos enlaces. Ogallá algún día teña o seguemento que ten este.
Saúde.
2. Marcus escrito o 28 de Xullo de 2008 ás 15:06
Animaliño, eu tamén penso que Watchmen é unha obra para o papel moi complicada de adaptar, pero pode inspirar unha boa película.
Sobre o teu blogue, agardo que vaia moi ben, e de seguro que vai ter moitas visitas vendo que as túas enzoufadas son tan frikis
3. Animaliño escrito o 29 de Xullo de 2008 ás 1:23
Grazas polos bos desexos!
Estou desexando ver esa peli, agardo que alomenos capte o que para mín son dúas das claves de Watchmen, a saber:
- O desenvolvemento dos personaxes. En concreto, o capítulo no que se centra na historia de Roscharch é simplemente xenial.
- Dentro do punto anterior, para mín foi realmente intensa a lectura do capítulo no que Dr. Manhattan marcha a Marte e repasa a súa vida no seu contexto…multitemporal. Reflexar ben esa multitemporalidade, a mestura de capacidades divinas e ao mesmo tempo de toda a humanidade anterior do personaxe é fundamental.
Bueno, é que me emociono moito con este cómic.
A todo isto, cómo podo facer para sumarme á campaña do Xabarín??
Saúde
4. Marcus escrito o 29 de Xullo de 2008 ás 3:27
A campaña do Xabarín xa rematou, pero eu sigo publicando o banner reivindicativo porque non se acadou o obxectivo (hai máis modelos en paxina.de/xabarin/).
Segundo parece, no outono iniciarán a segunda canle da TVG (G2) que servirá para acoller a moitos dos contidos vellos do Xabarín, aínda que coido que se van limitar ás series, ou sexa, que dubido que a curto prazo volvamos ter un Xabarín News ou novos discos.