Mércores, 30 de Xullo de 2008

¡Pedazo monitor de oferta en APP!

HANNS de 22 polgadas
Quen queira renovar o seu monitor por poucos cartos e non sexa moi esixente non debería deixar pasar a última oferta de APP, pois venden o monitor TFT de Hannspree de 22 polgadas cunha resolucion de 1.680 x 1.050 píxeles por 165 euros.
Iso de por si xa sería un bo prezo, pero resulta que a pantalla inclúe altofalantes e porto HDMI, ou sexa, que é coma ter un televisor HD Ready (sen sintonizador), polo que tamén é unha solución económica para conectar á consola de videoxogos de alta definición (Xbox 360 ou PS3). Mentres as grandes pantallas de alta definición non baixan de prezo estamos ante unha solución provisoria que pode satisfacer a moitos. Vaia, que o único defecto que lle vexo á oferta é a marca da pantalla, que está á altura de Bluesky ou Grunkel, o que non indica que sexa un mal produto ou que non teña garantía (só que a moita xente lle bota para atrás non mercar trebellos de marcas con sona).

Non podo deixar de comentar un detalle que vexo en case todos os monitores con HDMI e altofalantes: a toma de audio. Na meirande parte das fichas técnicas a etiquetan coma entrada o que coido que é un erro indicido por tratarse dun conector femia. Dáme a impresión de que se trata dunha saída de liña para poder conectar altofalantes externos, xa que por HDMI se transmite o son xunto co vídeo. Cando menos é así nalgunha pantalla que teño visto, e me sorprendería que fose do revés neste caso (aínda que non descarto que a entrada poida ser bidireccional).

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 1:41

vai uns meses merquei un de 24 polgadas e custoume máis de 500 euros
A hostia de diferencia en prezos por polgadas
Penso que o tamaño bo sería unhas 30 polgadas (agora prohibitivo o prezo)

a gravatar

2. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 2:42

Neste momento os de 24 polgadas Full HD andan polos 300 euros (20 euros arriba, 20 euros abaixo) aínda que suben bastante se incorporan HDMI.
Os que si son flipantes son os novos de Samsung, coma o T240HD e o T260HD, que aparte de ser Full HD e contar con HDMI tamén teñen entradas de vídeo e sintonizador de televisión analóxico/dixital. Sospeito que os van vender coma churros, pois son moi elegantes e en tendas coma PC City os teñen moi á vista (e ver a cantidade de conexións que teñen por detrás deixa flipado a calquera).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios