Quen queira renovar o seu monitor por poucos cartos e non sexa moi esixente non debería deixar pasar a última oferta de APP, pois venden o monitor TFT de Hannspree de 22 polgadas cunha resolucion de 1.680 x 1.050 píxeles por 165 euros.
Iso de por si xa sería un bo prezo, pero resulta que a pantalla inclúe altofalantes e porto HDMI, ou sexa, que é coma ter un televisor HD Ready (sen sintonizador), polo que tamén é unha solución económica para conectar á consola de videoxogos de alta definición (Xbox 360 ou PS3). Mentres as grandes pantallas de alta definición non baixan de prezo estamos ante unha solución provisoria que pode satisfacer a moitos. Vaia, que o único defecto que lle vexo á oferta é a marca da pantalla, que está á altura de Bluesky ou Grunkel, o que non indica que sexa un mal produto ou que non teña garantía (só que a moita xente lle bota para atrás non mercar trebellos de marcas con sona).
Non podo deixar de comentar un detalle que vexo en case todos os monitores con HDMI e altofalantes: a toma de audio. Na meirande parte das fichas técnicas a etiquetan coma entrada o que coido que é un erro indicido por tratarse dun conector femia. Dáme a impresión de que se trata dunha saída de liña para poder conectar altofalantes externos, xa que por HDMI se transmite o son xunto co vídeo. Cando menos é así nalgunha pantalla que teño visto, e me sorprendería que fose do revés neste caso (aínda que non descarto que a entrada poida ser bidireccional).
Quiero comprarme un Delorean
Para viajar años atrás
Cuando las trufas de Sabrina tenían más escaños
Que Alianza Popular
Nos poníamos palotes con la Bombi
Y con Miriam Díaz Aroca
Con mi mano loca hago Zas ¡
Y te pego en toda la boca
Nos jugábamos la vida
Magullándonos los codos y rodillas
En columpios oxidados con aristas
Y en un suelo de gravilla
El Bic naranja escribe fino
El Bic cristal escribe normal
Devora anuncios en tu Telefunken
No hay mando pa cambiar canal
Yo crecí en los 80
Y sobreviví
Haciendo la grulla
De Karate kid
Yo crecí en los 80
Cantando Parchís
Elásticos rojos
Y parches de Kiss
Sin CD ni DVD ni TDT ni yo qué sé
Vuelve a poner el Cinexin
Juega al Simon, o pinta un nardo en el Telesketch
La diversión no tiene fin
Te ponías tocinete devorando
Tigretones y Phoskitos
Caramelos chimos, gusanitos
Peta Zetas y conguitos
Aliñamos la ensalada
Con un buen chorrito de aceite de colza
Nos quedamos medio calvos
De tanto Filvit Champú en nuestra cabeza
Carta de ajuste en UHF
Y en la primera el 1,2,3
Sin la Xbox no tienes más opciones
Que ver a Bigote Mayra Gomez Kemp
Yo crecí en los 80
Y sobreviví
Haciendo la grulla
De Karate kid
Yo crecí en los 80
Cantando Parchís
Elásticos rojos
Y parches de Kiss
Eso dentro de tu culo
No son bolas chinas
Son chinitos de la suerte
Naranjito y su pandilla
No merecen otra cosa que la muerte
M.A Baracus, Murdock, Fenix y Anibal Nunca se rinden
No te quitas del cerebro la canción
We Are The World We Are The Children
Por poco más de 5 duros
Puedes comprarte un Frigopié
Por el poder de Grayskull yo te juro
Que el cubo de Rubik completé
Yo crecí en los 80
Y sobreviví
Haciendo la grulla
De Karate kid
Yo crecí en los 80
Cantando Parchís
Elásticos rojos
Y parches de Kiss
Impresionante traballo de El Reno Renardo (¿será colega dos Gigatrón?), quen tamén fixo unha impresionante homenaxe ao Señor dos Aneis con Camino Moria:
Ve haciendo el petate que nos vamos de excursión
Dejamos Hobbiton
Coge pan de lembas, los torreznos y el zurrón
Y avisa a Aragorn
Más allá de la comarca, existe un lugar
Como allí no hay Dios que aparque
Vamos andando
Galdalf hijoputa que bien vas en tu corcél
Nosotros a pinrel.
Se me ha puesta enhiesta cuando he visto a Galadriel
Bebiendo el hidromiel
El agente Smith de Matrix
Se ha vuelto homosexual
Lleva puesta la diadema
De Barbie Super Star
El gordo de Sam me da más miedo que un Nazgul
Quiere petarme el bul
Y me sigue incluso cuando voy a hacer popó
Detrás de un abedul
Nos vigila un bicho listo
Que se arrastra cual reptil
Por su aspecto es Angel Cristo
En taparrabos
Voy camino Moria
¿Tu hacia donde vas?
Me llevo pal camino
Un bocata de foie gras
Voy camino Moria
Hay que madrugar
Y vamos toda la peña
Cantando Manowar
Me engorilo y me entra euforia
Camino Moria
Cuando me pongo el anillo
Veo el ojete de Sauron
Me ha subido el carajillo
O es Juan Carlos de Borbón.
Voy camino Moria
¿Tú hacia dónde vas?
Dicen que hay una tal Gloria
Que le gusta por detrás
Voy camino Moria
Me quiero desfogar
Me han dicho que en la Gran Vía
Se encuentra un lupanar
Te dejan bien limpio el sable
Y te dan de papear
Los garbanzos de Elrond me han sentao fenomenal
Los elfos si que saben destilar buen patxaran
Las hordas de orcos como van a disfrutar
Voy a gasearlos como a los Kurdos Saddam.
Dentro do mundo dos frikis informáticos hai dúas películas de culto indiscutibles, e non, Matrix non é ningunha das dúas. Falo de Juegos de Guerra e de Tron. Moitas películas se inspiraron nestas obras, pero o legado de Tron merecía unha secuela, que parecía ter quedado nun amago co videoxogo Tron 2.0 que saíu hai uns 5 anos con grande éxito de crítica (aínda que non tanto de público, posiblemente porque non contou con versión para PS2).
Co gallo da Comic-Con déronnos unha boa nova: haberá secuela cinematográfica, e chamarase TR2N. Polo momento só temos un cutre-teaser gravado coa cámara dun móbil, pero a cousa pinta ben:
Imos ter que agardar para ver a película (coido que sae en 2010) e supoño que dada a súa temática imos a escoitar falar moito dela.
Para os máis novos que non coñezan Tron non podo deixar de comentar que a serie ReBoot que botaban pola TVG me parecía unha copia da película de Jeff Bridges.
Na Comic-Con de San Diego veñen de publicar 6 novos posters da película de Watchmen que son toda unha homenaxe á serie de comics orixinal:
A min encántame o póster no que sae Ozymandías, polo mero feito de que replica o anuncio da serie cando a publicou Zinco en España hai unha porrada de anos.
Tamén hai que agradecer á xente do blogue brasileiro Omelete por publicar as imaxes, o que podería provocar toda unha avalancha de visitas, pois están a facer referencia aos posters en moitos blogs de todo o mundo.
Coido que este tipo de campañas publicitarias son moi positivas, pois meten aos seguidores á obra orixinal no peto, e logo a película vai ter máis posibilidades de agradar. Que así sexa.
Dende 233grados.com publicaron durante as últimas semanas unha colección de 10 ilustracións de Ramón que representan 10 razóns para ler un medio en liña, e agora as xuntaron nunha presentación:
A metade dos argumentos son moi chorras, pero está claro que os soportes dixitais teñen moitas vantaxes, aínda que o papel tampouco é manco. Non hai nada mellor que un xornal cando cae aceite na cociña Vaia, que Ramón podería animarse cunha colección de 10 razóns polas que o papel vai manterse a longo prazo (aínda que con distinta forza).
Hai unhas semanas descubrín unha web na que venden cousas feitas a man, Etsy.com, e quedei prendado das cucadas que fai a deseñadora francesa baixo o nome de usaurio KmilaRodz:
Que a réplica feita a man da Nintendo DS inclúa o lapis paréceme super-friki, aínda que coido que a xente tamén flipou moito coa versión do iPhone:
¿Alguén me pode dicir se este modelo ten 3G ou EDGE?
Estas cousiñas feitas a man poden estar moi ben como agasallo, pero a posibilidade de que sexan presentes cabróns tamén é moi alta (xa estou vendo a cara do fulano que conta co iPhone o día do seu cumpreanos e o sorprenden coa réplica de farrapo).