Superman ten un novo poder
O número 866 de Action Comics (o último en saír en EE.UU.), aparte de retomar ao personaxe de Brainiac cunhas pintas moi clásicas (de cando era metálico) tamén nos presenta nas súas páxinas unha nova invulnerabilidade de Superman:

Reproduzo o diálogo:
Cat Grant: O mesmo vello Clark, sempre doce. Incluso fronte a necidade. Canto tempo, ¿non?
Clark Kent: Abofé que si, Stra. Grant.
CG: E segues a levar esas lentes. Deberías pensar someterte ao Lasik. A cirurxía fixo marabillas en min.
CK: Non sabía que usabas lentes.
CG: Non o facía. (pausa) Es doutro planeta, Clark.
CK: Iso me dixeron.
Confirmado, os kriptonianos son invulnerables á silicona. Ou iso, ou adora os donuts de fresa, coma Homer J. Simpson.




6 comentarios realizados
1. Mnemonick escrito o 12 de Xuño de 2008 ás 13:49
Meu querido Marcus, sae por duplicado a noticia. É posible que lle deras duas veces o botón de “post”?
E falando de Superman… supoñer que é un home de casar, non andar con mulleres de sona “discrepante”. Jejeje…
2. Marcus escrito o 12 de Xuño de 2008 ás 14:07
O blog está a sufrir unha sabotaxe por mor dun fallo de seguridade do Wordpress. A ver se o podo arranxar pronto.
3. Brigantium escrito o 13 de Xuño de 2008 ás 9:44
O que é, é moi desordenado… que fan esa cadeira e ese outro donut no chan?
4. Marcus escrito o 13 de Xuño de 2008 ás 11:41
Brigantium, na páxina anterior Lombard (un xornalista) está sentado na cadeira sostendo a caixa de donuts e insinúase a Lois, polo que Clark emprega a visión calorífica e racha unha pata da cadeira, de aí que estean no chan tanto a cadeira coma os donuts.
Clark tamén pilla o donut rosa no aire, de xeito que non o recolle do chan (Supes ten que dar bo exemplo, e non ser porco).
5. Odemo escrito o 21 de Xullo de 2008 ás 15:53
Sim, superman tem um poder que eu nom tenho. Tardei mais segundos do recomendável em ler o texto, ante a “rotundidade” das imagens.
6. Anonymous escrito o 30 de Novembro de 2009 ás 17:34
Qué horterada de colorista, tanto color fucsia… X__X