Luns, 30 de Xuño de 2008

PLC contra a pedra

Hoxe en Voces de Galicia Isidoro Valerio sorprendeume preguntándome pola solución tecnolóxica que deberían utilizar nun pazo para montar unha rede Wi-Fi (polos problemas que dá a pedra coas coberturas) e comenteille que o máis axeitado sería distribuír varios router polos pazo, conectándoos ao ADSL (ou conexión de Internet que teñan) mediante PLC.
adaptadores PLCAs comunicacións a través das liñas eléctricas é moi complicado dar acceso á Rede (aínda que a súa principal problemática é que non é rendible explotar esta tecnoloxía cando o xDSL está tan espallado) pero para uso doméstico está moi ben, e deste xeito se pode empregar para establecer pontes que superen os atrancos que supoñen os grandes muros de pedra ou as vivendas de varios andares.
Así, se collemos o router ADSL (ou cable) e lle conectamos un adaptador PLC (normalmente saen máis baratos mercados a pares) e logo repartimos outros adaptadores polo edificio xa podemos levar a conexión a varios ordenadores, aínda que o máis práctico sería que en vez de pinchar directamente os adaptadores a ordenadores, se fixera a routers Wi-Fi, para que así non fose preciso andar con cables por ningunha parte. Ademais, se utilizamos o enxeño, podemos optimizar moito a instalación para que o número de routers necesario sexa moi pequeno (hai que colocalos en posicións estratéxicas).

Pero iso só foi un tema máis dos que falamos hoxe:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

E si, mola Coloring.com, o navegador GPS do Coche Fantástico vai en serio, para recibir información sobre as temperaturas por SMS hai que ir á web de Sanidade e o vicepresidente de E Ink que di que os xornais de papel electrónico chegarán ao mercado en 2009 debería cambiar de apelido se queren que o tomen en serio en España, pois aínda que sexa un chiste doado, eu non me fío dun fulano ao que chamen Sr. Kuwata.

6 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 30 de Xuño de 2008 ás 22:21

pra dar cobertura nun pazo? Pero en plan residencial ou hotel? Se o pazo é pra establecemento hoteleiro pois o cableado tampouco supon algo prohibitivo. Lembremos que xa hai que cablear as habitacións pra poñer liñas telefónicas. O cabo UTP está ben de prezo
Nos hoteis o que se fai tamén é dar cobertura via wifi. Hai antenas en varios sitios. Nos hoteis os pasillos teñen falso teito e por ahí pódese pasar calquera cabo e poñer antenas nos pasillos
Vamos que está superado ise “problema” vai tempo. Por exemplo nas grandes empresas como pode ser inditex en arteixo teñen máis de 50 mil liñas telefónicas. O que fai o persoal é conseguir un teléfono sen fíos (son gsm.) Cun teléfono dises e tendo como teñen antenas por todas partes pois xa non tes que estar no despacho só hay que desviar as chamadas do fixo ao teléfono

a gravatar

2. Andrés Milleiro escrito o 30 de Xuño de 2008 ás 23:27

Teóricamente é sinxelísimo pero acabas ata os mesmísimos do PLC, e dígocho eu que o teño na casa. Comeza a enchufar cousas na casa e notarás no ancho de banda un baixón no rendimento brutal, e perden a IP cada dous por tres….

a gravatar

3. Marcus escrito o 30 de Xuño de 2008 ás 23:53

Nemigo, non coñezo o caso en concreto, só din un consello rápido e económico, que supoño que é o que buscan os interesados.
Está claro que cablear é unha das mellores solucións, pero entendín que buscaban algo a pequena escala. Por exemplo, o truco do PLC é moi cómodo para chalets de dous andares e casos semellantes. Está claro que se o que buscan é unha grande instalación sería unha chapuza.

Andrés, os problemas do PLC son moi semellantes aos do Wi-Fi, en ambos casos dependes de elementos externos, e precisamente por iso o cable normalmente é a mellor opción. Eu sei de contornos nos que as interferencias Wi-Fi son todo un pesadelo (simplemente por haber moitas redes sen fíos á vez) e mesmo na miña casa podes perder a conexión Wi-Fi no salón cando os veciños de arriba prenden o microondas, polo que tampouco sorprende que o PLC vaia mal nalgúns casos. Supoño que todo depdenderá dos contornos en concreto, e do que queiras facer coa rede (para navegar pola web vale case calquera cousa, pero se queres tirar do P2P ao bestia o cable se fai case imprescindible).

a gravatar

4. Nemigo escrito o 1 de Xullo de 2008 ás 1:32

evidentemente. Non ten senso conectar ordenadores de sobremesa vía wifi. Non fagas como un que coñezo que anda movendo a mesa do pc dun lado pra outro da casa pra coller conexión. A conexión que lle pilla ao veciño

Se é pra conectar pc en oficinas ten que ser con cabo UTP tiradas de menos de 300 metros (1000 pes) Iso é o que miden as caixas de cabo. E tíranse km e km de cabo pero é o mellor actualmente. Así é como se fai en oficinas, centros comerciais, negocios, administración, etc

a gravatar

5. gaioso escrito o 1 de Xullo de 2008 ás 15:49

Hola Marcus, fai uns días vin na revista DealerWorld un dispositivo PLC que nun dos seus extremos tiña unha antena wifi, co cal podes levar a sinal inalámbrica a outro punto da casa a través da rede eléctrica, sen usar un só cable. Tentarei buscalo, pero atopei este que se asemella. hisatienda
Un saúdo.

a gravatar

6. Marcus escrito o 1 de Xullo de 2008 ás 18:45

dLAN Wireless ExtenderGaioso, eu lera dalgún dispositivo deses en blogs coma Xataka, pero non os cheguei a ver en tendas (mentres que os PLC normais se atopan sen problemas) pero tralo teu comentario mirei e curiosamente o mesmo fabricante do distipo que ilustra esta entrada no blogue, Devolo, ten un trebello coma o que dis, o dLAN Wireless Extender.
O seu prezo de duns 149,99 euros nun kit de emisor-receptor (este caso non serían iguais, pois os receptores terían Wi-Fi e os emisores só Ethernet), custando cada receptor adicional uns 100 euros (moi barato tampouco sae o conto).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios